6 razóns para licenciar baixo (A/L)GPL

O programador Zed Shaw comenta as 6 razóns para licenciar o seu traballo baixo (A/L)GPL e curiosamente ningunha de las refírese á liberdade de quen vai usalo. Zed leva “décadas desenvolvendo software, algúns con éxito” e meditou moito sobre ilo, sobre todo con aquelas persoas que propugnan licenzas de tipo BSD ou MIT. Velaquí están […]

Blueman, completo xestor Bluetooth

Blueman é un xestor Bluetooth feito en GTK+, licenza GPLv2,  deseñado para ser sinxelo e intuitivo nas tarefas habituais: Conexión poro 3G/EDGE/GPRS vía perfil DUN. Conéctase e crea redes bluetooth Conéctase a dispositivos de entrada Conéctase a dispositivos de audio enviando/recibindo/navegando ficheiros vía OBEX Blueman intégrase perfectamente co Network Manager 0.7 en GNOME, facendo doadas […]

MediaMosa, xestión de contidos multimedia (Drupal)

O sistema educativo holandés vén de liberar baixo licenza GPLv2 unha plataforma de xestión e distribución de vídeos nomeada MediaMosa. MediaMosa está baseado no sistema de xestión de contidos libre Drupal e ten unha arquitectura REST1. A plataforma é capaz de facer streaming de diversos formatos de vídeo e tamén fai conversións de arquivos grazas […]

Gnaughty, o baixa-porno libre

Repasando os meus RSS atopeime con esta aplicación, nomeadamente Gnaughty, “Fast and Easy Porn Downloader“. Ante todo hai que dicir que o proxecto é libre, con licenza GPL, aloxado en Sourceforge e retomado depois dun tempo estancado. O seu obxectivo é obter contido adulto explícito, como películas porno e imaxes, dende directorios de internet. Ademais […]

Cisco, de acusada a amiga

Unha empresa máis para o bote. Cisco foi descoberta e acusada formalmente a finais do pasado 2008 por incumprir o acordo de adhesión que supón calquera licenza, neste caso a GPL. Comprobando o que lle viña en riba, agora acadan un novo acordo de adhesión polo cal a multinacional propietaria de Linksys acepta crear a […]

Adopta unha liña de código!

Reinstalando aplicacións que tiña na miña antiga Ubuntu fun á procura de Miro, antes nomeada Democracy Player. Trátase dunha aplicación con licenza GPL para asistires á televisión por Internet, desenvolvida pola PCF (Participatory Culture Foundation), organización sen fins de lucro. Con Miro podes descargar automaticamente vídeos desde canles RSS, administralos e reproducilos. O que me […]

Hugin, creando fotos panorámicas navegables

Hugin é un programa de licenza GPL para a elaboración de fotos panorámicas e mosaicos, tamén válido para crear fotos panorámicas navegables grazas a Pano2VR (ou programas similares). Co desenvolvemento tecnolóxico e informático, a creación de fotos panorámicas e mosaicos é moito máis doada, sexa pola posibilidade de edición das fotos ou polo uso de […]

M$ demanda a Tom Tom que tamén viola a GPL

A recente demanda de Micro$oft contra Tom Tom, por presunta violación de varias patentes, puxo ao descuberto que varias compañías poderían estar a violar a GNU/GPL. Steven J. Vaughan-Nichols está a investigar estas posibles violacións da GNU/GPL, que estarían relacionadas con acordos secretos para o licenciamiento da patente de FAT de Microsoft. “Así que, mentres […]

Touch Book, con software e hardware libres

A conquista a prol dun hardware libre estase a afianzar. Olla as características do hardware (dispoñible en PDF baixo licenza GPL) do Touch Book: 9.4″ x 7″ x 1.4″ con teclado, peso aprox. 910 gramos ARM Texas Instruments OMAP3 chip 1024×600, pantalla de 8.9” 8GB micro S Wifi 802.11b/g/n e Bluetooth Aceleración 3D Altofalantes, micro […]

SwL para persoas con discapacidade (rato facial)

As persoas con discapacidade poderán manexar o computador cun rato facial grazas a un desenvolvemento feito con SwL multiplataforma. Así o comunica a Asociación Provincial de Parálise Cerebral (APPC) de Tarragona que puxo ao alcance de todas as persoas con discapacidade o proxecto Enable Viacam (eViacam), un rato facial para todos aqueles que teñan dificultades […]

Estudo sobre a validez xurídica da licenza GPL v3 na contorna normativa española

Elena Pérez Gómez (Sánchez-Crespo Abogados y Consultores) vén de rematar e deixar para a súa descarga o estudo sobre a validez xurídica da licenza GPL v3 na contorna normativa española dos dereitos de autor e outras licenzas Opensource. É unha nova versión que actualiza a feita en xuño de 2007. No ano 2006 xa publicaran […]

RetroMessenger, mensaxería aberta, segura e SEN servidor central

Queres que unha aplicación de mensaxería instantánea che ofreza os contactos en liña e que sexa libre con licenza GPL. A máis podes querer que sexa segura mantendo conversacións cifradas para que ningunha terceira parte poida enterarse das túas mensaxes. RetroMessenger é libre e cifra as túas mensaxes con claves PGP sen necesidade de instalacións […]