Música copyleft con certificación AENOR
Susana de Lorenzo vén de recomendar esta nova referida a MúsicaLibre.es que está publicada dixitalmente en El País.
Que pasa se alguén colle unha canción doutro e a difunde como propia? É un risco ao que se enfrontan por igual os autores que usan copyrights restritivos e os libres, aínda que o perigo é maior nos últimos. Para evitalo, o sitio Musicalibre blindadou cun certificado de AENOR as licenzas copyleft que ofrece aos músicos. Son os primeiros que fan algo así no mundo.
Musicalibre é un repositorio de cancións copyleft que naceu en 2004, da man dos madrileños Alejandro Corletti e Alejandro Jareño, de 48 e 32 anos, ambos informáticos expertos en seguridade. «Coñecémonos traballando nun proxecto en Telefónica Móbiles e resultou que aos dous gustábannos Linux e a música, ademais de ser bastante rebeldes contra as estruturas de poder. Ocorréusenos levar a filosofía de Linux á música«, explica Corletti.
A principal función de Musicalibre é axudar ao contacto dos autores copyleft co público. «A única condición é que, ao subir un tema, acepten que se difunda gratuitamente para uso non comercial«, afirma Corletti. Ademais, poden rexistrar as súas cancións baixo unha Licenza de Música Libre (LML). Son licenzas como as GPL ou as Creative Commons, adaptadas ao mundo da industria musical.
Podes ler máis sobre as licenzas LML na súa sección de preguntas frecuentes. Chama a atención como se fai o rexistro:
O rexistro da licenza faise de forma automática: o autor escribe os seus datos, os da canción e un dato confidencial, como o número do DNI ou algo vinculado a el. Este dato sométese a unha operación criptográfica reversible que o converte nunha ristra de números e letras chamada hash. Segundo Corletti, «calquera perito informático poderá avalar nun xuízo que só quen coñeza o segredo que está detrás do hash é quen colocou o tema«.
O proceso segue facéndose aínda máis seguro posto que o hash envíase ao Laboratorio Criptográfico da Universidade Politécnica de Madrí, quen imprime un selado de tempo, garantindo o día e hora en que se licenciou a canción. Este selado embébese nun arquivo final que contén todos os datos xerados e faise outro hash do conxunto. Finalmente, e previa autorización do autor, publícase na web, asociado á canción.
Un aval seguro.
En: AGNIX, Cultura Libre por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
VideoLan VideoConference (
Durante a miña pasada intervención na
Merquei un disco duro multimedia
Deixo unha transcrición parcial moi elocuente dun traballo feito por Víctor Salgado (avogado-socio de
iCub
Entón, que quere dicir isto? É que o SwL NON ten propietarios? Ah, si teñen propietarios, houbo alguén que o fixo e o segue a facer. Se é así, daquela son os dous Propietarios? Os dous recoñecen o Dereito de Autor. Que hai de errado nisto? Realmente o único errado é xustamente o sentido que lle pretende dar o seu uso habitual pola sociedade.
Se un olla na entrada da Wikipedia o termo «Dereito de Autor» (está
Ollo señorías TIC que aínda non comprededes o que é SwL en toda a súa extensión, tede moito coidado con violar o Dereito de Autor das licenzas libres. Non vaia ser que vos denunciemos en 
