Hacklaviva, no Porto

Souben por sweena que en Olholivre anuncian un Hacklab para este venres 20 de febreiro 2009 no Porto (Portugal).

Quando:        sexta-feira, 20 de Fevereiro de 2009 (desde 18hs até às tantas)
Onde:          Casa Viva! Praça Marquês de Pombal, 167 – 4000 Porto :: Portugal (junto à igreja do Terço)
Mapa:          http://tinyurl.com/hackladonde
Metro:         estação do Marquês

_             __      __               __   __
_   __(_)   ______ _/ /___ _/ /_  ____ ______/ /__/ /
| | / / / | / / __ `/ / __ `/ __ \/ __ `/ ___/ //_/ /
| |/ / /| |/ / /_/ / / /_/ / / / / /_/ / /__/ ,< /_/
|___/_/ |___/\__,_/_/\__,_/_/ /_/\__,_/\___/_/|_(_)

* Sempre DIY! Nunca RTFM! *

É já esta sexta-feira: ali na zona do Marquês nasce um hacklab!

(…)

O Hacklaviva é  um espaço aberto que dá as boas-vindas a quem tenha a curiosidade suficientemente aberta para nos querer vir bater à porta. Falamos de wikis, python, gráficos livres, drupal, wordpress, streaming,
formatos abertos, sistemas operativos, copyleft, peer2peer, áudio livre, pure data, arduino, dyne:bolic, creative commons; e para quem achar estes termos alienígenas, estamos por cá para mostrar que não há nada a temer em procurar formas novas de fazer coisas novas.

Por entre biscoitos open-source, café e chá livres, deathmatches ASCII multiplayer, projecções e playlists de sons criativos e comuns, e conspirações à volta de can-tennas e motherboards, dia 20 a Casa Viva abre as suas portas aos espíritos hacker old e nu-skool, low e high tech, experts e newbies, gurus, gnus e curios@s.

E mesmo sendo recente, o Hacklaviva já tem, para mostra pública, a sua primeira peça de museu: um Apple LC III, o primeiro Macintosh a cores, vivo, operacional e acessível a quem queira matar saudades dos ícones a preto e branco e dos velhinhos screensavers das torradeiras voadoras.

A filosofia é sempre DIY (do-it-yourself), sem medo dos resultados e sem paternalismos nerd — nunca diremos RTFM! (read the fucking manual).

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Conhecimento hacker

Assim, em português do Brasil, deixo em título um resumo de duas frases com as que assina Marco Lima, amigo com quem compartilhei boms tempos no Porriño (2006) e Lisboa (2007).

Eis as frases:

«Ter acesso ao conhecimento é um dever de todos; transmitir conhecimento é um dever de quem tem.«

«Na visão do hacker, o sentido da vida está em dedicar-se a uma paixão. Esta paixão é, na realidade, uma atividade significativa, inspiradora e prazerosa para o indivíduo, seja ela rotulada como «trabalho» ou como «diversão».«

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Gala dos Oxcars

Este ano, na Sala Apolo-Barna, 28 de outubro ás 20,30 h terá lugar a gala dos Oxcars, artellado polo colectivo de activistas pola cultura libre ExGAE.

Durante sete horas haberá actuacións, premios,… na que creación en código aberto e a cultura compartida serán as principais protagonistas. Xogando coa posta en escea dos grandes eventos do mercado do arte e a cultura, este acto plantéxase coma unha deconstrucción deste xeito de creación excluinte, pobre ou nulo nos contidos e absolutamente elitista, onde unha minoría produce e a maioría consume de xeito pasivo. É un xeito tamén de dar a coñecer, e polo tanto promocionar a todas aquelas persoas e colectivos que están a desenvolver a sua creatividade de xeito aberto e cooperativo, na procura de que cada vez máis persoas e espazos abandonen o consumo privativo de produción cultural e aposten pola cultura livre.

Máis en Olho Livre.

Chuzame! A Facebook A Twitter

CEH (Certified Ethical Hacker)

Agora sei dunha iniciativa semellante á do título universitario en Hacking Ético grazas a esta fonte. É o CEH (Certified Ethical Hacker) ou Certificado de Hacker Ético.

Certified Ethical Hacker é unha certificación ofrecida pola EC-Council (International Council of Electronic Commerce Consultants) cuxo obxectivo é garantir que quen posúa esta certificación sabe pensar como un cracker para defenderse contra eles. Tes máis información nestas FAQ.

O requisito da certificación CEH é ter polo menos 2 anos de experiencia comprobada en seguranza da información. Por exemplo, o autor do artigo orixinal, Ulisses Castro, pediulle ao seu xefe para que lle asinara unha declaración. Logo encheu un formulario e enviouno todo para que lle devolveran por correo-e un código necesario para completar outro formulario do sitio web Pearson VUE onde marcou a proba. E así en adiante, moi ben explicado por Ulisses.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Título universitario en Hacking Ético

Leo nesta entrada que a escocesa University of Albertay Dundee está ofrecendo un título universitario en Hacking Ético. Preténdese segundo a propia Universidade de Albertay:

  • Garantir habilidades fundamentais que permitirán ocupar posicións nunha variedade de empresas onde a seguranza das redes é o punto máis importante
  • Os graduandos estarán atualizados cos novos desenvolvementos en seguranza de redes
  • Seguir unha cultura empresarial baseada en proxectos

Unha descrción do curso feita pola propia universidade:

Como invaden computadores os hackers? Poden invadir computadores? É fácil entrar nunha rede corporativa e roubar os seus segredos? Durante este curso coñecerá as últimas ferramentas e técnicas para entrar en sistemas. Mostraremos como invadir servidores web, roubar información e como controlar remotamente o computador doutra persoa.

Entón este curso irá ensinar técnicas hacker? Existe unha expresión: «É necesario un ladrón para coller un ladrón«.

O obxectivo básico deste curso é dar ao alumno o coñecemento de como poden ser feitos ataques ilegais a computadores e como poden ser impedidos. Da mesma forma que detectives de policía precisan saber como os bandidos rouban, administradores de sistemas computacionais precisan saber o que os hackers poden facer. Eles tamén precisan saber como examinar a seguranza de seu sistema e como rastrear calquera brecha de seguranza cando elas ocorren. Só así actividades ilegais poden ser realmente impedidas.

Terramel, o autor da fonte, sinala a respecto das múltiples contorversias que esta graduación implica: «A primeira parte é o nome: Hackers Éticos? Mais todos os hackers son éticos. Quen fan as cagadas son os crackers«.

Varias veces saiu tamén este tema neste blog. Para quen non o teña moi claro aínda, recomendo ler:

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Epitafio hacker

geektombstone-epitaph-connection-reset-by-peer.jpg

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cárcere por Hacking/Cracking

A consecuencia máis coñecida das recentes modificacións do Código Penal é a referida a conducir bébedo, drogado, sen carnet ou poñendo en risco ás demais persoas condutoras pois desde a súa entrada en vixencia isto implica condenas de cárcere.

Do que non tiña coñecemento é que entre esas modificacións inclúese esta do epígrafe 3 do artigo 197 da Lei Orgánica 10/1995 do Código Penal:

3. O que por calquera medio ou procedemento e vulnerando as medidas de seguridade establecidas para impedilo, accedese sen autorización a datos ou programas informáticos contidos nun sistema informático ou en parte do mesmo, será castigado con pena de prisión de seis meses a dous anos.

É dcir, antes da modificación penábase a substracción, eliminación ou alteración de datos e agora abonda co acceso non autorizado que vulnere as medidas de seguridade.

Daquela ten coidado coas túas prácticas de Redes posto que moitas delas poden ser obxecto de penas de cárcere e máxime tendo en conta que podes seres xulgado por persoas que non coñecen a diferencia entre hackers e crackers.

asennadas

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Rede Social de Hackers

House of Hackers é unha rede social para que os hackers teñan un punto de encontro, formen grupos e debatan asuntos de seguridade.

De acordo co blog gnucitizen.org, a rede é exclusiva e apoiará a cultura e o modo de vida hacker, coas súas ideoloxías e visións políticas, adicándose principalmente á formación de opinión na esfera de seguridade.

Ademais de crear grupos, os especialistas da House of Hackers terán oportunidade de prestar servizo ás empresas, que poderán recrutar probadores de seguridade ou analistas directamente pola rede social.

Através de taxas aceptadas pola inserción de novas vacantes, os responsables da rede social patrocinarán programas de investigación que deben ser iniciados en breve, aínda que o programa estea nas súas fases iniciais de desenvolvemento.

A web Heise Security cre que esta iniciativa pode ser vista con malos ollos polas autoridades ao temeren que o doado acceso á informacións poida ser usado para o mal, promovendo invasións, por exemplo.

Vindo de onde vén, tal crítica significaría que esta rede xa non sería de hackers senón de crackers, o cal ben saben que non é o mesmo.

Fonte.

asennadas

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Propietario ou Privativo?

Un dos erros máis estendidos á hora de diferenciar o Sw entre Libre (aínda que xuntemos eiquí ao de Código Aberto non 100% libre) e os demais é nomear a estes últimos como Sw Propietario.

Entón, que quere dicir isto? É que o SwL NON ten propietarios? Ah, si teñen propietarios, houbo alguén que o fixo e o segue a facer. Se é así, daquela son os dous Propietarios? Os dous recoñecen o Dereito de Autor. Que hai de errado nisto? Realmente o único errado é xustamente o sentido que lle pretende dar o seu uso habitual pola sociedade.

Se un olla na entrada da Wikipedia o termo «Dereito de Autor» (está en castelán) compróbase que restrinxe o Dereito de Autor ao ámbito do coñecido Copyright, tanto así que a propia ligazón inclúe ese termo. Porén ao final da entrada dase unha ligazón a algo máis adecuado cuxo título é «Right o Left?» de Rebelion.org.

Segundo sinala Víctor Salgado (Pintos & Salgado), con quen compartín uns minutos onte, «a licenza libre GPL é a auténtica esencia do Dereito de Autor» posto que amosa ás claras a potestade que ten o propietario da obra, neste caso Sw, de elixir o que si ou non se pode facer con ela.

Adoro o nome Privativo acuñado (ou alomenos divulgado) por Richard. M. Stallman! É, baixo o meu punto de vista e con algunha obxección, o máis adecuado para aclarar o que hai detrás dos distintos Sw amparados polo Dereito de Autor: uns privan de dereitos e outros outorgan dereitos. Daquela un é Privativo e outro é Libre, mais os dous son Propietarios. Velaquí a diferencia!

Esforcémonos en chamar ás cousas polo seu nome correcto, o mesmo que xa facemos con hacker e cracker, expliquémolo á xente. É tan importante isto que gran parte desa mesma sociedade cre que o libre NON ten propiedade e, por tanto, pode facer con el o que queira!

Ollo señorías TIC que aínda non comprededes o que é SwL en toda a súa extensión, tede moito coidado con violar o Dereito de Autor das licenzas libres. Non vaia ser que vos denunciemos en GPL-Violations ou poñades en perigo o voso negocio enteiro, como pode acontecer no caso McAfee, por empregar códigos abertos e libres no seu Sw comercial.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hackerteen, educando á mocidade brasileira

Xa se publicara un artigo en AGNIX cando se soubo desta iniciativa. Agora, catro anos despois, é bo darlle unha visual para saber como está evolucionando:

Hackerteen é um projeto educacional que capacita adolescentes para trabalhar com segurança de computadores. Com uma metodologia inovadora e divertida, prepara os jovens para proteger empresas – e não invadí-las – diminuindo também o tempo que gastam com Orkut, MSN e jogos.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Era da cultura hacker

Deixo traducido un artigo de Hernani Dimantas e Dalton Martins tiulado «A Nova Era da Livre Circulação da Informação, Cultura e Conhecimento – A cultura hacker» referido especificamente á contorna de países do hemisferio sur, os países con pobreza.

Confundidos a propósito polo pensamento conservador como invasores de rede, os hackers somos todos os que actuamos para que informacións, cultura e coñecemento circulen libremente. E esta ética de cooperación, post-capitalista, vaise transvasando do Software Libre para toda a sociedade.

Os hackers xurdiron no ambiente universitario. A cultura hacker ten orixes no MIT (Instituto de Tecnoloxía de Massachussets) e noutros laboratorios norteamericanos, como o PARC da Xerox. O movemento hacker coloca o ser humano no centro do universo e pasa a desenvolver toda unha nova relación para satisfacer esta nova variable. Estas son as persoas do software de código libre, estes son os seres humanos de Linux.

Coas contas saldadas é fácil, moi fácil, romper coas estruturas impostas polo capitalismo. Richard Stallman, o gurú da Free Software Foundation, podía priorizar o desenvolvemento dun driver para unha impressora e crebar os modelos da industria de software. No Brasil el morrería de fame.

As orixinalidades das conversacións que acontecen no baixo hemisferio deben ser analizadas por outro viés. Ser hacker é unha forma de supervivencia. Esa análise despégase da cibercultura e entra nas relacións que acontecen na sociedade brasileira. A colaboración é unha estratexia de supervivencia nas periferias. Non vou alargarme nas perversidades das clases dominantes; voume centrar na forma como os brasileiros descobren un atallo para o futuro.

Internet é a opera prima hacker . Este movemento non vai quedar restrinxido á área tecnolóxica. Ser hacker depende do coñecemento inherente da computación. Ten máis sentido pensar no artífice. Na creatividade do ser humano catalizada pola dixitalización da rede.

É lóxico o debate na sociedade virtual que está osmoticamente invadindo a sociedade establecida. Algúns principios do ser humano están sendo transformados. O novo bo-senso acepta a revolución dixital como propulsora dunha nova orde. Acepta a anarquía como unha forma viable de balance entre os poderes. Acepta que o coñecemento debe ser libre e o dereito das persoas comúns a compartir ese coñecemento. Empresas e gobernos fanse moito máis fráxiles fronte a esa realidade. Construíron un verdadeiro muro de Berlín, que divide a sociedade en castas de opresores e oprimidos, de poderosos e débiles, de produtores e consumidores, do ben e mal. Non creo nunha sociedade tan maniqueísta. A multitude hiperconectada racha á ética protestante que axudou á evolución da sociedade industrial. Na Era do Coñecemento, eses valores deben ser substituídos por outra ética. A proposta da sociedade da información é a ética hacker que está sendo adoptada polo movemento do Software Libre.

Para entender esta ruptura dos paradigmas temos que pensar e participar. Un novo sistema está nacendo. Esqueza o vello mando e control. Está xurdindo unha conciencia inequívoca de que a construción de abaixo cara arriba ten moito para ofrecer para o desenvolvemento do proceso colectivo. Unha sociedade que sobrevive e vólvese a crear na súa propia diversidade.

Crear para a sociedade. Facer acontecer independente do retorno financeiro a curto prazo. Calquera persoa cun computador conectado pode participar voluntariamente en proxectos importantes. Todo cambia. Os nenos aprenden a colaborar, a desenvolver proxectos online e a reflictir os seus soños no ambiente web. O mundo virtual non é diferente do noso bo e querido mundo real. Internet está ensinando os usuarios a se inter-relacionasen neste espazo virtual. Non existe secreto, só boa gana e obstinación. Crear para a sociedade. Facer acontecer independentemente do retorno financeiro a curto prazo. É esta a gran novidade. A metodologia de traballo é simple e virtual. Calquera persoa cun computador conectado na rede e cun pouco de coñecemento ten a posibilidade de participar voluntariamente dalgúns proxectos importantes. Sen dúbida é a mellor opción.

Por detrás deste discurso hacker existe unha filosofía. O coñecemento debe ser libre. É dicir moi diferente da ética protestante, para quen o diñeiro ennobrece ao ser humano. De acordo coa xerga hackera orixinal ética hacker significa a crenza que compartir a información é un ben un poderoso e positivo.» Na práctica iso significa un deber ético de traballar baixo un sistema aberto de desenvolvemento, no cal o hacker ofrece a súa creación para que outros usen, proben e continúen o desenvolvemento.

Colaboración é a palabra do século 21. Linus Torvalds causou un alboroto enorme ao liberar o código nunha lista de debates. «Release early and release often» ou «Libere axiña [os resultados do traballo] e libere a miúdo» supuxo un redeseño do modelo de produción. Colaboración como capital social. Colaboración para facer calquera cousa que o desexo provoque. Colaboración como condición de supervivencia.

E con estas prerrogativas outra lóxica emerxe das entrañas da rede. Pois a visión tradicional non concorda cos anhelos da rede e das persoas. Estamos buscando o diferencial. A posibilidade de intercambiar informacións, de opinar, de desenvolver os nosos proxectos con liberdade. Utilizar a voz.

Benvido á Era do Coñecemento Libre.

O artigo orixinal.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp