Se o Open Source gañou, daquela cara onde imos?

Mateus Aslett comenta unhas cantas declaracións que se fixeron nas últimas semanas.

"O Código Aberto (Open Source) gañou. Atópase código aberto en todo tipo de software, código aberto ou propietario (dígase mellor 'privativo')", sentenciou Matt Asay recentemente nun artigo de CNet, provocando un debate con Savio Rodrigues que a súa vez admite neste artigo de InfoWorld que "nolos dous gañamos" ("nós" refírese á industria global de software, Open Source ou provedores privativos).

Ou, como sinala The Economist: "O argumento gañou. Agora acéptase de xeito xeral que o futuro vai involucrar unha mestura de ambos, privativo e software de fonte aberta".

Unha vitoria ou o derradeiro fracaso? Esta é a pregunta que está no cerne das recentes tensións entre os que buscan defender a pureza do modelo libre e do código aberto, e aqueles felices de comprobar que o código aberto está a ser asimilado dentro da corrente principal. Esta tensión estivo candente durante algún tempo.

A propia Hasefroch fixo referencia explícita sobre o código aberto "a guerra entre a privatio e código aberto xa pasou. Porén non está totalmente claro quen gañou".

Mateus Aslett engade no seu artigo que "Gañar non é o importante, é o que fagas cando gañas o que realmente importa".

Agora que o código aberto é aceptado por toda a industria, cara onde vai o código aberto a partir daquí? Que outros beneficios pode entregar o código aberto á industria máis aló de meramente "vencer". Este é o enfoque que Teoría do CAOS terá que prestar atención, cre Mateus.

Siareiros do Código Aberto sempre están prestos a citar a Mohandas Gandhi: "Primeiro eles te ignoran, despois rinse de ti, logo loitan e entón gañas".

Por certo, o artigo de Matt Asay inclúe unha imaxe titulada os "5 fases na adopción do Código Aberto", algo semellante ao que comentei nun artigo que fixera nunha ocasión titulado "SwL, dede a indeferenza ao talibanismo". No caso de Matt refírese ao eido empresarial e o meu ao persoal.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Extinguirase Window$ coa entrada do Cloud Computing?

Para Stallman o Cloud Computing é estupidez e para outros o noso futuro inmediato. Cloud computing (computación en nube) segundo a Wikipedia é "un modelo de computación no que os datos, ficheiros e aplicacións residen en servidores físicos ou virtuais, accesíbeis por medio dunha rede en calquera dispositivo compatíbel. Basicamente, consiste en compartir ferramentas computacionais pola intercomunicación dos sistemas, semellantes as nubes no ceo, ao contrario de ter esas ferramentas localmente (mesmo nos servidores internos)".

Stefan Neagu é o responsable de Tux Geek e o autor dun atrevido artigo titulado "MinWin And Small Linux OS’s Will Replace Windows In 5 Years" ou "MinWin e Small Linux OS's ha substituír Windows en 5 anos". Traduzo libremente partes del:

A morte de Window$, moi probablemente non proveña do avance de Linux no escritorio senón a partir de sistemas operativos en nube.

Revisando todos os tipos de iniciativas emerxentes (start-ups) da Web 2.0 e, máis recentemente, o Cloud Copmputing, Stefan cre que Micro$oft está moi asustada con ilo. Micro$oft ten medo á perda de cota de mercado: Outlook está perdendo clientes polos servizos de correo web como Gmail ou Yahoo!Maill, Word e Excel perder clientes para Zoho e Google Docs. A tendencia é máis ca óbvia.

O que é menos óbvio para os usuarios finais neste momento é a existencia de sistemas operativos en nube, como o EyeOS (SwL de licenza AGPLv3).  EyeOS ofrece funcionalidade suficiente para manter un ambiente de traballo, con aplicacións de produtividade, integrando compatibilidade con documentos de M$-Office e fácil importación/exportación de arquivos.

A aparición do Cloud Computing provocou a creación de MinWin (...) como a resposta de Micro$oft para loitar na contra de pequenos Linux como DamnSmallLinux.

O diagrama lateral pode amosar mellor o funcionamento dun pequeno netbook. Unha vez conectado a EyeOS, toda a maxia acontece do lado do servidor: verificación e-mail, ollar unha película ou engadir unha cita, todos os procesos teñen lugar no servidor. A única esixencia deste modelo é unha conexión á Internet, e hoxe as temos até inarámicas: 3G sen fíos, 802.11n e logo WiMax.

A xente quere portabilidade. Transferibilidade dos formatos de documentos, datos, música, imaxes... e, é isso que é incrible, o poder dunha máquina servidora en algo tan pequeno coma un netbook.

asennadas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sidekick da M$ vén con NetBSD

A multinacional de Redmond, coñecida por estes lares como Hasecorp, adquiriu a empresa Danger, responsable do desenvolvemento do Sidekick, un smartphone moi polpular en EE.UU. que vén equipado co sistema operativo aberto NetBSD. Axiña sairá un novo modelo, o Sidekick LX 2009 / Blade, e agardábase que, trala compra da empresa por Hasecorp, o dispositivo viñese equipado co Hasefroch® CE/ Hasefroch® Mobile. Velaquí o engano: o aparello semella que continuará co NetBSD, alomenos de momento.

Hai indicios inequívocos que apuntan cara a continuidade do uso do NetBSD como o sistema operativo do trebello. Entre eles, alguén sinala a demanda de emprego que fai a M$ dun especialista en NetBSD.

A fonte deste nova sinala que alén de ser curioso o feito de que o Sidekick 2009 LX use un procesador con arquitetura ARM, o mesmo que Micro$oft emprega no Zune, o lector de MP3 da empresa, acontece que M$ decide usar código aberto con licenza BSD.  É dicir, unha estratexia moi semellante á de Google co seu Android (licenza Apache v.2.0, incompatible coa GPLv2), á da Apple, co iPhone, baseado en tecnoloxía FreeBSD/Darwin ou á de Nokia no seu proceso de apertura do código de Symbian.

A pervesión que supoñen as licenzas non-copyleft como as BSD ou Apache están presentes en case que todas estas iniciativas. Deste xeito as contribucións da comunidade poden ser legalmente voltas na súa contra ao teren a posibilidade de pecharse ata convertirse en sw privativo.

asennadas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Lino e Wino

É unha tira cómica que atopei no Tux Vermelho sinalando como fonte Nóis da Tira.com. Velaquí un exemplo baixo o título

"Em Windows é sempre bem mais fácil...":

Clica na imaxe para aumentala

asennadas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ten Window$ portas traseiras?

Varias vías semellan confirmar que os produtos da multinacional de Redmon SI teñen portas traseiras (backdoors).

Vexamos uns exemplos. A Wikipedia ten unha entrada baixo o epígrafe NSAKEY, referente á variable _NSAKEY atopada en 1999 no Windows NT 4 SP 5. Nesa entrada chama a atención o resultado dun traballo de enxeñaría inversa tanto da clave primaria como da _NSAKEY despois chamada _KEY2. A pesares do troco de nome emailos desmentidos oficiais da multinacional, o resultado segue apuntando á NSA (National Security Agency dos EE.UU.), observa con coidado a diferenza dos correo-e, os dous baixo o nome 'portmaster' pero un con dominio microsoft.com e outro co dominio nsa.gov. Sobre estes preocupantes feitos afonda a BBC neste esclarecedor artigo e aínda máis contundente a alemá Heise.

En novembro de 2007 o prestixioso especialista en seguridade, Bruce Schneier, cuestiona a posibilidade de que a mesma NSA teña unha porta traseira secreta nun novo estándar de cifrado. En decembro dese mesmo ano Scheiner sinala que o xenerador de números aleatorios Dual_EC-DRBG foi engadido ao Windows Vista como parte do SP 1. Di que non está activado por defecto ao tempo que aconsella non activalo xamais polas razóns descritas no seu artigo de novembro.

Independentemente do teu grao de confianza en Micor$oft, o que semella evidente é a morea de riscos que calquera software pechado supón para a privacidade de quen o emprega.

ENGADIDO

Concordo totalmente con quen sinala en AGNIX que o CNI non ten capacidade real de auditar un sistema operativo. Só engadir uns dos 140 comentarios de /., principalmente este:

"...En cuanto al tema de la consulta del código fuente: Si no te permiten compilarlo tú mismo, y hacer un md5sum (o un diff, ya que estamos) entre el que tú has compilado y el que te han vendido,
¿cómo puedes estar seguro de que te están enseñando lo mismo?
"

e este:

"...supongo que la NSA tendrá el mismo privilegio: ¿os imaginais la de agujeros de seguridad que habrán estado usando?"

Os exemplos das backdoors que sinalan a Wkipedia ou Scheiner coinciden ademais en que son portas abertas nunhas poucas liñas de código. De seguro que caberían nunha porcentaxe ridícula do que supoñen o total de liñas de código, até menos dun 1%.

asennadas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Young Frankenstein ou Steve Ballmer?

Atopado en MuyComputer.

asennadas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Bolsa de Londres sen servizos informáticos por culpa de M$?

Segundo unha noticia da axencia Reuters, as negociacións de valores na Bolsa de Londres tiveran que ser paralizadas durante sete horas o último luns no transcurso de problemas en computadores.

A causa exacta do problema aínda é descoñecida e probablemente xamais será publicada. O incidente podería ser particularmente incómodo para a Microsoft, que, ao final de 2006, lanzou unha enorme campaña afirmando que a London Stock Exchange (LSE) optara polo Windows en vez do Linux por cuestións de confiabilidade. Obviamente é unha opinión non compartida pola NYSE, a Bolsa de Valores de Nova York, que levan usando Linux e AIX sen paradas.

Esa non é a primeira vez que o sistema Infolect -baseado en .NET, MS-SQL e Windows Server- que usa esa bolsa presenta fallos. Xa en setembro de 2007, a Bolsa de Londres viuse afectada por problemas de conectividade cando tres gateways Infolect non soportaran a demanda.

Fonte.

Outro fallo coñecido nesa mesma bolsa en menos de dous anos foi este do 7 de novembro de 2007. Neses intres xa tiñan pasado por unha custosa actualización tras menos dun ano en funcionamento.

Estes paróns supoñen enormes perdas económicas e suspensións de acordos empresariais. Abonda ler os comentarios das persoas afectadas.

asennadas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Killer Tux

Cun final inesperado para Tux:

A fonte liga cara a zona onde podes descargar este video e fondos de pantalla.

asennadas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fork para que o OLPC siga con SwL

Entérome en BR-Linux dunha nova de IDG Now! sinalando que no mesmo dia no que o proxecto OLPC (One Laptop per Child) confirmaba o acordo con Hasecorp para que o portátil para cada neno levera un sistema operativo privativo Window$ XO, Walter Bender, o antigo presidente dese mesmo proxecto, tamén anuncia o Sugar Labs. Trátase dunha organización que promove o desenvolvemento da interface de uso orixinalmente creada para o proxecto OLPC.

Así, a Sugar Labs Foundation pretende crear distribucións do Sugar para diversos hardwares e plataformas de código aberto alén do XO (ou computadora portátil de 100 dólares).

"Por ser independente de calquera plataforma específica de hardware e por permanecer adicada aos principios do Software Libre, Sugar Labs garantiza que outros poderán desenvolver diversas interfaces e aplicacións escollidas por gobernos e escolas. (...) É difícil imaxinar que a integración no Windows sexa feita sen a cooperación ou participación dos desenvolvedores Sugar".

"Nestes intres, polo menos, a OLPC continua a financiar o desenvolvemento para anticipar unha asociación produtiva, independente do feito da OLPC ofrecer versión do XO con Windows XP".

Bender saiu da OLPC no último mes namentres a fundación comezaba a integrar o Window$ XP no XO.

O fundador orixinal do proxecto OLPC, Nicholas Negroponte cuestionou o desenvolvemento do Sugar, pois considera que sería ideal que a comunidade de desenvolvemento se unise e axudase a integrar o Sugar ao Window$ para tornar o XO máis interesante a usuários.

Acontece que os desenvolvedores da comunidade consideran ofensivos os comentarios de Negroponte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Campaña anti-droga en Bahía (M$)

Nos pasados dias Jaques Wagner, gobernador do Estado de Bahía, nordeste brasileiro, asinou un protocolo oficial de intencións con Hasefroch polo cal esta multinacional capacitará a 4.500 estudantes a baixo custe dentro do programa "Aluno Monitor Microsoft", na contorna “English for all” de aprendizaxe do idioma inglés dotando de infraestrutura privativa aos telecentros dese estado.

A sociedade, coordinada a través do Projeto Software Livre - Bahía, leva adiante a campaña "Por uma Bahia Tecnologicamente Livre e Desenvolvida!" que, entre outras medidas, inclúe este cartaz titulado "Wagner, diga não às drogas!":

bahia_m_pamnmpt_reducida.png

Fonte.

asennadas

 

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

GALPon e Microsoft, unidos por unha mesma causa

GALPon e Microsoft unidos polo mesmo fin pero non empregando os mesmos medios. Dispor de software de calidade en galego é un dos obxetivos que promove a asociación galega nas súas actividades, namentres que a multinacional norteamericana, multada en varias ocasións pola Unión Europea, anuncia as súas últimas versións do sistema operativo e suite ofimática traducidas ao galego.

GALPon defende e promove o emprego de Software Libre coma o sistema operativo GNU/Linux e a suite ofimática OpenOffice.org que levan no mercado máis de 5 anos traducidos ao galego...

Segundo as palabras da presidenta de Microsoft Ibérica que subliñou sobor os seus produtos que "este software permite extender el uso del gallego a través de las TIC y forma parte de la intención de la empresa de «adaptar» sus productos a todos los idiomas, algo que espera que sus competidores imiten porque «significará que ellos también aceptan el gallego como lengua cooficial", pódese extraer que non considera ao sistema operativo de GNU/Linux coma competidor xa que xa estaba traducido antes que calquera dos sistemas operativos da multinacional.

Na foto amosada aparecen Carlos Rodríguez, o xerente de TEGNIX e actual presidente de GALPon, xunto a Rosa María García, presidenta de Microsoft Ibérica, ambos felices e "contentos"... Ademáis, no álbum de imaxes, pódese ver a Pedro Silva de AGNIX e Miguel Bouzada de GALPon no acto.

Vía Carlos, publicado en GALPon.

 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

OOXML da M$ acadará o estándar ISO!

Segundo varios observadores, di esta fonte, o formato OOXML proposto pola M$ está a piques de acadar o estándar ISO...

Sen comentarios (de momento).

asennadas 

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google