Se o Open Source gañou, daquela cara onde imos?

Mateus Aslett comenta unhas cantas declaracións que se fixeron nas últimas semanas. “O Código Aberto (Open Source) gañou. Atópase código aberto en todo tipo de software, código aberto ou propietario (dígase mellor ‘privativo‘)”, sentenciou Matt Asay recentemente nun artigo de CNet, provocando un debate con Savio Rodrigues que a súa vez admite neste artigo de […]

Extinguirase Window$ coa entrada do Cloud Computing?

Para Stallman o Cloud Computing é estupidez e para outros o noso futuro inmediato. Cloud computing (computación en nube) segundo a Wikipedia é “un modelo de computación no que os datos, ficheiros e aplicacións residen en servidores físicos ou virtuais, accesíbeis por medio dunha rede en calquera dispositivo compatíbel. Basicamente, consiste en compartir ferramentas computacionais […]

Sidekick da M$ vén con NetBSD

A multinacional de Redmond, coñecida por estes lares como Hasecorp, adquiriu a empresa Danger, responsable do desenvolvemento do Sidekick, un smartphone moi polpular en EE.UU. que vén equipado co sistema operativo aberto NetBSD. Axiña sairá un novo modelo, o Sidekick LX 2009 / Blade, e agardábase que, trala compra da empresa por Hasecorp, o dispositivo […]

Lino e Wino

É unha tira cómica que atopei no Tux Vermelho sinalando como fonte Nóis da Tira.com. Velaquí un exemplo baixo o título “Em Windows é sempre bem mais fácil…“: Clica na imaxe para aumentala asennadas

Ten Window$ portas traseiras?

Varias vías semellan confirmar que os produtos da multinacional de Redmon SI teñen portas traseiras (backdoors). Vexamos uns exemplos. A Wikipedia ten unha entrada baixo o epígrafe NSAKEY, referente á variable _NSAKEY atopada en 1999 no Windows NT 4 SP 5. Nesa entrada chama a atención o resultado dun traballo de enxeñaría inversa tanto da […]

Young Frankenstein ou Steve Ballmer?

[gv data=”m6rqXHX3O48″][/gv] Atopado en MuyComputer. asennadas

Bolsa de Londres sen servizos informáticos por culpa de M$?

Segundo unha noticia da axencia Reuters, as negociacións de valores na Bolsa de Londres tiveran que ser paralizadas durante sete horas o último luns no transcurso de problemas en computadores. A causa exacta do problema aínda é descoñecida e probablemente xamais será publicada. O incidente podería ser particularmente incómodo para a Microsoft, que, ao final […]

Killer Tux

Cun final inesperado para Tux: [gv data=”W9_DQjQbtTY”][/gv] A fonte liga cara a zona onde podes descargar este video e fondos de pantalla. asennadas

Fork para que o OLPC siga con SwL

Entérome en BR-Linux dunha nova de IDG Now! sinalando que no mesmo dia no que o proxecto OLPC (One Laptop per Child) confirmaba o acordo con Hasecorp para que o portátil para cada neno levera un sistema operativo privativo Window$ XO, Walter Bender, o antigo presidente dese mesmo proxecto, tamén anuncia o Sugar Labs. Trátase […]

Campaña anti-droga en Bahía (M$)

Nos pasados dias Jaques Wagner, gobernador do Estado de Bahía, nordeste brasileiro, asinou un protocolo oficial de intencións con Hasefroch polo cal esta multinacional capacitará a 4.500 estudantes a baixo custe dentro do programa “Aluno Monitor Microsoft“, na contorna “English for all” de aprendizaxe do idioma inglés dotando de infraestrutura privativa aos telecentros dese estado. […]

GALPon e Microsoft, unidos por unha mesma causa

GALPon e Microsoft unidos polo mesmo fin pero non empregando os mesmos medios. Dispor de software de calidade en galego é un dos obxetivos que promove a asociación galega nas súas actividades, namentres que a multinacional norteamericana, multada en varias ocasións pola Unión Europea, anuncia as súas últimas versións do sistema operativo e suite ofimática […]

OOXML da M$ acadará o estándar ISO!

Segundo varios observadores, di esta fonte, o formato OOXML proposto pola M$ está a piques de acadar o estándar ISO… Sen comentarios (de momento). asennadas