OOXML non acada a maioría na votación ISO

O formato privativo OOXML (Office Open XML) proposto pola Hasefroch para ser o segundo estándar da ISO, rexeitado xa con anterioridade, está a piques de estragar a súa derradeira oportunidade.

A ISO ten todo este mes de marzo para decidirse mais, polo de agora, sábese que a votación acontecida no BRM (Ballot Resolution Meeting) estes pasados dias en Xenebra (Suiza) foi tal que así:

Aproban = 4

Rexeitan = 4

Desestiman votar = 2

Absténsen = 15

Nembargantes a decisión aínda está totalmente pendente… pero temos razóns suficientes para manter a confianza de que finalmente o ODF será o único estándar recoñecido pola ISO.

Ampla información aquí.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

A miña andaina no SwL (2001, IES no Meixueiro)

Trala breve (3 meses) experiencia como substituto en ciclos de Economía na Estrada, seguiría crendo que, sen présa, ía facer enxeñaría informática pola UNED. Mais non tiven nin tempo de coller forzas dado que axiña me chaman de novo para unha nova substitución no IES Ricardo Mella do Meixueiro, preto de Vigo.

Foi moi curioso o tempo que alí pasei pois, en principio, só iría substituir ao xefe de estudos uns quince dias. Porén a súa doenza foi máis grave e finalmente cheguei estar alí ata xullo. Facendo o que? Pois cinco horas de contabilidade como horario lectivo e o resto como xefe de estudos! Incríble! Como é posible que un pringao poida ser xefe de estudos? Ben, a verdade é que non fixen máis ca estar no seu despacho, facer unhas rutinarias anotacións a cotío e logo todo o tempo sobrante para min. E claro, ese tempo ía para fedellar cun portátil que mercara de segunda man ao que lle instalara unha Slackware 7.0 e un FreeBSD.

Nese IES aproveitei para imprimir moitos manuais que se xuntarían á xa ampla colección de libros e revistas (mercábaas todas, mes a mes) que posuía sobre GNU e Linux. Alén diso, o horario era magnífico, traballaba de 18hs ás 22 hs, só iso. Bo soldo e horario de envexa… seino.

Un dos fitos dese ano foi, con certeza, a reunión do departamento de Economía. Nun dos puntos do dia estaba preparar e orzamentar a chegada do Hasefroch XP. A pesares de ser substituto tiven que asistir a dita reunión. Sabía das intencións da migración a XP mais non sabía do rexeite tan acérrimo que tería a miña proposta de migración cara GNU/Linux. Houbo excusas de todo tipo e gusto, como «é que as empresas a onde van ir traballar empregan Hasefroch«, «é que todo o mundo emprega Hasefroch«… e non convenceron as miñas razóns de liberdade, independencia tecnolóxica, aforro (+100.000 ptas o XP profesional e algunha cousa máis para un único posto en troques dunha caixa con varios CDs e libros para todo o instituto por 12.000 ptas), etc. Até houbo tensión no debate, demasiada tensión… Era eu contra todos, un pringao contra todos!

Logo souben dunha ulterior xuntanza na que non participaría polo seu caracter, digamos informal, no que o responsable comentaría que para aprender Linux custaría un mínimo dun ano. En fin, aquel dia marcaríame profundamente pois fun un descoñecido para min mesmo, nunca fora quen de enfrentarme a un grupo numeroso en solitario, nunha loita todos contra un, un contra todos.

Nese IES coñecera a outro economista no meu departamento que comezaba interesarse polo SwL e a quen lle instalara GNU/Linux no seu portátil. Mágoa non ser quen de configurarlle axeitadamente as X (contorna gráfica) pois a súa tarxeta gráfica non estaba aínda soportada porque iso deulle forzas a quen rexeitaba a miña proposta de liberdade.

Outra anécdota. Un dos meus compañeiros da xunta directiva quería procurar a letra dun tema country. Procurou en Terra, Lycos… e aínda non coñecía Google. Aliás, ninguén coñecía Google! Daquela estábamos no estoupido bursátil das puntocom. Puxo Google como páxina preferida ao comprobar que lle atopara o que procuraba.

A pesares da tensa experiencia sufrida naquela reunión de departamento, esa substitución lembrareina sempre con moito agarimo pois tiven tempo de mellorar os meus coñecementos técnicos, dispor de tempo de lecer e solidificar a ética da libre transmisión do coñecemento.

Chuzame! A Facebook A Twitter

SP3 de M$ bloquea 23 tipos de arquivos

O motivo? Aparentemente é cousa de seguridade.

Deixo a nova orixinal en pt-br:

A escolha deliberada da Microsoft em impedir acesso a arquivos antigos, incluindo aqueles gerados por seus próprios produtos, foi para aumentar a segurança no novo pacote de atualizações do Office 2003, de acordo com informações de um evangelista da companhia.

O Service Pack 3 (SP3) para o Office 2003, segundo Viral Tapara, evangelista da Microsoft no Reino Unido, bloqueia antigos formatos de arquivo por razões de segurança.

Alguns arquivos antigos, incluindo da Microsoft, são inseguros e não nos satisfaz ter vetores de ataques que podem ser usados para executar código malicioso”, disse Tapara. “A decisão pelo bloqueio se restringe para proteger a máquina de ser comprometida”.

O Office 2003 SP3 foi lançado em setembro e as discussões em torno das mensagens de erro ao abrir arquivos surgiram quase de imediato nos fóruns da Microsoft.

As questões continuaram em dezembro. Usuário identificado como «dberwanger» reclamou que perdeu 250 dólares para “resolver um problema com o SP3 que ele mesmo criou. Finalmente, tive que desinstalar completamente o Word 2003 e reinstalar (pois não é possível desinstalar o SP3) e o problema foi resolvido”.

A Microsoft divulgou um documento (material em inglês) que inclui um registro do Windows que permite retornar ao modelo original de suporte a formatos antigos para o Office 2003. O documento ressalta os problemas de segurança: “Estes formatos foram bloqueados por serem menos seguros. Eles podem significar um risco à você”, define o documento.

Sexa cuestión de seguridade ou do seu ben coñecido modelo de negocio, a cousa é preocupante. Cal será a gota que colmará a paciencia de quen aínda aguante estes abusos?

O meu consello: Podes ficar dándolle voltas á piscina mais, ao fin, has mergullar no SwL ;-)

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp