Compensa esforzarse en convencer se hai desinterese?

Bob Sutor, vicepresidente de negocio Open Source e Linux en IBM, deu o relatorio inaugural da recentemente concluída LinuxCon 2009 e nel deixou algunhas ideas sobre o seu parecer arredor do futuro de GNU/Linux no escritorio.

Para ilo deseñou estes potenciais escenarios:

  • GNU/Linux destacándose, probablemente tendo unha distro dominando os escritorios
  • GNU/Linux acadando paridade con M$ e Apple
  • GNU/Linux desaparecendo dos escritorios

Sutor cre que a maioría da xente di: «Non quero que me molesten. Iso simplemente funciona. Quero facer o meu traballo e irme a casa«. Daí que Sutor conclúa que «facer unha substitución completa do escritorio é unha ruela sen saída» e que, polo tanto, é un erro intentar convencer ás persoas para que usen algo no cal non están interesadas. «Non desperdicien o seu tempo«, aconsella.

Ao mesmo tempo Sutor suxire á comunidade que enfoque a súa estratexia noutros nichos onde os seus esforzos teñan unha mellor oportunidade de acadar éxito, como os contornos virtualizados. E un exemplo dalguén que sen dúbida se está tomando moi en serio a potencialidade doutros nichos é Intel coa súa iniciativa Moblin.

Podes ampliar máis disto na fonte e máis na nova orixinal.

Opinión

Certo é que hai un factor determinante en todo isto: o costume. Quen está afeito a un xeito de traballar sabe que un cambio de contorno halle supoñer un esforzo, mínimo (considero) pero esforzo ao fin. Ademais é certo que estamos a tratar cunha xeneración á que a tecnoloxía informática chegou de xeito pouco natural. Moitas persoas, atrévome a dicir que a maioría, non navegaba hai unha década e outras moitas foron autodidactas aprendendo a traballar coas aplicacións informáticas. Polo tanto o medo ao cambio é lóxico e natural.

Porén, explicar con claridade as vantaxes do cambio, apoialo con formación e acompañalos nos seus primeiros pasos no novo contorno semella ser determinante para acadar o éxito perseguido por quen promove o cambio. De feito esa é unha mostra da estratexia que empregamos en TEGNIX perante calquera proceso integrador de tecnoloxías libres.

Moitos xa sabedes que penso que no eido particular considero que cada quen pode empregar o que considere apropiado maila aconsellar SwL, está claro. No eido empresarial o SwL supón un monte de vantaxes competitivas e daquela considero que é unha escolla estratéxica e decisiva. No eido público, con total certeza, só se pode promover e dar os pasos necesarios para o seu emprego na totalidade das súas dependencias e usos.

Os múltiples casos de éxito de integracións de tecnoloxías libres fanme concluir que «Si» compensa esforzarse, até se hai desinterese. Abonda con seguir unha planificación estratéxica adecuada e ben medida para cada caso.

Todo isto sen afondar nos múltiples puntos nos que pagaría a pena entrar ou salientar. Se cadra nun seguinte artigo…

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Obama reformará a política de patentes

Obama vén de nomear a David Kappos, o vice-presidente e conselleiro xeral da IBM, para encabezar a Oficina de Patentes e Marcas dos EE.UU. (U.S Patent and Trademark Office – USPTO -).

Este nomeamento é particularmente salientable, non só porque IBM amosa atitudes moito máis a prol do Código Aberto cás súas rivais, senón porque o propio Sr. Kappos tamén está moi a prol e até foi descrito como»crítico coa visión americana de políticas de patentes«.

Kappos, avogado e enxeñeiro eléctrico e informático, sabe que apoiar o Código Aberto significa que «non é doado reconcialialo coa estratexia tradicional da Propiedade Intelectual, pero estamos convencidos que ese é o camiño cara onde ir no futuro» referíndose daquela a IBM.

É máis ca probable que Obama vaia reformar o actual modelo de patentes dos EE.UU toda vez que Kappos xa escribira para BusinessWeek no 2007 un artigo co clarificador título «É hora dunha reforma das patentes«.

Fonte (vaia, acabo de velo tamén en Menéame.net).
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Sw Libre tamén limpo e verde

Ultimamente trátase con moita frecuencia o aspecto verde das tecnoloxías. Dende hai tempo, o Sw Libre ofrece solucións para xestionar o consumo de enerxía, as emisións de carbono e de lixo electrónico.

O crecemento explosivo do número de ordenadores usados por persoas e organizacións ao longo das últimas dúas décadas ten provocado un enorme efecto sobre o medio ambiente, tanto positivos como negativos. Beneficios ambientais poden ser comprobar como os computadores axudaron a moitas organizacións a traballaren «sen papel«. Os avances na rede tamén fixeron mais doado traballar remotamente polo que se reduce a necesidade de viaxar ou cambiar.

Aínda que haxa moitos beneficios ecolóxicos positivos no emprego de computadores, non é menos certo que a tecnoloxía deixou un gran pegada de efectos nocivos no ambiente.

Hai varios aspectos a termos  en conta á hora de de axustar os nosos sistemas para que sexan menos agresivos co ambiente e máis ecolóxicos. Jeff Orloff escribe un artigo sobre a oportunidade que tamén representa o SwL neste eido. Jeff comenta sobre e-residuos, consumo de enerxía, GNU/Linux como parte da solución, limitar o borrado con GNU/Linux, preparando antigos computadores para doazón, virtualización para reducir o consumo enerxético, solucións de xestión de enerxía, o tickless kernel, etc.

Como curiosidade, copia e pega este comando nun terminal:

cat /boot/config-$(uname -r) | grep CONFIG_NO_HZ

Se a resposta é un «y«, entón xa sabes que tes algo por facer. Un dos principais desenvolvementos do Green Linux Workgroup é o tickless kernel. Cando está ocioso, o kernel Linux ponse á procura contínua dalgo para facer. Podes axustar o temporizador ou até trocar a configuración para desactivalo completamente cun CONFIG_NO_HZ = n.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Creando aplicacións para Android

No boletín semanal de noticias de IBM publicado onte destaca un artigo adicado a crear unha primeira aplicación para a plataforma Android. Como se sabe, Android é unha contorna operativa completa baseada no núcleo Linux® V2.6.

De entrada, o obxectivo comercial marcado para Android foi o sector de telefonía móbil. Porén, o rango completo dos servizos computacionais e mailo seu soporte funcional danlle un potencial que vai ben máis aló dese campo.

No artigo de Frank Ableson faise unha introdución á plataforma Android e apréndese a codificar unha aplicación básica para el.

Lembra que tes máis información en Google Code así como unha lista das acutais aplicacións aquí.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

SwL tamén medra no terceiro sector

Así sinálao o estudo «Software Libre y TIC en Entidades del Tercer Sector en España: una visión panorámica 2009» realizado polo Proxecto socialGNU, un proxecto que ten como finalidade a difusión e uso de Software Libre dentro das entidades do Terceiro Sector.

O estudo refírese a un ámbito estatal, reflicte que tres de cada catro entidades enquisadas coñecen o Software Libre e un 80% delas utilízano de xeito habitual. O mesmo estudo mostra que moitas das entidades usuarias de Software Libre compatibilizan o seu uso co do Software Privativo, aínda que se rexistran algunhas entidades que empregan en exclusiva Software Libre (16%).

Sorprende que a principal área de uso do Software Libre son os escritorios de usuario, pois o 80% das entidades usuarias afirma instalalo nos seus equipos. A porcentaxe de uso en servidores corporativos chega ao 20%, debido a varios factores, sobre todo a que moitas entidades non dispón dos mesmos, e a temas de formación técnica dos responsables informáticos.

As aplicacións de Software Libre de maior uso son as de ofimática e as aplicacións de Internet. As aplicacións Software Libre máis utilizadas nas entidades sociais son as aplicacións de Internet, comunicacións e correo electrónico (26%) e as ofimáticas (23%).

O estudo considera que o éxito dos programas e iniciativas de introdución de Software Libre vén condicionado, en gran medida, polo despregamento simultáneo dun plan de formación.

O proxecto socialGNU é un proxecto sen ánimo de lucro apoiado pola Asociación Semilla e IBM.

Máis na fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Oracle merca Sun Microsystems, e que?

Finalmente e mailo interese de IBM foi Oracle a que acadou un acordo para comprar Sun Microsystems por 5.600 millóns de dólares, cantidade que representa unha prima do 42% sobre o peche do pasado venres. Se se ten en conta a débeda de Sun, a operación sairalle a Oracle por 7.400 millóns de dólares.

Dáse a circunstancia de que fai quince días o xigante IBM retirou unha oferta de compra por Sun Microsystems ao non chegar a un acordo coa empresa de Larry Ellison. IBM ofrecía 5.200 millóns de dólares, un prezo que Sun rexeitaba por ser demasiado baixo.

O conselleiro delegado de Oracle, Larry Ellison, mostrou a súa satisfacción co acordo alcanzado e afirmou que «a compra de Sun transforma a industria de tecnoloxías da información«, mentres que o presidente de Sun, Scott McNealy, cualificou a fusión (?) como a «evolución natural da relación entre as dúas empresas» e afirmou que o evento supón un «fito» na historia do sector.

Artigo orixinal é «Oracle acuerda comprar Sun Microsystems por 5.600 millones de dólares – 1179741 – 20/04/09 – elEconomista.es«.

Opinión

A igual que acontecera cando era público o interese de IBM non teño temor polos proxectos libres que lideraba Sun, a lo menos de entrada. Para comezar, será tan parva Oracle de gastarse unha morea de cartos para logo destruir eses proxectos? Ese malgasto ou derroche de cartos coido que non acontecerá, é lóxico, sería como «un tiro no pé«. Suponlle a Oracle unha oportunidade por asentarse nun mercado inevitablemente emerxente incluíndo unha oferta que apenas posuía? Dende logo! E que acontecerá cos proxectos libres se deixan de ser liderados pola nova propietaria? Coma sempre, confío na comunidade, leva anos demostrándoo en múltiples casos. Como moito habería un adiamento na continuidade dalgún proxecto porque é complexo iniciar todo un movimento social para xerar un fork libre pero, de ser preciso, facerse faise.

En todo caso, se ollamos cara atrás, mellor que veña Oracle! A entrada de IBM supuxo o nacemento da Fundación Apache, a entrada de recursos ao desenvolvemento do kernel Linux, publicidade… Coa de Sun naceu o proxecto OpenOffice.org, a liberación de Java… Coas de AOL o nacemento da Fundación Mozilla… Daquela por que termos temor?
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

IBM quere mercar a Sun. Pódelle afectar isto ao SwL?

Souben por un correo-e de Alberto Barrionuevo á lista de socios de Hispalinux que «IBM negocia a compra de Sun Micorsystems«.

Os comentarios ao respecto son unha mistura de tranquilidade e inquedanza:

Alberto sinala que «Para IBM la compra tiene todo el sentido del mundo, pues ganan una tecnología impresionante a bajo coste. Para Sun también, porque andaban mal de pelas desde hace tiempo y más con la crisis que está cayendo. ¿Para el mundo del software libre es beneficioso dejar tantos huevos bajo una sola gallina?: Eclipse, OpenOffice, MySQL, Java, OpenSolaris…«

Carlos Alocen sinalou que «No tiene porque suponer una desaparición de productos. KDE está vivo después de la compra de SuSE por Novell. Y desde luego, la oferta de servicios y formación, incluyendo software, libre por parte de IBM va a crecer exponencialmente. Esto deberá preocupar y mucho a alguna otra multinacional.«

A lo que Alberto replica: «Y posiblemente dejen morir MySQL o la limiten en nuevas funcionalidades para que no les haga la competencia a DB2 (recuerdo que ya atacaron con patentes a PostgreSQL porque le estaba dando demasiada caña a su DB2…). Cuidadín con ser demasiado optimistas. Nunca es bueno poner demasiados huevos en el mismo cesto.«

Jorge Fuertes, actual presidente ded Hispalinux seña que «SuSE financiaba casi en exclusiva gran parte del proyecto KDE. Tras la compra por parte Novell aquello se acabó y se empezó a apoyar a GNOME con toda la artillería.«

Santiago Gala comenta que «Si la gente lo quiere (lo suficiente) se organizará y hará un «fork». Si no, ahí están los tgz de la última versión para lo que quiera cada uno, respetando la licencia. Si un sistema operativo libre o una BD se hunde porque una empresa deja de apoyar su desarrollo, es que había alternativas suficientes como para permitir que eso ocurra. En el caso del único producto del que realmente dependo, que es OpenOffice.org, go-oo.org, Novell y otra gente llevaban cierto tiempo contribuyendo parches más deprisa de lo que el equipo «central» en Sun los puede absorber, por lo que un fork podría ser hasta beneficioso para el desarrollo a medio plazo. En general, cuando un modelo de desarrollo muy cerrado a contribuciones externas se abre las cosas suelen mejorar en el medio plazo.«

De ser realidade tal posibilidade de compra, cal sería o teu parecer? Optimista ou pesimista? Trátase só dun ambicioso plan de consolidadción no mercado de servidores en loita contra HP xunto a un posicionamento estratéxico nun mercado en alza, nomeadamente o do SwL?

Segundo LinuxMedia «A aquisição daria ao novo conglomerado 42% do mercado geral de servidores e 65% do mercado de servidores UNIX.«

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

O supercomputador #1 tamén con GNU/Linux

O goberno dos Estados Unidos contratou a IBM para construir o supercomputador con máis potencia cós actuais da lista Top500 maiores supercomputadores do mundo.

A nova pode lerse en varias fontes (Slashdot, The Inquirer, Código Cero, …) pero en Br-Linux engaden ademais que o sistema de IBM, nomeadamente Sequoia, empregará como sistema operativo GNU/Linux.

O supercomputador terá unha capacidade de 20 petaflops e será usado polo Departamento de Enerxía dos EE.UU. para buscas de materias primas nucleares. Paga a pena comparar cos actuais sistemas máis rápidos que ata hoxe alcanzan 1 petaflop, éxito atinxido aínda o ano pasado.

O Sequoia empregará uns 1,6 millóns de núcleos de procesadores, todos chips de IBM executando GNU/Linux, terá unha memoria de 1,6 terabytes e será hospedado en 96 estantes, cada un do tamaño dun frigorífico.

Sequoia é unha árbore xigantesca que da nome a un parque natural americano.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Suite de comunicacións baseada en SwL… compite con M$ e IBM

Unha startup de Nova Iorque vén de lanzar unha suite de comunicacións unificada baseada en SwL con publicidade contextual como posible fonte de ingresos para competir con Micro$oft e IBM no campo empresarial.

Unison consta dun software cliente/servidor, non de tipo web. A parte servidora só se executa nun servidor con Linux pero a cliente pode ser executada en sistemas operativos priavtivos. O obxectivo é ofrecer unha alternativa de baixo custo ás suites equivalentes de M$ ou IBM. Inclúe aplicacións de correo-e, axenda, calendario, telefonía, correo de voz, mensaxería instantánea e varias máis xunto a aplicacións colaborativas, antispam e antivirus.

Crese que as empresas interesadas serán as que posúan entre 20 e 2000 empregos para que as solucións privativas implican un custo prohibitivo.

Unison ofrece unha versión con publicidade totalmente de balde. Os anunciantes son Intermedia e Ubuntu Linux. Os anuncios publicitarios aparecen no escritorio cliente así como na panle de control de administración e sempre de xeito non intrusivo, segundo sinala Rurik Bradbury, CMO (chief marketing officer) de Unison.

A versión sen publicidade véndese a US$50 por usuario/a e por ano.

A A Facebook A Twitter

Escritorios virtuais en nube

Canonical, a empresa promotora de Ubuntu, o fabricante de software para escritorio virtual, Virtual Bridges, e IBM lanzaron un bundle (paquete) que facilita o despregamento de servizos de ofimática, colaboración e mensaxería Lotus e Ubuntu Linux. A aportación de Virtual Bridges noméase VERDE (Virtual Enterprise Remote Desktop Environment).

Trátase dun paquete de escritorio virtual que inclúe tres compoñentes de software residentes nun servidor corporativo de forma que o bundle (paquete), etiquetaxe como «Microsoft free«, pode provisionarse por centos ou milleiros de escritorios. VERDE e Ubuntu dan soporte ás aplicacións Lotus, que inclúen correo-e, procesador de textos, follas de cálculo, mensaxería instantánea e redes sociais, en calquera portátil ou dispositivo móbil mediante o log-in nun escritorio virtual soportado por un servidor Ubuntu Linux.

O prezo previsto para o mercado norteamericano é de 40 dólares por posto para un despregamento en 1.000 desktops, é dicir, 40.000 dólares. Para unha empresa que teña 1.000 escritorios o prezo sae realmente moi competitivo.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

IBM estuda liberar DB2

IBM está avaliando a posibilidade de ofrecer o seu xestor de base de datos DB2 biaxo unha licenza de código aberto, segundo sinala Chris Livesey, director de IBM no Reino Unido:

«Temos unha versión light do produto ofrecida como gratuita o cal xa é un paso cara a exposición do corazón da nosa tecnoloxía DB2. (…) A medida que o futuro se desvele e a economía se faga máis clara, haberá máis decisións cara a apertura de códigos por parte de todo o mundo«.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

IBM anuncia o Lotus Symphony 1.0

Trátase dunha suite ofimática baseada no código de OpenOffice.org que está a recibir moitas loubanzas sobor de todo pola mellora da usabilidade, unha contorna máis amigable e o soporte ao estándar ISO/IEC 26300 do ODF.

Lotus Synphony é de balde mais está complexo saber se tamén é libre ou tan sequera de código aberto. Este comentario disque IBM mercou unha licenza a Sun Microsytems para manter o código pechado, algo que parece ser refutado porque a súa descarga ten que ser feita a través da web.

A suite ofrece unha interesante colección de complementos (plugins) e o galego non está incluido entre os idiomas soportados.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp