Compensa esforzarse en convencer se hai desinterese?

Bob Sutor, vicepresidente de negocio Open Source e Linux en IBM, deu o relatorio inaugural da recentemente concluída LinuxCon 2009 e nel deixou algunhas ideas sobre o seu parecer arredor do futuro de GNU/Linux no escritorio. Para ilo deseñou estes potenciais escenarios: GNU/Linux destacándose, probablemente tendo unha distro dominando os escritorios GNU/Linux acadando paridade con […]

Obama reformará a política de patentes

Obama vén de nomear a David Kappos, o vice-presidente e conselleiro xeral da IBM, para encabezar a Oficina de Patentes e Marcas dos EE.UU. (U.S Patent and Trademark Office – USPTO -). Este nomeamento é particularmente salientable, non só porque IBM amosa atitudes moito máis a prol do Código Aberto cás súas rivais, senón porque […]

Sw Libre tamén limpo e verde

Ultimamente trátase con moita frecuencia o aspecto verde das tecnoloxías. Dende hai tempo, o Sw Libre ofrece solucións para xestionar o consumo de enerxía, as emisións de carbono e de lixo electrónico. O crecemento explosivo do número de ordenadores usados por persoas e organizacións ao longo das últimas dúas décadas ten provocado un enorme efecto […]

Creando aplicacións para Android

No boletín semanal de noticias de IBM publicado onte destaca un artigo adicado a crear unha primeira aplicación para a plataforma Android. Como se sabe, Android é unha contorna operativa completa baseada no núcleo Linux® V2.6. De entrada, o obxectivo comercial marcado para Android foi o sector de telefonía móbil. Porén, o rango completo dos […]

SwL tamén medra no terceiro sector

Así sinálao o estudo “Software Libre y TIC en Entidades del Tercer Sector en España: una visión panorámica 2009” realizado polo Proxecto socialGNU, un proxecto que ten como finalidade a difusión e uso de Software Libre dentro das entidades do Terceiro Sector. O estudo refírese a un ámbito estatal, reflicte que tres de cada catro […]

Oracle merca Sun Microsystems, e que?

Finalmente e mailo interese de IBM foi Oracle a que acadou un acordo para comprar Sun Microsystems por 5.600 millóns de dólares, cantidade que representa unha prima do 42% sobre o peche do pasado venres. Se se ten en conta a débeda de Sun, a operación sairalle a Oracle por 7.400 millóns de dólares. Dáse […]

IBM quere mercar a Sun. Pódelle afectar isto ao SwL?

Souben por un correo-e de Alberto Barrionuevo á lista de socios de Hispalinux que “IBM negocia a compra de Sun Micorsystems“. Os comentarios ao respecto son unha mistura de tranquilidade e inquedanza: Alberto sinala que “Para IBM la compra tiene todo el sentido del mundo, pues ganan una tecnología impresionante a bajo coste. Para Sun […]

O supercomputador #1 tamén con GNU/Linux

O goberno dos Estados Unidos contratou a IBM para construir o supercomputador con máis potencia cós actuais da lista Top500 maiores supercomputadores do mundo. A nova pode lerse en varias fontes (Slashdot, The Inquirer, Código Cero, …) pero en Br-Linux engaden ademais que o sistema de IBM, nomeadamente Sequoia, empregará como sistema operativo GNU/Linux. O […]

Suite de comunicacións baseada en SwL… compite con M$ e IBM

Unha startup de Nova Iorque vén de lanzar unha suite de comunicacións unificada baseada en SwL con publicidade contextual como posible fonte de ingresos para competir con Micro$oft e IBM no campo empresarial. Unison consta dun software cliente/servidor, non de tipo web. A parte servidora só se executa nun servidor con Linux pero a cliente […]

Escritorios virtuais en nube

Canonical, a empresa promotora de Ubuntu, o fabricante de software para escritorio virtual, Virtual Bridges, e IBM lanzaron un bundle (paquete) que facilita o despregamento de servizos de ofimática, colaboración e mensaxería Lotus e Ubuntu Linux. A aportación de Virtual Bridges noméase VERDE (Virtual Enterprise Remote Desktop Environment). Trátase dun paquete de escritorio virtual que […]

IBM estuda liberar DB2

IBM está avaliando a posibilidade de ofrecer o seu xestor de base de datos DB2 biaxo unha licenza de código aberto, segundo sinala Chris Livesey, director de IBM no Reino Unido: “Temos unha versión light do produto ofrecida como gratuita o cal xa é un paso cara a exposición do corazón da nosa tecnoloxía DB2. […]

IBM anuncia o Lotus Symphony 1.0

Trátase dunha suite ofimática baseada no código de OpenOffice.org que está a recibir moitas loubanzas sobor de todo pola mellora da usabilidade, unha contorna máis amigable e o soporte ao estándar ISO/IEC 26300 do ODF. Lotus Synphony é de balde mais está complexo saber se tamén é libre ou tan sequera de código aberto. Este […]