Internet é unha oportunidade para o Galego
A dinamizadora Soraya Suárez vén de publicar un artigo que escribÃn para o Diario de Carballo:
Internet está a provocar unha auténtica revolución na humanidade. A súa existencia posibilita a comunicación instantánea a custes marxinais case que nulos e por múltiples vÃas (correos electrónicos, mensaxerÃa, blog, microblog, voz, podcast, videowebs, fotowebs...) que dan como resultado unha contorna que facilita a colaboración masiva entre iguais. E, como en calquera revolución que a Historia presenciou, a orde establecida está a mudar substancialmente á vez que esta tecnoloxÃa penetra, obrigando a adaptarse a case que calquera, tanto persoas como organizacións. A colaboración está acadando graos insospeitados, xa non só polo cantidade senón porque maioritariamente é de tipo voluntario. Sermos conscientes disto axudaranos a situarnos na punta de lanza da sociedade do futuro.
Os exemplos de iniciativas que souberon aproveitar esta nova situación igualitaria e colaborativa son moitos e diversos. Linux e o Software Libre coas licenzas que dan permisos para copiar, modificar e distribuir con tal de manter inalternadas esas liberdades a favor da sociedade xeral, están perfectamente adaptados á contorna colaborativa e de traballo en rede propiciada por Internet. As tecnoloxÃas libres son abertas, enriquecedoras, colaborativas, construtivas e aÃnda poderÃamos incluir varios adxectivos máis. A Wikipedia, enciclipedia descentralizada, aberta á participación comunitaria, estanos amosando o rico e doado que é a compartir coñecemento. Con certeza, Linux, Software Libre, Wikipedia e tantos máis están medrando con Internet e servindo de exemplo de éxito, demostrando que a colaboración masiva existe, é posible e rendible para a comunidade.
Como podemos aproveitar esta oportunidade para favorecer á nosa lingua? Ben sabemos que o galego leva sufrindo o trato minorizado durante séculos namentres a súa evolución natural l, o portugués, acadou auxe alén dos mares estendéndose entre millóns de persoas. Agora, grazas a Internet, a nosa relación coa "comunidade" amplÃase. Podemos irmanarnos coa lusofonÃa comunicándonos en galego asà como abrir novas canles coa nosa familia emigrante. Alentar o seu uso en todos os frentes onde a rede estea ao noso alcance pode e debe provocar un efecto incentivador que retroalimente o desexeo a "falar e escribir en galego". Como integrantes da comunidade internauta debemos ter presente que está nas nosas mans colaborar e actuar a prol de incentivar á nosa lingua, como cultura propia, como parte da nosa personalidade.
© Roberto Brenlla - 24 de xullo de 2008
Licenza Creative Commons Recoñecemento 3.02
1 O galego e o portugués considerábase a mesma lingua ata a Idade Media cando o reparto de reinos comezounas a separar.
2 http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/deed.gl
chuzame -
En: Galicia-Galiza, Internet, Persoal por Roberto Brenlla
3 Comentarios »
Resulta fascinante a posibilidade cada vez máis real de que o hidróxeno substitúa masivamente aos combustibles fósiles. Non só porque evitarÃamos os efectos perversos da combustión do petróleo ou por ser o hidróxeno o elemento quÃmico máis abundante no universo senón porque pode supoñer unha nova Era Revolucionaria xusto en medio da actual revolución provocada por Internet.


Na Universidade de Wáshington tratan de localizar os puntos negros polos que de cando en vez desaparecen paquetes de información na rede.
Vendo o programa da TVG presentado por Manolo Romón,