Internet é unha oportunidade para o Galego

A dinamizadora Soraya Suárez vén de publicar un artigo que escribín para o Diario de Carballo: Internet está a provocar unha auténtica revolución na humanidade. A súa existencia posibilita a comunicación instantánea a custes marxinais case que nulos e por múltiples vías (correos electrónicos, mensaxería, blog, microblog, voz, podcast, videowebs, fotowebs…) que dan como resultado […]

As redes de hidróxeno poderán ser a Internet da Enerxía

Resulta fascinante a posibilidade cada vez máis real de que o hidróxeno substitúa masivamente aos combustibles fósiles. Non só porque evitaríamos os efectos perversos da combustión do petróleo ou por ser o hidróxeno o elemento químico máis abundante no universo senón porque pode supoñer unha nova Era Revolucionaria xusto en medio da actual revolución provocada […]

Wikinomics, a nova economía das multitudes intelixentes

É o título dun libro de Don Tapscott e Anthony D. Williams (Edicións Paidós) que merquei hoxe mesmo e que plasma os resultados dun proxecto de investigación de 9 millóns de dólares* sobre a economía en contornas de ‘colaboración masiva‘ ou ‘produción entre iguais‘. O presidente de Google, Eric Schmidt, escribe na contraportada do libro: […]

Europa quere encher Internet con espías

O título amosa ás claras o novo perigo que supón termos europarlamentarios sen mínimos coñecementos tecnolóxicos e, se cadra, até dalgo tan básico como é a liberdade da cidadanía. Xa fora advertida por Manuel Hermo e logo anunciado como aprobadas as “enmendas torpedo”, chamadas así polo intrincado método de escapar das vías normais de aprobación. […]

Privacidade vs. Redes Sociais

Lembro dos consellos que se daban máis ou menos unha década atrás: “Non colgues unha foto en Internet!” Decíase porque poderían empregala, modificala e distribuila con supostos fins perversos… Hoxe, moitos temos fotos colgadas ‘publicamente’ en servizos moi estendidos, como Flickr ou Picassa. Que pasou? Iso lévame a meditar e facer aínda outras preguntas, non […]

Internet tamén ten Buracos Negros

Na Universidade de Wáshington tratan de localizar os puntos negros polos que de cando en vez desaparecen paquetes de información na rede. Cando alguén ten acceso a Internet cre ter acceso ás páxinas web de todo o mundo (polo menos en países como España). Pero isto non sempre é así. Existen moitas razóns polas que […]

BookCrossing, compartindo libros sen Internet

Vendo o programa da TVG presentado por Manolo Romón, Libro Aberto, relembro unha iniciativa que está a medrar rapidamente desde o 2001. BookCrossing (na Wikipedia inglés) ten case que todas as mesmas características das redes P2P agás o imprescindible destas, a conexión a Internet. BookCrossing (na Wikipedia en castelán) é a práctica de deixar libros […]