OTAN adopta ODF (Open Document Format)

Lido nesta páxina:

A OTAN adoptou o estándar ISO 26300 ODF (OpenDocument Format) co obxecto de promover a interoperabilidade. Nos estánadres adoptados pola OTAN inclúense o formato RTF -Rich Text Format-, XML e o formato Office XP como requisitos para compartir datos.

A OTAN non incluíu o Office Open XML (OOXML), competidor do ODF, que actualmente está sometido a un controvertido proceso de certificación por parte da ISO. Os observadores din que o Ministro da Defensa Holandés aposta por ODF. O sector público dos Países Baixos adoptarán estándares abertos e código aberto.

O interesante desta nova é o peso da lóxica na toma de decisións, ou o sentidiño como dicimos na nosa terra. Que queiran comunicarse diferentes países integrantes da OTAN dun xeito estandarizado cae polo seu propio peso. Dito ao contrario, como irían comunicarse tantos países se cada un deles envía documentos nos formatos que posúen sen ter a garantía de que os receptores empreguen tal formato?

Daquela é lóxico adoptar o ODF pois é estándar ISO, entidade supranacional certificadora de estándares, e de igual modo co XML. O que xa é máis dubidoso é o do RTF e o Office XP... os dous son deseñados pola M$. Son coñecidos como estándares 'de facto'.

As cuestións son varias. Débense empregar estándares 'de facto' habéndoos 'de iure' (de lei ou oficiais)? Non se deberían incentivar máis os estándares oficiais?

asennadas

Chuzame! chuzame -

UTF-8 domina a web

Decembro de 2007 foi o primeiro mes da historia, segundo sinala Google, no que o UTF-8 foi identificado como a codificación de carácteres (character encoding) máis utilizado na web, ultrapasando o US-ASCII e Latin-1/Windows-1252 (o famoso ISO8859-1), os máis populares ata ese intre.

unicode2.gif

UTF-8 é a codificación de carácteres que vén instalada por defecto na maioría das distros GNU/Linux actuais, pertencente á familia de carácteres Unicode. Porén, se cadra procurando manter a compatibilidade coa maioría, moita xente adoita trocalo polo da ISO, por exemplo, para ler correos-e.

Agora xa non tes excusa, usa o estándar UTF-8, canto antes mellor! Se ademais desenvolves SwL, sitios web... por favor, faino axiña. Confío que con a clara aposta polo emprego deste estándar, moitos dos persistentes atrancos na codificación de carácteres desapareza o máis rapidamente posible.

Nova atopada en Br-Linux apuntando cara esta fonte que tamén fornece un excelente artigo titulado Charsets e encodings.

asennadas

Nota: O título da imaxe de Google debería correxirse polo de "Crecemento do UTF-8 na web".

Chuzame! chuzame -

Atrancos na Codifcación de Caráteres en SwL

Persiste un problema en SwL que semella ir aínda para longo. Refírome á codificación de carácteres.

Levo sufrindo este atranco dende os meus comezos pois non só a liña de comandos non soportaba 'ñ', tiles, espazo entre palabras, etc, porque máis dunha vez tiven que axustar esta variable para poder incluir determinados carácteres até para poder editar textos planos. Daquela era pola disposición por defecto que tiña a Slackware. A cousa foi mellorando algo, si, ao pór como opción durante as instalacións a codificación que se precisaba para facer rular o meu teclado. Os estándares que se empregaban eran os Occidentais ISO-8859-15 e mailo ISO-8859-1.

Porén sempre se aconsellaba (e con razón) non incluir tiles nin espazos en branco, como mínimo, confiando que o 'Ñ' fora aceptado. Coméntabase que a culpa dilo, en referencia á interoperabilidade con M$, era debida á clásica incompatibilidade de codificacións. Isto sempre se defendía dicindo que en SwL empregamos estándares e outros non.

Aos poucos foise impoñendo un novo estándar, o Unicode. Así, varias distros comezaron a poñer UTF-8 por defecto. O follón inicial foi, segundo a miña experiencia, xigantesco. Unha morea de veces atopabas signos como o '?' ou até máis crípticos substituindo aos que a codificación non amosaba adecuadamente.

Tan evidente é este problema que moitos correo-e, enviados por entidades oficiais empregando sw privativo engaden ao pé de páxina algunha nota dicindo que "expresamente non se inclúen acentos" para favorecer a lexibilidade... ou, por exemplo, a propia existencia de programiñas ou engadidos que renomean os arquivos con atrancos de codificación.

Non sei cando rematará esta historia pero quixen deixar esta anotación porque onte mesmo tiven que facer malabares para que a miña parella poidera editar videos co Kino poñendo adecuadamente a longa ruta completa 'lexible' para esa aplicación porque tiña incluído eses mencionados carácteres. Para colmo, é filóloga e obviamente repudia ter estas trabas.

Chuzame! chuzame -

OOXML da M$ acadará o estándar ISO!

Segundo varios observadores, di esta fonte, o formato OOXML proposto pola M$ está a piques de acadar o estándar ISO...

Sen comentarios (de momento).

asennadas 

Chuzame! chuzame -

Brasil xa ten Proxecto de Lei para adoptar ODF

Leo en BR-Linux:

O Brasil tem o primeiro Projeto de Lei do mundo para que a Administração Pública Federal adote a norma ISO/IEC 26.300 (Open Document format – ODF). A iniciativa é do Deputado Federal Paulo Teixeira, que protocolou o Projeto de Lei 3070/2008, na Câmara dos Deputados, em Brasília, no dia 25 de março de 2008. O PL 3070/2008 “Dispõe que os órgãos e entidades da Administração Pública Direta, Indireta, Autárquica, bem como os órgãos autônomos e empresas sob o controle estatal adotarão, preferencialmente, formatos abertos de arquivos para criação, armazenamento e disponibilização digital de documentos.”

Trecho: “Art. 1º. Os órgãos e entidades da Administração Pública Direta, Indireta, Autárquica e Fundacional, bem como os órgãos autônomos e empresas sob o controle estatal adotarão, preferencialmente, formatos abertos de arquivos para criação, armazenamento e disponibilização digital de documentos.

Art. 2º. Entende-se por formatos abertos de arquivos aqueles que:
I – possibilitam a interoperabilidade entre diversos aplicativos e plataformas, internas e externas;
II – permitem aplicação sem quaisquer restrições ou pagamento de royalties;
III – podem ser implementados plena e independentemente por múltiplos fornecedores de programas de computador, em múltiplas plataformas, sem quaisquer ônus relativos à propriedade intelectual para a necessária tecnologia;

Art. 3º. Os entes, mencionados no art. 1º desta lei, deverão estar aptos ao recebimento, publicação, visualização e preservação de documentos digitais em formato aberto, de acordo com a norma ISO/IEC 26.300 (Open Document Format – ODF).”

No Brasil, o Estado do Paraná foi pioneiro em aprovar uma lei similar que já começou a dar resultados econômicos e de apropriação social do conhecimento tecnológico aberto.”

Alén desta importante medida, Brasil é sólido na súa oposición ao formato OOXML porposto por M$ como segundo estándar ISO e vota negativamente á súa aprobación.

asennadas

Chuzame! chuzame -

OOXML non acada a maioría na votación ISO

O formato privativo OOXML (Office Open XML) proposto pola Hasefroch para ser o segundo estándar da ISO, rexeitado xa con anterioridade, está a piques de estragar a súa derradeira oportunidade.

A ISO ten todo este mes de marzo para decidirse mais, polo de agora, sábese que a votación acontecida no BRM (Ballot Resolution Meeting) estes pasados dias en Xenebra (Suiza) foi tal que así:

Aproban = 4

Rexeitan = 4

Desestiman votar = 2

Absténsen = 15

Nembargantes a decisión aínda está totalmente pendente... pero temos razóns suficientes para manter a confianza de que finalmente o ODF será o único estándar recoñecido pola ISO.

Ampla información aquí.

asennadas

Chuzame! chuzame -