Sun Microsystems vén de anunciar a versión 6.1 do IDE (Integrated Development Environment, Contorna de Desenvolvemento Integrado) NetBeans, con licenzas libres GPLv2 e CDDL.
As dúas melloras máis significativas son a integración de MySQL nos proxectos desenvolvidos no IDE e maila introdución dun conxunto de ferramentas para poder empregar PHP. As ferramentas PHP veñen como engadido separado, PHP Early Access, con funcións de edición intelixentes. Alén disto tamén está garantida a integración con CSS, HTML e javascript así como un mellor soporte á progamación orientada a obxectos Ruby e Jruby (un xestor da plataforma Ruby).
Nesta versión con integración de MySQL disponse da posibilidade de usala con recursos Web Ajax. Para ilo fornécese un navegador exclusivo no propio IDE.
Paga a pena lembrar que existe unha ampla colección de engadidos dispoñibles para NetBeans.
Fonte.
asennadas
chuzame -
En: AGNIX, FLOSS, Negocios por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
A prestixiosa revista Linux Magazine ten na súa vertente electrónica unha boa serie de artigos, todos eles descargables en PDF, que inclúe unha ampla gama de temas sobre programación en Python, unha das linguaxes máis flexibles e empregadas na actualidade.
Estes son os artigos:
Están en portugués do Brasil.
asennadas
chuzame -
En: AGNIX, Brasil, FLOSS, Internet por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Na actualidade atopámonos con servizos web continuamente, mais aínda hai moitas oportunidades de crear servizos para calquera nova idea, aplicación ou funcionalidade que sexa.
Antes isto facíase con moito esforzo pero hoxe xa comezan aparecer diversas ferramentas idóneas para este tipo de desenvolvemento. É o caso de WSAS (Web Services Application Server), creada por WSO2 como plug-in para o Eclipse e con licenza Apache 2.0.
Tes un amplo artigo sobre WSAS que abrangue a instalación, configuración e até a creación e xestión de servizos.
asennadas
chuzame -
En: AGNIX, Internet, Tecnoloxía por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »