QGtkStyle fai que as KDE apps semellen para GNOME

O desenvolvedor de Trolltech Jens Bache-Wiig está a traballar nun motor de novo estilo para que Qt poida xestionar o tema por defecto de GTK+. Isto fará posible que as aplicacións para Qt poidan compartir a apariencia e sensación dunha contorna GNOME.

O atranco de deseñar aplicaións par KDE que poidan ser levadas cara GNOME dun xeito natural pode ser mititgado grazas ao tema de GTK+ que emprega widgets Qt. Porén non había ningún equivalente para usuarios GNOME. a solución de integración visual actual vén do estilo Qt QCleanlooks.

Mellorará este proxecto a integración de aplicacións deseñadas para un ou outro escritorio?

Na fonte tes un afondamento nesta materia.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Acelerador de partículas do CERN usa SwL

O "maior experimento de todos os tempos", o mesmo que nos amosará a "partícula deus", o LHC (Large Hadron Collider) do CERN usa Software Libre. E non só na súa computación GRID senón tamén nas súas interfaces gráficas KDE, tal e como podemos ollar nestas imaxes da BBC (máis ampliadas e aínda máis).

A fonte apunta cara este sitio.

asennadas

Chuzame! chúzame -

O regreso de WindowMaker

Vinno anunciado en varias páxinas mais agora, tras atopalo de novo aquí, comprobo que o xestor de fiestras WindowMaker regresa á ampla oferta deles en SwL.

WindowMaker é un dos descendentes do NExtSTEP, xestor de fiestras desenvolvido por NExt, na época de Steve Jobs. A súa vez NExtSTEP deu orixe ao xestor de Mac OS X, o Aqua e tamén a cousas como o OpenStep, AfterStep, GNUStep e ao propio xestor de fiestras WindowMaker. Fonte.

Para min é unha ledicia relembrar tempos nos que o empregaba a cotío, e aínda está instalado nun P-II 350 MHz. Desexo que o proxecto renaza con forza e se integre ben cos máis pesados e coñecidos Gnome e KDE.

Aproveito para relembrar tamén un artigo referido a este tema que fixen hai un tempo (2005) sobre a Historia das GUIs.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Camisetas sobre SwL feitas pola galega KillerMundi

KillerMundi é unha empresa viguesa que vende camisetas de Sw Libre en virtude dos acordos suscritos con Debian Soft. e cos escritorios KDE e Gnome Hispano. Doan a Debian ou ao escritorio correspondente 3 € por cada camiseta vendida. Estas doazóns empréganse para a organización de eventos e para a promoción e desenvolvemento dos escritorios.

Tes unhas mostras aquí e aquí.
asennadas

Chuzame! chúzame -

A miña andaina no Sw Libre (’98-’99, libros, revistas e internet)

A miña implicación co SwL foi aumentando exponencialemente aínda que con moita dificultade por mor de non dispoñer de ninguén na miña contorna que me axudara ou, como mínimo, compartira experiencias.

Seguía xogando con simuladores de F-1 nun Pentium I á vez que aprendía cousas coa Slackware no 486, lendo howtos, páxinas man e practicando. Souben entrar en modo gráfico grazas ao startx que puiden facelo rular na enésima tentativa tras probar diversas configuracións das XFree. O xestor de fiestras era Fwwm95. Todo iso sen aínda ter conexión a internet na casa...

Xestor de fiestras Fwwm95

En setembro de '98 comezo un curso de ofimática, algo que á larga só aproveitaría ata finais dese ano, estragando o que restaba de curso do '99 porque a miña adicación ía medrando para GNU/Linux e, cada vez menos, aos simuladores e nada á ofimática.

No '98 mercara o meu primeiro libro sobre SwL, Manual Avanzado de Linux por Raúl Montero da editorial Anaya, baseado na Salckware 3.4. E tamén a miña primeira revista, o nº 5 de Linux Actual por 995 ptas que hoxe conservo. Era carísima pois a PC-Actual vendíase a toda cor por menos da metade de prezo e co cuádriple de páxinas! Na portada da revista aparecía o KDE-1.0 e incluía como artigos "Etx2: El sistema de archivos de Linux al detalle", "Curso de programación en Tcl/Tk" e un cdrom coa terceira entrega da Debian 2.0 Hamm. A partir de decembro '98 tamén comecei mercar Sólo Programadores Linux, era a nº 4 e viña cun cdrom co Netscape 4.08, StarOffice 5.0 e o KDE-1.2.

A primeiros do '99 merquei un P-II a 350 con 128MB RAM. Daquela vendíanse normalmente con 32MB, raramente con 64MB. Por suposto, negueime a pagar licenza por Windows aínda que recoñeza que logo o pirateara para poder instalar os meus xogos de F-1. Elexín Arrakis como ISP para o meu acceso a internet a 56K con tarifa plana nocturna.

Axiña fun entendo o do modelo de negocio no SwL pois ao pouco mercaba unha distro española, ESware, baseada en RedHat e case de contado un novo libro, La Biblia de RedHat de David Pitts. Por entón non gastara nin a décima parte co sw privativo!

Xa tiña o verme no corpo! Todo era ler, subliñar, practicar, procurar na web, ler, marcar páxinas, preguntar nos newsgroups e mercar máis libros e todas as revistas. O que teño eu de libros, revistas e cds, mimá! Na primavera do '99, por fin, comezaba facer quedadas as fins de semana con Manuel Pumar, o mantedor de sistemas da academia Samicro.

O meu xogo preferido xa era o SwL!

Chuzame! chúzame -