Google Code pon á licenza Mozilla na lista negra

Hai dous anos, cando foi lanzado Google Code, a MPL (Mozilla Public Licence) era unha das licenzas soportadas no proxecto, a carón das licenzas Apache, BSD e GPL (Free Software Foundation) e LGPL. Agora as cousas comezan a mudar...

Ao parecer, Google sigue a prohibición da MPL feita recentemente pola FSF Affero GPL. Esa decisión pode non ter sido moi ponderada xa que logo pode provocar que unha serie de proxectos abandonen Google Code e trocalo por hosts rivais. Tal como acontece co Affero, as razón da decisión do Google non están totalmente claras.

Fonte.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Segundo Sun, Código Aberto é máis lucrativo

Segundo Simon Phipps, Chief Open Source Officer da Sun Microsystems, a apertura do código do Solaris pagou a pena.

Nunha entrevista ao sitio alemán Computerwoche, Phipps afirmou que a venda de subscricións do OpenSolaris contribuiu a acadar máis ingresos cá venda de licenzas xamais foi quen de producir. O executivo non mencionou valores.

Namentres o modelo tradicional de venda de licenzas atinxe transformar potenciais usuarios en compradores, o cambio a Código Aberto presenta o desafio de transformar usuarios en clientes.

Fonte.

asennadas

Chuzame! chuzame -

M$ pide desculpas por dar código aberto SEN fontes

sandcastle.jpgA coñecida iniciativa Codeplex, na cal a mesmísima Hasecorp promove códigos abertos, publicou un programa chamado SandCastle baixo a licenza MS-PL (que recentemente recibiu a aprobación da OSI como compatible cos requisitos de licenzas de código aberto) sen ofrecer o código fonte correspondente. Debe ser cousa de que aínda non están afeitos a compartir...

Dicir que é libre, con licenza libre e non dar o código fonte  foi visto como unha provocación. Daquela M$ tivo que pedir desculpas e retirar o SandCastle do repositorio ata que os seus desenvolvedores acepten ofrecer as fontes de acordo coa licenza aberta que escolleron.

A nova foi atopada en BR-Linux e apunta cara este sitio con máis información.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Unbound, novo servidor DNS libre

Unbound é unha solución libre (licenza BSD), segura e de alto rendemento, alternativa ao moi coñecido servidor de nome de dominios BIND (Berkeley Internet Name Domain).

Unbound 1.0 foi desenvolvido por NLnet Labs, VeriSign, Nominet e Kirei. Pretende que coa a licenza BSD poida convertise nunha alternativa sólida para ISP (fornecedores de servizos de Internet) e tamén para fabricantes de dispositivos con software embebido.

Tes este amplo artigo con a súa presentación así como a fonte.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Denunciei (presunta) violación da GPL

Merquei un disco duro multimedia Differo que semella ser a marca de distribución en España do HMR-700A da coreana Elliot Digital Inc.

Mentres fedellaba con el chamoume a atención algún directorio do estilo 'tmpfs', as barras separadoras do estilo *nix, é dicir '/' e cousas así. Polo tanto non foi moita sorpresa conectar vía USB ese disco duro ao meu portátil e atopar directorios montados cos nomes "lost+found" ou até un evidente "LinuxUDF".

Procuro en todo o material que me deron (guía impresa, mini-cd con instrucións...) e nada atopo de GPL, nin de Linux, nin gaitas...

Tras isto consulto con Víctor Salgado (avogado-socio de Pintos & Salgado) e a súa resposta foi clara:

En canto ao asunto que me comentas do Disco Duro, semella evidente outra nova violación da licenza GNU, dado que teñen a obriga de publicar os seus traballos e/ou desenvolvementos con base na mesma e incluíndoa expresamente.

Isto xunteino ao seu traballo que publiquei nesta entrada que inclúe este perágrafo:

"Por exemplo, se se distribúen copias dun destes programas, sexa gratuitamente, ou a cambio dunha contraprestación, débese dar aos receptores todos os dereitos que se teñen sobre a mesma. Débese asegurar que eles tamén reciben, ou poden conseguir, o código fonte do programa. E débense mostrar estas condicións de forma que coñezan os seus dereitos."

Estes feitos foron comentados onte durante a comida de TEGNIX e non houbo unanimidade... Porén tras o que me dixo Víctor Salgado, experto nesta materia, decidín contactar coa empresa coreana para logo decontado dicilo á GPL-Violations nesta mensaxe (contén erros de inglés escrito ás presas).

Veremos como remata a cousa. Teño curiosidade por saber se estou errado ou se hai un novo caso de incumprimento da GPL.

asennadas

Chuzame! chuzame -

GPL vence a Skype

Segundo sinala o titular da fonte desta nova, "The GPL wins in Germany - again" (A GPL gaña en Alemaña - de novo), referente ao caso Skype vs. GPL-Violations levado adiante por Harald Welte. O anuncio de Welte aclara o resultado final, comentando o moito que custou sacala adiante.

Curiosamente hoxe mesmo escribín un artigo titulado "Propietario ou Privativo?" advertindo de violacións da GPL por confundiren SwL con que "podo facer todo o que queira con el". Si, certo, sempre que respectes os termos da súa licenza, especialemente referidos á continuidade da mesma, a dispoñibilidade pública do código fonte e mailo recoñecemento á súa autoría.

Procurando máis na web, atopei esta entrada en Br-Linux con detalles retrospectivos aclaradores:

Lembra do caso que tramitava na justiça alemã em que desenvolvedores do Linux (representados por Harald Welte, do gpl-violations.org) questionavam a Skype Technologies pela distribuição de um telefone IP com Linux sem a disponibilização do código fonte dos softwares livres envolvidos?

(...)

Os magistrados convenceram os advogados da Skype que eles estavam em um mato sem cachorro, e que ainda que eles provassem que a licença não valia - algo que eles não fizeram, nos autos - aí eles não teriam qualquer outra licença que lhes permitisse distribuir os softwares que vêm distribuindo há anos.

Skype tentou unha nova estratexia, a diferencia do que no seu dia fixera SCO. Quería probar perante os tribunais que a GPL infrinxía a lexislación alemá, especificamente ás leis anti-trust.

Significativo é o parágrafo sobre este mesmo tema en Groklaw: "A quen non lle guste a licenza, non ten que empregala, tan só escribe o teu propio código. Pero se queres usar código GPL, a licenza vai con el. É un acordo de conxunto. Grazas".

Unha vez máis, queda claro o poder do SwL, mesmo no eido legal.

asennadas

Chuzame! chuzame -