Canto gasta a Administración en software?

Javier de la Cueva reflexiona sobre este dereito da cidadanía. De la Cueva sinala que no Consello de Ministros do 31 de xullo de 2009 publicouse un «ACORDO polo que se formalizan os criterios de distribución, así como a distribución resultante, para o ano 2009, dos créditos orzamentarios para a aplicación do programa Escola 2.0, aprobados pola Conferencia Sectorial de Educación«.

Que di ese acordo? En esencia, e para resumilo, distribúe os 100 millóns de euros que se destinan «á transformación nos vindeiros catro anos das aulas tradicionais de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria en aulas dixitais dotadas con pizarras dixitais e conexión inarámica a Internet, nas que o profesorado disporá dun ordenador portátil e nas que cada alumno traballará cun ordenador persoal ultraportátil«.

Relaciona esta nova co anuncio do recente borrador (22 de xullo 2009) de Novo Plan Xeral de Contabilidade Pública. Nos documentos presentados como borrador, omítese especificar unha conta para os gastos en software. Podes constatar esta ausencia na páxina 431 da parte cuarta do borrador do plan de contabilidade pública. Na norma vixente ata a data, tampouco figura unha conta para este gasto en propiedade intelectual.

«Polo tanto, non hai xeito de saber canto gasta a Administración central en software, xa que non hai unha conta para anotar devandito gasto. Malia que si existe unha conta para a propiedade industrial (conta 621) non existe para a propiedade intelectual e os gastos por este concepto anótanse noutras contas, tales como gastos de oficina ou suministros, ou se integran sen máis no prezo do equipo«.

De la Cueva razona que «para estar aberto ás posibilidades da tecnoloxía primeiro ha de coñecerse o seu custo. Sen ese dato, non é posible tomar nin decisións correctas nin incorrectas, xa que só é posible tomar decisións cegas. Dos cen millóns de euros, a decisión de implantar un sistema operativo privativo ou un de software libre terá un custo económico en licenzas, custo que descoñeceremos ante a inexistencia da conta na contabilidade pública«.

Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

6 razóns para licenciar baixo (A/L)GPL

O programador Zed Shaw comenta as 6 razóns para licenciar o seu traballo baixo (A/L)GPL e curiosamente ningunha de las refírese á liberdade de quen vai usalo.

Zed leva «décadas desenvolvendo software, algúns con éxito» e meditou moito sobre ilo, sobre todo con aquelas persoas que propugnan licenzas de tipo BSD ou MIT. Velaquí están resumidas as súas 6 razóns:

  1. Por que é o seu dereito de autor e, polo tanto, por que el o quere así. Se a ti non che gusta, simplemente nin tan sequera uses o seu software.
  2. Non sentirse ignorado de novo (refiríndose á súa experiencia co exitoso proxecto Mongrel) dado que nin sequera recibiu mención sobre ilo, algo que Zed di que «necesita«.
  3. As empresas tecnolóxicas están deseñadas para seren creadas e destruídas rapidamente por entidades de Capital Risco (Venture Capital). Estas non teñen ningún incentivo que ofertarlle e polo tanto Zed tampouco ten ningún incentivo social para «darlles» o seu software.
  4. Para esixir que os demais sexan honestos. «Se é bo, paga por el» e non se adiquen a plaxiar o traballo doutros.
  5. Para aumentar a súa motivación a seguir desenvolvendo un «proxecto open source, teño que cobrar por ilo«.
  6. Valor percibido. Cre que a xente non lle dá valor a aquilo que non se lle cobra.

Estás ti de acordo? No seu artigo tes estas razóns ampliadas así como opinións doutras persoas nos comentarios e na fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Navegador Chromium, instalando e probando

Google Chrome é un navegador web desenvolvido por Google e compilado en base a compoñentes de código aberto como o motor de renderizado WebKit e a súa estrutura de desenvolvemento de aplicacións (Framework).

Chromium é o proxecto de software libre detrás de Google Chrome. A porción realizada por Google está amparada por licenzas de uso BSD e Creative Commons attribution 2.5, con outras partes suxeitas a unha variedade de licenzas de código aberto permisivas incluíndo MIT License, Ms-PL e a tripla licenza MPL/GPL/LGPL. Polo tanto, pode ser considerado como libre maila dispor de licenzas incompatibles coa GPL como é o caso da MPL.

Decidín probalo tralo anuncio dunha primeira versión alpha para GNU/Linux e atopei este artigo onde din como incluir un repositorio propio e esqueceres de actualizacións manuais.

Velaquí o que debes facer (en Ubuntu Jaunty):

Incluir o repositiorio

deb http://ppa.launchpad.net/chromium-daily/ppa/ubuntu jaunty main

Incorporar as chaves GPG e instalalo:

gpg --keyserver keyserver.ubuntu.com --recv 4E5E17B5
gpg --export --armor 4E5E17B5 | sudo apt-key add -
sudo apt-get update
sudo apt-get install chromium-browser

Primeira sorpresa, que velocidade de arranque! Moita simpleza xeral, se cadra demais pois tes que animarte a investigar un chisco (ben pouco) como xestionar marcapáxinas e outras opcións, todo en inglés.

Chromium distínguese inicialmente de Chrome polas cores. O logo do Chromium é en tons azuis, o Chrome é catricor.

As animacións en flash aínda non rulan de xeito predeterminado.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

M$ demanda a Tom Tom que tamén viola a GPL

A recente demanda de Micro$oft contra Tom Tom, por presunta violación de varias patentes, puxo ao descuberto que varias compañías poderían estar a violar a GNU/GPL. Steven J. Vaughan-Nichols está a investigar estas posibles violacións da GNU/GPL, que estarían relacionadas con acordos secretos para o licenciamiento da patente de FAT de Microsoft.

«Así que, mentres sabemos que hai polo menos 18 asinantes de licenzas FAT LFN, aínda descoñecemos que compañías asinaron eses acordos. Esta información é mantida en segredo por Micro$oft e estas compañías son ben conscientes das consecuencias legais referidas ao código fonte aberto que podería resultar a partir de admitir estes acordos de patentes. A máis importante razón de por que especificamente estes acordos están baixo un NDA [Non-Disclosure-Agrerment, acordo de confidencialidade] é que calquera compañía que acepte unha licenza híbrida de patente, sen cubrir aos seus destinatarios finais, é dicir, os usuarios, é unha violación directa á GPLv2 sección 7.«

Noutras palabras, quen asinen, ou asinen, acordos de licenciamiento con Microsoft para evitar ser demandados por violacións de patentes de Microsoft, están a violar a GNU/GPLv2 e GNU/GPLv3.

Probablemente comezarán a xurdir campañas para deixar de utilizar FAT32, de maneira similar a como se fixo no pasado coas imaxes en formato GIF, cuxa patente é propiedade de Unisys, xa expirou, involucraba o formato de compresión LZW, o cal practicamente orixinou o nacemento do formato PNG como alternativa. O caso de Unisys deixou varias leccións para meditar. Tamén converteu a Unisys nunha compañía coa que todo o mundo negábase traballar ou relacionarse. É tempo de pensar en crear un formato alternativo a FAT16/FAT32/NTFS, libre de patentes, que sexa utilizado como estándar para a industria?

A fonte apunta cara Linux Weekly News.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

CC0 ou Creative Commons Cero, Universal

CC0 (Creative Commons Zero) é unha ferramenta na se que estivo a traballar dende decembro de 2007 e nestes dias vén de acadar a versión 1.0.

CC0 é máis unha renuncia ca unha licenza. É un intento da Creative Commons de mellorar o sistema de dominio público facéndoo máis internacionalizable e resolvendo os problemas que se atopan para pór algunha creación baixo o dominio público.

A idea é que, no canto de licenciar a túa creación con diversas restricións, poidas renunciar aos teus dereitos tanto como sexa posible, incluídos os dereitos morais, legalmente irrenunciables na LPI (Lei da Propiedade Intelectual) como sinala o seu artigo 14. Isto déixame en dúbida sobre a súa aplicación legal no noso estado precisamente por seren irrenunciables os dereitos morais.

Daquela de seu non se trata de dominio público porén comporte teoricamente os mesmo efectos.

Para obter a renuncia CC0 tes que seguir os mesmo pasos cós que dunha licenza normal CC coa diferenza de que tes que activar o elemento clickwrap para expresamente renunciar aos teus dereitos morais.

Tes máis información no wiki de CC, na fonte e neste artigo que analiza á CC0 en profundidade.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

IV Xornadas de SwL en Monforte

O departamento de informática do IES A Pinguela, de Monforte de Lemos, organiza as IV Xornadas de Software Libre para os vindeiros días 12 e 13 de febreiro en horario de 10 a 13 horas.

O evento conta co seguinte programa:

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Estudo sobre a validez xurídica da licenza GPL v3 na contorna normativa española

Elena Pérez Gómez (Sánchez-Crespo Abogados y Consultores) vén de rematar e deixar para a súa descarga o estudo sobre a validez xurídica da licenza GPL v3 na contorna normativa española dos dereitos de autor e outras licenzas Opensource. É unha nova versión que actualiza a feita en xuño de 2007.

No ano 2006 xa publicaran unha primeira versión sobre a GPL 2 que actualizamos en decembro dese mesmo ano con motivo das modificacións introducidas na Lei de Propiedade Intelectual española. A versión sobre a GPL v2 podédela descargar nesta ligazón.

Ademais do estudo referido á versión 3 da GPL, nesta ocasión, o informe inclúe a partires da páxina 39 un resumo doutro tipo de licenzas opensource para que poidan verse as diferenzas e similitudes entre todas e ver as compatibilidades e incompatibilidades. Entre estas están as MPL, BSD, Affero, Apache, CCDL, etc.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Goberno do Brasil leva aforrados 55 millóns de euros grazas ao SwL

O presidente do Serpro (Serviço Federal de Processamento de Dados), Marcos Mazoni (de quen comentei xa algo nesta entrada) dixo que, co uso de distribucións abertas GNU/Linux en órganos gobernamentais, deixouse de gastar máis de R$ 150 millóns (uns 55 millóns de euros) nos últimos anos.

Só co Expresado (solución libre de correo-e, axenda, catálogo e fluxo de traballo) foron aforrados R$ 30 millóns (~11 millóns de euros), «e olhe que ele ainda está sendo instalado.  Já está no Serpro, grande parte do Ministério da Fazenda, Presidência da República, Fundação Chico Mendes… Quando estiver no governo como um todo, a economia será bem maior«, di Mazoni.

O Serpro está facendo un novo análise sobre o uso de software de código aberto no goberno, que debe estar listo a fin deste mes. Segundo Mazoni, alén do propio Linux nas estacións de traballo dos órganos públicos, as estrelas entre os programas libres usados son a oficina electrónica representado polo BrOffice (con procesadores de textos, follas de cálculo, presentacións etc), sistemas de bases de datos como o Postgres, e aplicacións desenvolvidas na linguaxe Java, «que não nos obrigam a ter um sistema operacional proprietário nas máquinas«.

«Temos um sistema estruturante próprio (framework), e se isso fosse proprietário custaria uns R$ 20 milhões. Seu uso gera economia direta, e isso sem falar dos programas e soluções desenvolvidos com suas ferramentas«, di. «Por isso, as políticas de incentivo em TI devem fazer com que o sistema de desenvolvimento de programas siga a lógica do software livre, uma lógica de cooperação em que o trabalho seja remunerado, e não os royalties«.

«Ao fazer essa opção, diz, o governo sinaliza um caminho diferente para a indústria e o comércio, em que a evolução tecnológica anda de mãos dadas com a evolução do conhecimento (e da própria sociedade, o que é no fim das contas o objetivo principal da filosofia do free software)«.

Na parte final do evento carioca Free Software Rio, Mazoni comparou a cuestión do software á invención do avión e á eterna rixa entre os irmáns Wright e o brasileiro Santos Dumont. Mentres os primeiros levaran dez anos para perfeccionar o seu invento, xa estaban creando coñecemento propietario con vistas a patentes e pouco podían contar con estándares coñecidos, Santos Dumont creou o 14 Bis nun ano usando todo o coñecemento público dispoñíbel sobre aerodinámica na época. Despois, cando creou o Demoiselle, liberou todos os datos sobre el. «Foi a primeira licenza Creative Commons da Historia«.

Fonte.

Enténdase ben, os 55 millóns de euros aforrrados son só no goberno federal. A cifra global do aforro de todo o país, incluíndo gobernos dos 26 estados, prefeituras, empresas, outras entidades e persoas físicas, é outra ben maior.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Freedomdefined.org, licenzas para obras culturais libres

Un dos moitos sitios web recomendados polos que interviron nas pasadas Xornadas de Dereito TIC foi o de freedomdefined.org.

Trátase dunha documentación feita con metodoloxía wiki que define as «obras culturais libres» (Free Cultural Works) como obras ou expresións que poden ser libremente estudadas, aplicadas, copiadas e/ou modificadas por calquera, para calquera propósito. Tamén describe certas restricións admisibles que respectan ou protexen esas liberdades esenciais. A definición distingue entre obras libres e licenzas libres que poden usarse para protexer legalmente o status dunha obra libre. A propia definición non é unha licenza, senón unha ferramenta para determinar se unha obra ou licenza debería considerarse «libre».

Alén do amplo contido do sitio, destacaría o cadro resumo e comparativo das licenzas.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

GNU Free Doc License 1.3 permite migrar a CC

Vén de saír á luz a versión 1.3 da GNU Free Documentation License coa súas FAQ (preguntas frecuentes). Esta é unha licenza moi pouco usada agás por ser empregada no octavo sitio web máis visitado, a Wikipedia.

Nesta versión inclúense métodos especiais para permitir re-licenciar contidos baseados en ferramentas wiki desde a propia GFDL cara a moito máis sinxela Creative Commons Attribution-ShareAlike license 3.0 (atribución-compartir como igual), tal e como foi solicitado pola Fundación Wikimedia.

Wikipedia planexa facer unha consulta pública para decidir cando e como migrar cara CC-BY-SA. O debate xa deu comezo e semella estar quente e duro.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Licenzas de Software Libre e mailo seu contexto

Grazas a un correo-e de Keko (OuSLi) entérome dun número da revista NovATIca adicado exclusivamente ao campo lexislativo no ámbito das TIC co título «Licenzas de Software Libre e mailo seu contexto«.

Este número ten todos os seus artigos descargables:

  • O amplo mundo das Licenzas de Software Libre
  • A protección xurídica dos programas de computador no Dereito Español
  • Fundamentos ideolóxicos e efectos reais do modelo vixente de propiedade intelectual
  • O marco legal das licenzas de programas de ordenador: ten límites a vontade do licenciador?
  • Reflexións xurídicas sobre as licenzas ‘libres’ de programas de computador no ámbito da Administración Pública
  • Software Libre en Estremadura, historia dunhas boas razóns
  • Creative Commons: licenzas de contido aberto para regular traballos creativos
  • As publicacións científicas: o papel dos Estados na era das TIC
  • e varios máis.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Oficina de Software Libre da USC libera documentos

A recén inaugurada Oficina de Sw Libre da USC vén de liberar uns documentos sobre Licenzas de Software Libre, que formarán parte dun estudo posterior sobre o licenzamento de distinta tipoloxía de obra. Representan o esquema e tipoloxía das licenzas, sen esquencerse da base legal dunha lincenza.

A súa vez a licenza dos mesmos é GFDL 1.2.

Lido en Barrapunto e en Mancomun.org.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp