Canto gasta a Administración en software?

Javier de la Cueva reflexiona sobre este dereito da cidadanía. De la Cueva sinala que no Consello de Ministros do 31 de xullo de 2009 publicouse un “ACORDO polo que se formalizan os criterios de distribución, así como a distribución resultante, para o ano 2009, dos créditos orzamentarios para a aplicación do programa Escola 2.0, […]

6 razóns para licenciar baixo (A/L)GPL

O programador Zed Shaw comenta as 6 razóns para licenciar o seu traballo baixo (A/L)GPL e curiosamente ningunha de las refírese á liberdade de quen vai usalo. Zed leva “décadas desenvolvendo software, algúns con éxito” e meditou moito sobre ilo, sobre todo con aquelas persoas que propugnan licenzas de tipo BSD ou MIT. Velaquí están […]

Navegador Chromium, instalando e probando

Google Chrome é un navegador web desenvolvido por Google e compilado en base a compoñentes de código aberto como o motor de renderizado WebKit e a súa estrutura de desenvolvemento de aplicacións (Framework). Chromium é o proxecto de software libre detrás de Google Chrome. A porción realizada por Google está amparada por licenzas de uso […]

M$ demanda a Tom Tom que tamén viola a GPL

A recente demanda de Micro$oft contra Tom Tom, por presunta violación de varias patentes, puxo ao descuberto que varias compañías poderían estar a violar a GNU/GPL. Steven J. Vaughan-Nichols está a investigar estas posibles violacións da GNU/GPL, que estarían relacionadas con acordos secretos para o licenciamiento da patente de FAT de Microsoft. “Así que, mentres […]

CC0 ou Creative Commons Cero, Universal

CC0 (Creative Commons Zero) é unha ferramenta na se que estivo a traballar dende decembro de 2007 e nestes dias vén de acadar a versión 1.0. CC0 é máis unha renuncia ca unha licenza. É un intento da Creative Commons de mellorar o sistema de dominio público facéndoo máis internacionalizable e resolvendo os problemas que […]

IV Xornadas de SwL en Monforte

O departamento de informática do IES A Pinguela, de Monforte de Lemos, organiza as IV Xornadas de Software Libre para os vindeiros días 12 e 13 de febreiro en horario de 10 a 13 horas. O evento conta co seguinte programa: Xoves 12 Achegamento ao SwL, por Saúl Vérez Fernández, SCA Informática. Facendo Galinux, por […]

Estudo sobre a validez xurídica da licenza GPL v3 na contorna normativa española

Elena Pérez Gómez (Sánchez-Crespo Abogados y Consultores) vén de rematar e deixar para a súa descarga o estudo sobre a validez xurídica da licenza GPL v3 na contorna normativa española dos dereitos de autor e outras licenzas Opensource. É unha nova versión que actualiza a feita en xuño de 2007. No ano 2006 xa publicaran […]

Goberno do Brasil leva aforrados 55 millóns de euros grazas ao SwL

O presidente do Serpro (Serviço Federal de Processamento de Dados), Marcos Mazoni (de quen comentei xa algo nesta entrada) dixo que, co uso de distribucións abertas GNU/Linux en órganos gobernamentais, deixouse de gastar máis de R$ 150 millóns (uns 55 millóns de euros) nos últimos anos. Só co Expresado (solución libre de correo-e, axenda, catálogo […]

Freedomdefined.org, licenzas para obras culturais libres

Un dos moitos sitios web recomendados polos que interviron nas pasadas Xornadas de Dereito TIC foi o de freedomdefined.org. Trátase dunha documentación feita con metodoloxía wiki que define as “obras culturais libres” (Free Cultural Works) como obras ou expresións que poden ser libremente estudadas, aplicadas, copiadas e/ou modificadas por calquera, para calquera propósito. Tamén describe […]

GNU Free Doc License 1.3 permite migrar a CC

Vén de saír á luz a versión 1.3 da GNU Free Documentation License coa súas FAQ (preguntas frecuentes). Esta é unha licenza moi pouco usada agás por ser empregada no octavo sitio web máis visitado, a Wikipedia. Nesta versión inclúense métodos especiais para permitir re-licenciar contidos baseados en ferramentas wiki desde a propia GFDL cara […]

Licenzas de Software Libre e mailo seu contexto

Grazas a un correo-e de Keko (OuSLi) entérome dun número da revista NovATIca adicado exclusivamente ao campo lexislativo no ámbito das TIC co título “Licenzas de Software Libre e mailo seu contexto“. Este número ten todos os seus artigos descargables: O amplo mundo das Licenzas de Software Libre A protección xurídica dos programas de computador […]

Oficina de Software Libre da USC libera documentos

A recén inaugurada Oficina de Sw Libre da USC vén de liberar uns documentos sobre Licenzas de Software Libre, que formarán parte dun estudo posterior sobre o licenzamento de distinta tipoloxía de obra. Representan o esquema e tipoloxía das licenzas, sen esquencerse da base legal dunha lincenza. A súa vez a licenza dos mesmos é […]