Análise da popularidade de GNU/Linux no mundo
O mapa de GNU/Linux está constantemente cambiando cunha comunidade moi forte tanto desenvolvendo como usando. Mais, onde é máis popular? Cales distros son as máis populares?
Para respostar estas cuestións Royal Pingdom ollou os datos obtidos pola ferramenta de Google nomeada Insights for Search.
Alén de procurar Linux incluíronse varias distros: Ubuntu, OpenSUSE, Fedora, Debian, Red Hat, Mandriva, Slackware e Gentoo.
Como determinaron a popularidade?
Ollando por termos específicos e por rexións. Por exemplo, “Linux” ou “Ubuntu” por zonas. Google chámao “interese rexional”.
Se unha alta proporción de procuras nun país refírense ao termo “Linux” isto debería indicar o popular que é GNU/Linux nese país ou alomenos o nível de interese.
Popularidade global de Linux
A nível global, o interese por GNU/Linux semella ser máis elevado en India, Cuba e Rusia, seguido da Chequia, Indonesia e Bangladesh. O primeiro país occidental en popularidade é Alemaña co 10º posto na xeral.
Popularidade global de distribucións
Das oitos seleccionadas obténse estes resultados:
- Ubuntu é máis popular en Italia e Cuba.
- OpenSUSE o é en Rusia e Chequia.
- Red Hat en Bangladesh e Nepal.
- Debian en Cuba.
- Cuba está no top-cinco con tres das oito distros elexidas na enquisa.
- Indonesia está no top-cinco con catro.
- Rusia e Chequia están con cinco no top-cinco.
- EE.UU. non está no top-cinco de ninghuna disto.
Persoalmente considero que os resultados ofrecidos son un tanto ilusorios dado que rexións e países como Estremadura ou Brasil apenas figuran encabezando as listas sendo os pioneiros neste eido. Probablemente porque o conxunto de usuarios e desenvolvedores han ir directamente a portais especializados e ben maduros.
Estas e outras puntualizacións poderían engadirse, con certeza.
O estudo foi atopado grazas a esta fonte.
chuzame -
En: AGNIX, FLOSS, Internet por Roberto Brenlla
3 Comentarios »
A
Sabemos das importantes aportacións que o proxecto
Kerala
O coñecido editor Steven J. Vaughan-Nichols (DesktopLinux, eWeek, Linux-Watch...) inclúe no seu
A resposta é a E) Ningunha das anteriores toda vez que
Linus Benedict Torvalds (na Wikipedia en
De acordo cun
Sábado 26 e Domingo 27 de Abril no Ateneo Ferrolán, terá lugar o 3º Hack Meeting [GNU/Linux] organizado por Unión Libertaria.