Ganeti, xestor de servidores virtuais liberado por Google

Google Inc. vén de lanzar baixo licenza GPLv2 o seu software xestor de servidores virtuais. Ganeti, está dispoñible en Google Code onde comezou sendo un pequeno proxecto na oficina da Google en Zúric (Zürich, Suiza) e desde o inicio vén sendo usado internamente polo propio equipo da xigante das buscas online. O Ganeti é capaz […]

Optimizando un kernel

Teño un portátil Dell XPS M1330 que véu cunha Ubuntu e agora o teño actualizado á versión 9.04. Case todo é de Intel (tarxetas de son, gráfica, rede, procesador…). É unha mágoa que un distribuidor de hardware como Dell non se tome a molestia de deixar optimizado o kernel dos seus equipos e sinxelamente instale […]

Google Chrome OS, sistema operativo

Tralo esforzo feito nos últimos anos por Google para desenvolver un máis ca competente conxunto de aplicacións baseadas na web e maila presentación de Google Chrome hai nove meses, finalmente é oficial: Google está desenvolvendo o seu propio sistema operativo, chamado Google Chrome Operating System ou Google Chrome OS. “A nosa intención é volver pensar […]

Bolsa de Londres abandona plataforma M$

“Quen fora tolo dabondo para crer que o software de Microsoft era suficientemente bo para ser empregado en operacións de misión-crítica recibíu unha boa bofetada este pasado setembro cando o sistema Windows TradElect da LSE (London Stock Exchange) levou ao mercado a unha parada de case unha xornada laboral enteira. Aínda que a LSE negara […]

Análise histórico da lista top500.org

Manuel Xosé Lemos fixo unha recolleita de datos da lista dos maiores 500 supercomputadores ofrecida pola web top500.org desde a data 06/1993. O resultado podes ollalo neste PDF (licenza CC-by-sa). Nel obsérvase que a familia de sistemas operativos agrupados na categoría “Linux” entrou na lista en 06/1998 e desde entón ata hoxe o seu crecemento […]

Linux suma outros 4 supercomputadores na lista top500

Souben por Eskorpio da publicación da nova lista dos 500 maiores supercomputadores do mundo feita por top500.org para o primeiro semestre de 2009. Desta vez, seleccionando por familia de sistemas operativos (Operating system Family) os resultados amosan que, respecto da anterior lista, “Linux” rabuñou outros catro supercomputadores máis ao resto de sistemas, elevando a súa […]

Invisible Linux

Para Jim Zemlin, director executivo da Linux Foundation, xa non necesitas preocuparte polo teu sistema operativo. Así o reflicte este artigo referíndose aos múltiples trebellos (gadgets) que están aparecendo no mercado. E segue. Non compras un sistema operativo. Compras un gadget que executa un programa. O gadget e o seu software son unha unidade. O […]

Cursos da Linux Foundation

Linux Foundation está ofrecendo os seus primeiros cursos online de tan só dous dias de duración cada un. Estes cursos foron demandados por persoas interesadas en dispor de formación neutral, independente de empresas forncedoras. Pretenden ser cursos tecnicamente avanzados, feitos en conxunción cos actuais líderes da comunidade de desenvolvemento do kernel Linux. Os cursos dispoñibles […]

Apoiando economicamente á FSF e a Linux Foundation

Sábese de moitas maneiras de contibuir co Software Libre, desde o seu simple uso, pasando por localizar, desenvolver, difundir… ata apoiar economicamente. Se queres apoiar á FSF (Free Software Foundation) podes dirixirte a esta páxina onde atoparás distintas modalidades de contribución económica. Basicamente son dúas: membro asociado (desde 120 a 500 dólares/ano ou máis -estudantes […]

Creando aplicacións para Android

No boletín semanal de noticias de IBM publicado onte destaca un artigo adicado a crear unha primeira aplicación para a plataforma Android. Como se sabe, Android é unha contorna operativa completa baseada no núcleo Linux® V2.6. De entrada, o obxectivo comercial marcado para Android foi o sector de telefonía móbil. Porén, o rango completo dos […]

And the winner is…

O anunciado concurso “We’re Linux” promovido pola Linux Foundation xa ten gañador: Linux AD – What does it mean to be free? [gv data=”qWEIQIv8zvY”][/gv] Foi comunicado en Twitter. Os cinco finalistas foron estes. asennadas

Anunciados os cinco finalistas de I’m Linux

Os cinco videos finalistas no concurso “We’re Linux” son: O futuro é aberto (The Future is Open) http://video.linuxfoundation.org/video/1271 A orixe… (The Origin…) http://video.linuxfoundation.org/video/1262 Publicidade Linux – Que significa ser libre? (Linux AD – What does it mean to be free?) http://video.linuxfoundation.org/video/1106 Desafíos na Oficina (Challenges At The Office) http://video.linuxfoundation.org/video/1261 Publicidade Linux -con e sen subtítulos- […]