Titorial sobre Linux embebido

LinuxDevices.com vén de anunciar o primeiro titorial de Linux embebido escrito polos enxeñeiros de Simtec  Sanders e Silverstone. O titorial baséase en Debian ou Ubuntu e pode servir de base para quen pretenda deseñar ou ofrecer novos equipamentos para misións específicas. As súas principais seccións son: Axustando os obxectivos e requerimentos Anatomía dun sistema Linux […]

Servidor libre e económico para enchufe

É un trebello pequerrecho con SwL, endadrado na categoría plug computer, pensado para domótica ou calquera outro conxunto de servizos de rede pois ofrece abertamente as súas características para ser adaptado ou mellorado. O SheevaPlug é unha plataforma de desenvolvemento que inclúe unha CPU a 1.2 GHz e 512 MB tanto de RAM como Flash. […]

COMO facer un virus para GNU/Linux

O amigo Tonio mandoume unha ligazón interesante: How to write a Linux virus in 5 easy steps. Traduzo e resumo libremente o comezo do tal artigo: O rumor dunha arquitectura Linux a proba de balas Hai este rumor de que Linux está libre de virus. Din que a herdanza multiusuario de Linux (e outros *nix) […]

Linus Torvalds defende existencia de múltiples distros

Baixo un título semellante aparece en Br-Linux unha entrevista que lle fixeron a Linus Torvalds (orixinal en inglés, tradución completa en pt-br) na que afondan en diversos temas. Sobre o controverquido tema das múltiples distros, o entrevistador pregunta: Vostede pensa que é bo termos tantas distribucións? Debería existir un esforzo colaborativo para unha única distribución […]

PlayOnLinux 3.3

Vén de anunciarse unha nova versión de PlayOnLinux, nomeadamente a 3.3. PlayOnLinux é unha peza de sofware que che permite instalar e usar numerosos xogos deseñados para executarse no privativo Microsoft®’s Windows®. É o maior cambio no comportamento de Wine, non é sobre gráficos ou implementación de scripts senón en canto a código interno xa […]

Fundación Linux procura o mellor video promocional

Seguindo a ligazón que recomendo rapidamente mediante Google Reader, destacaba que a Linux Foundation está a realizar un concurso co galo de premiar ao mellor video promocional sobre Linux e así dar resposta ás campañas comezadas por Mac o seu “I’m a Mac” ou o protagonizado polo humorista Jerry Seinfeld para Micro$oft “I’m a PC“. […]

Prof. Tanenbaum amosa cal é o sistema operativo ideal

A batalla entre o creador do Minix Andrew S. Tanenbaum e Linus Torvalds é lendaria no mundo dos sistemas operativos. Antes de Linux había Minix. Torvalds creou a súa primeira versión de Linux en 1991 sobre o sistema do profesor Tanenbaum. Agora, o sr. Tanenbaum decidiu escribir un artigo para Linux Magazine. A súa opinión […]

Portátil con Linux que arranca en segundos

Good OS, máis coñecido como o gOS Linux que debutara nos hipermercados Wal-Mart, vén de anunciar “Cloud” un novo sistema operativo que arranca en segundos dentro dun navegador con Google, Yahoo! e Live, opcionalmente dentro de Window$. Cloud amosou o GIGABYTE Touch-Screen Netbook na Netbook World Summit e na rede neste enderezo: http://www.thinkgos.com. Nese sitio […]

Por que Linux é mellor?

Sabía do sitio web “Why Linux is better?” e desta vez atópome de volta con el a través desta nova. Trata dunha web que de xeito gráfico enumera moitas das vantaxes que fornece o SwL. Premendo en cada unha destas imaxes obtés máis información sobre algún aspecto concreto. Tamén tes os poucos casos onde deberías […]

Por que non me gusta Canonical, segundo alguén de Mandriva

Traducido deste artigo, atopado nesta fonte. Lendo o blog de Adam Williamson atopámonos cunha reflexión moi interesante sobre as razóns que ten para estar en desacordo con Canonical e co Señor Mark Shuttleworth. Para quen non o saiba Canonical é a empresa que promove o desenvolvemento de Ubuntu. Fóra de polémicas, a maioría dos comentarios […]

O meu fillo chámase -Linux-

Leo en Linux.com que un lector sueco escribiu á redacción dicindo que el e a súa parella han chamar ao seu fillo “Linux“. Nielsen e Veronica pensaron un monte de nomes durante o embarazo “pero finalmente ocorréusenos un. Nolos dous pensamos que o neno semellaba un Linux pequerrecho e daquela decidimos chamalo así”. O artigo […]

LinuxLeak, un Popurls para SwL

Vén de aparecer un novo portal tecnolóxico de agregación de novas nomeado LinuxLeak, moi semellante ao popurls só que adicado adicado a Linux e SwL. Fonte. asennadas