Corinto Meffe comenta o I FSL Luanda

Un dos meus acompañantes no evento de Angola, nomeadamente Corinto Meffe, fixo unha boa descrición do que, baixo o seu punto de vista, aconteceu no dia do evento do "I Fórum de Sw Livre de Luanda" así como os instantes previos á súa partida xusto ao dia seguinte a media mañá.

O artigo de Corinto.

Chuzame! chuzame -

I FSL Luanda, o evento

O evento do "I Fórum de Software Livre de Luanda" aconteceu o sábado 28 de xuño organizado pola ASL-Angola ("Associação Software Livre Angola").

Persoalmente califico con matrícula de honra á organización e moi especialmente a Marcio Cándido pois a pesares de ter que trocar a grade (axenda) por mor de diversos acontecementos, a saber, dificultades cos vistos para pasaporte, relatores que non poideron vir, voos ateigados e sen prazas libres, etc, todo saíu á perfección. O lugar seleccionado (Hotel Alvalade), a puntualidade das palestras, a infraestrutura xeral... todo estivo perfecto. A isto hai que engadir o ambicioso obxectivo da organización en convertirse no referente africano nesta materia polo que axiña saberemos de máis fórums. Parabéns.

Trala apertura oficial do Fórum por parte das autoridades o evento celebrouse en dúas salas simultáneas, unha máis técnica e outra máis xeneralista. Tiven a sorte de facer a apertura das xornadas ofrecendo, unha vez máis, o 'achegamento' á materia. Tendo en conta que o evento tiña como unha parte importante de alumnado de Enxeñaría Informática e outra de xentes afíns ao Sw Privativo, fiquei sorprendido coa cantidade e intensidade do debate final.

Alberto Sato tivo moito éxito na sala técnica dado que en Angola tiñan interese no Asterisk. Corinto Meffe, representando ao goberno brasileiro, amosou a estratexia englobada no "Software Público" (que non de dominio público pois sigue a GPL...).

Chamoume a atención o "Projecto Software Livre da CNTI", palestra comandada por Juliana Luzolo Ngundo e compartida co brasileiro Ariel Frozza da Mandriva. Presentaron o Angolinux baseado en Mandriva, e o Aden, específica para cibercafés, moi importante dado que a penetración de internet na poboación apenas ronda o 2%.

Tamén tiven a sorte de rematar a serie de palestras amosando a realidade galega. Chamou poderosamente a atención do público a historia común, a proximidade cultural grazas á língua (as palestras deixeinas escritas en galego), o reducido número de habitantes (até menor có da capital Luanda), o elevado número de asociacións, as funcións de Mancomun.org e mailo seu éxito en Europa, as iniciativas tradutoras, como naceu a nosa empresa (C.T.I. TEGNIX), a asociación de empresas AGASOL.... así ata cubrir todo o meu tempo dispoñible.

En resumo, o evento superou con creces as expectativas deixándome coa fe en que Angola é capaz de liderar en África a implantación do Sw Libre.

Deixo unha selección de fotos ás que axiña lles engadirei comentarios. Outra serie delas tamén están no álbum de Marcio.

Chuzame! chuzame -

I FSL Luanda (080625-26), xusto antes do evento

Xentes, xa estou de volta na Coruña!

Por mor do evento en si, os compromisos e maila viaxe de volta non puiden escribir nada e menos conectarme a internet.

Polo de agora deixo un video feito desde o asento traseiro do coche de Mauro amosando a viaxe de retorno ao hotel desde un restaurante que 'factura por peso'.

Deixo tamén un video que require unha outra entrada no blog porque ao final pasamos un gran susto que marcaría o resto da miña estadía na Angola.

 

Corinto Meffe ten a súa propia opinión, non exactamente compartida por min. Por exemplo, non concordo con el cando di que "Mauro foi obrigado a sair do carro a discutir..." porque Mauro saiu voluntariamente do seu carro.  Ou tamén cando sinala que " Em função do susto do Roberto ficamos com pouca mobilidade pela cidade e passamos boa parte do tempo no quarto do hotel". Acho que só eu, teimosamente certo, quixen ficar no hotel mas iso non supuxo ningunha obriga a ninguén a seguir a mesma actitude.

Chuzame! chuzame -

I FSL Luanda (080626) comeza pasado mañá

angola_asl.jpgA ASL-Angola (Associação Software Livre Angola), organizadora do evento, tivo que trocar a grade (axenda) por mor dos últimos acontecementos, a saber, dificultades cos vistos para pasaporte, relatores que non poden vir, voos ateigados e sen prazas libres, etc.

Daí que o evento comece mañá, dia 28 de xuño, tendo dúas salas con sesións simultáneas. Teño a sorte de inaugurar unha delas xusto despois do acto de apertura e tamén de pechar o evento contando as experiencias galegas nesta materia.

I Fórum de Software Livre de Luanda

asennadas

Chuzame! chuzame -

I FSL Luanda (080624-25), chegada e primeiro dia en Luanda

Con Mauro nos A viaxe a Angola foi moi boa, sen turbulencias nas sete horas que durou. Cheguei de noite, ás 19 hs, e todos os pasaxeiros tivemos que pasar por interminables colas coas que fichaban a nosa entrada enchendo de carimbos todos os documentos. Tanto así que a media dúcia de persoas 'carimbando' parecían en batalla cando coinicidían todas elas a facer o mesmo, un ruido moi característico.

Tras unha hora de espera comezou a saída real do edificio e, tal como mo prometera, Marcio estaba alá co seu primo Mauro esperando. Foi un alivio, con certeza. Daí ao hotel, un edificio para deportistas, a carón do estadio dos "Palancas Negras", o club de fútbol da capital.

O cuarto cheiraba a insecticida pero non importou nada porque era básico non ter mosquitos, outro alivio. Marcio chamou á miña casa para deixar tranquila a familia. Xantamos no mesmo hotel e logo fun para cama, moi canso.

Hoxe xa espertei cun viciño brasileiro que participará no evento, Alberto Sato, especialista en VoIP (Asterisk). Entón Mauro, Alberto e eu saimos ás embaixadas brasileiras e española a seguir o procedimento recomendado, é dicir, anunciar a nosa chegada, comentar onde estamos aloxados, etc. Así, tivemos a oportunidade de ver de perto o país, chamando a nosa atención a grande cantidade de obras que están a facer, con guindastres por todas partes, xunto con pobreza e abundantes todoterrenos de luxo no medio dunha caótica circulación. Semellaba un "sálvase quien pueda".

Comimos moi ben, nun restaurante que factura 'ao peso' tras elexires a comida nun autoservizo. Non debo tomar xeo, agua só se é embotellada, nada de ensalada nin froitas agás as que eu mesmo pele. Así son as regras e consellos do Mº de Sanidade.

De volta ao hotel, por fin, conseguimos conexión a internet (128 Kbps e compartida con Alberto) e preferimos ficar sen sair para traballar uns intres.

Estamos á espera de que veña máis xente pero non moita máis porque foron caendo por diversos motivos: burocracia non deu para ter todo certo a tempo, problemas persoais e até penso que algúen desistiu. Acho que o amigo Cabelo non poido ao fin atopar un voo con praza libre.

Chuzame! chuzame -

Confirmada a viaxe a Angola

Con todo rematado (visado no pasaporte, certificado sanitario de vacinas, seguro de viaxe e un sen fin de detalles máis), xa podo confirmar que irei a Angola a participar no "I Fórum de Software Livre de Luanda". Neste evento estarán representantes de Brasil, Portugal e Angola, todo organizado polo secretario xeral da asociación angola de SwL Marcio Candido. Valeu Marcio!

Irei en representación de AGNIX, C.T.I. TEGNIX, AGASOL agardando a confirmación doutras entidades.

De ter conexión á rede alá intentarei ir informando do que aconteza.

Ata a volta!

asennadas

Chuzame! chuzame -

Brenlla vaise a Angola

Quen escribe vén de confirmar que do vindeiro 25 de xuño ao 1 de xullo irá convidado a un evento sobre SwL en Luanda, capital de Angola, que está a ser organizado polo angolano Marcio Cándindo e o carioca Marco Lima, participante este último nas "Xornadas GalegoLusófonas do Porriño " organizadas por AGNIX no 2006 .

A idea é expoñer as experiencias galegas nesta materia desde diversas perspectivas (comunitaria, asociativa, desenvolvedora, política, empresarial e cultural) abrindo lazos de irmandade lusófona entre as comunidades aló presentes: portuguesa, brasileira, angolana e galega.

O sitio web do evento é www.fsl-luanda.com.

asennadas

Chuzame! chuzame -