Costa Rica tamén vai cara SwL

Souben por Roberto Santos que a Comisión de Ciencia e Tecnoloxía da Asemblea Lexislativa aprobou un proxecto de lei para que o Estado costarriqueño empregue Sw Libre.

A aprobación deuse a semana pasada, tramitado baixo o expediente 16.912, que textualmente di: «Todas as institucións e empresas do Estado empregarán Software Libre nas súas diferentes opcións, nos seus sistemas de información e no manexo dos datos, garantindo o respecto aos dereitos da propiedade intelectual«.

O texto agrega que o software privativo só utilizaríase como unha excepción por motivos de seguridade ou incompatibilidade.

Soamente entre o 2003 e o 2004, o Goberno central gastou ¢5.000 millóns (colóns costarriqueños, aproximadamente uns 6,42 millóns de euros) en licenzas para poder operar programas informáticos privativos. Outros estamentos públicos como o Instituto Nacional de Seguros informou de que só no 2007 orzou máis de ¢650 millóns para licenzas (830.000 euros).

Máis na fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Knol ten artigo sobre Como migrar a Linux

Knol, o servizo de Google que pretende ser algunha alternativa á Wikipedia, ten un artigo  titulado «Howto migrate to Linux» do que souben grazas a Rafael R. Gaioso (fundador de MeLiSa, entrevista a Rafel en mancomun.org).melisa

O artigo  (en inglés, en castelán) inclúe de xeito sinxelo e directo como facelo, con ligazóns para ampliar esta finalidade.

Sobre  a liña  de migracións, Rafael engade o caso de Rentalia, portal con máis de 20.000 casas de aluguer, guías de praias e esquí… É a propia Rentalia a que comenta por que migraron cara SwL.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Servizo Postal dos EE.UU. vai cara Sw Libre

Sei por Fernando Acero que USPS, o Servizo Postal dos EE.UU., vén de actualizar o seu sistema informático de quince anos de idade para mellorar o seu rendimento e reducir os custos xerais de mantemento. O traballo feito para actualizar o PTS (U.S. Postal Service’s Product Tracking System) é parte dun proxecto maior que pretende empregar estándares sobre unha «base open source e menos custosa como Linux«, sinala John Byrne, director de Integrated Business Solutions Centers da USPS.

O servizo está trocando 1.300 servidores Sun Solaris cara un contorno Linux de Hewlett-Packard, empregando Novell SuSE Linux no mainframe e plataformas de computación distribuída para acadar unha maior interoperabilidade entre os dous ambientes, dixo Byrne.

O resto dos detalles podes completalo na fonte da nova.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Venezuela crea Forxa e Repositorio públicos

Servidores da Administración Pública Nacional (APN) e diversos sectores vinculados ao sector de Tecnoloxías de Información (TI) venezolanos son os responsables de promover e fortalecer o desenvolvemento da plataforma tecnolóxica provista polo Estado, a través de compoñentes como o Repositorio Nacional de Aplicacións (RNA). Esta ferramenta foi deseñada polo Centro Nacional de Tecnoloxías de Información (CNTI) para fomentar a adopción de Tecnoloxías de Información Libres na APN, incentivar o desenvolvemento da capacidade nacional e fortalecer a industria nacional de TI, mediante a xestión do coñecemento colectivo.

De igual forma, está publicada a plataforma colaborativa de xestión e desenvolvemento de proxectos ou forxa (Forja), unha ferramenta colaborativa de xestión de proxectos que permite desenvolver aplicacións e apoiar a creación ou mellora doutras.

Pola súa banda, Gerson Contreras, líder do Proxecto de Migración a Software Libre de Corpoelec, mostrou como exemplo de traballo colaborativo exitoso o plan de migración de Edelca e asegurou que están dispostos a replicar en Corpoelec e as empresas do sector eléctrico venezolanas. Paga a pena comprobar que o sitio web de Edelca dispón dunha aula virtual de SwL.

Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Custos de Saída do sw privativo

Velaquí un dos maiores erros de quen computa a relación de custos de solucións libres e privativas. É habitual considerar como custo de migración o custo que supón saír ou abandonar solucións privativas. Grave erro!

É un erro cometido no pasado, xusto cando elixiron opcións privativas sen ter en conta o que custaría deixar tales solucións. De feito isto mesmo é o que hai que facer en dirección e creación de empresas: non só hai que calcular o custo de crear a empresa, a súa facturación anual… senón tamén o que custa abandonar o proxecto e pechar a empresa. É, polo tanto, asunto de sentido común.

Acontece que este erro é trasladado inxustamente á fase de integración de solucións libres, na coñecida como fase de migración, no canto de facelo cando correspondía, é dicir, na hora da adopción de solucións privativas como parte do seu TCO (Total cost of ownership, custo total de propiedade).

A abrumadora maioría das solucións privativas non empregan estándares abertos, algo que no Software Libre é unha regra practicamente unánime. En consecuencia, outro factor positivo a ter en conta á hora de adoptar solucións libres é o seu practicamente nulo custe de saída.

Por se o sentido común non abondase, deixo o que reflicte o coñecido Plan de Actuación do Goberno Británico para a adopción do SwL. Textualmente o Plan sinala no punto 5:

    Non–Open Source Software

  • The Government will, wherever possible, avoid becoming locked in to proprietary software. In particular it will take exit, rebid and rebuild costs into account in procurement decisions and will require those proposing proprietary software to specify how exit would be achieved.

Souben deste importante matiz por un fío das listas de Hispalinux.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Máis de 100.000 PCs con Firefox no Banco do Brasil

O Banco do Brasil (BB) vén de anunciar que atinxiu no pasado mes de maio a marca de máis de 100.000 instalacións do navegador web Mozilla Firefox nos seus computadores. A institución utiliza ese software desde 2005 cando iniciou a implantación do GNU/Linux nas máquinas das axencias. A dirección de tecnoloxía do BB, responsable das implantacións, recibíu retornos favorables do persoal que emprega este software multiplataforma.

O BB é un dos maiores usuarios corporativos de Software Libre no mundo. Practicamente todos os computadores das súas catro mil axencias, máis de 65 mil máquinas, utilizan GNU/Linux, Br-Office e Mozilla Firefox. As outras 35 mil máquinas que utilizan o Mozilla pertencen a órganos rexionais e dependencias da Dirección Xeral, utilizan Mozilla e Br Office, pero aínda non migraron a GNU/Linux.

En 2009, os terminais de auto-atención (TAA) tamén comezaron a ser equipados con software de código aberto. A iniciativa do BB conta co apoio das comunidades de software libre nacionais e internacionais, do goberno federal e de empresas.

Esta é a fonte da nova.

Opinión

A marca acadada é moi salientable a lo menos polos seguintes motivos:

  • É un proceso de instalación feita a propósito, con decisión firme pois o normal é ter equipos que veñen con software privativo.
  • Aínda máis salientable por ser unha elección dunha entidade que acumula grandes beneficios económicos, até en época de crise. Idéntico escenario (grandes beneficios) ten Petrobras e mailo seu poder económico comezou este mesmo proceso integrador de solucións libres. Polo tanto, non só hai motivacións económicas senón outras como liberdade e independencia.
  • Daquela, que debería facer quen xestione recursos públicos se ademais ten motivos éticos e legais (Constitución, LOPD, LSSI, lei de contratos públicos…)?
  • Como é posible que gobernos recentes e mesmo actuais sigan pedindo en concursos públicos marcas de software? Ademais de ser software privativo que non cumpre estándares de empresas sancionadas internacionalmente? Velaquí unha mostra dos requerimentos técnicos dun recente concurso público (DOG nº 95, 18 de maio de 2009), aprobado pola asesoría xurídica da Xunta con data 11 de febreiro de 2009, onde se pide expresamente software da marca de Redmond.

Insisto, a ignorancia non é eximente de culpa en responsables políticos pois contan con medios máis ca suficientes para dirixirnos. Ignorar programas e promesas políticas, ao seu electorado, ao resto da cidadanía ou aos múltiples informes técnicos elaborados polos diversos organismos públicos, déixaos na situación de cómplices conscientes, incumpridores, inconsecuentes e deplorables.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Guatemala elixe Sw Libre

Pois aí está, unha máis para o grupo de diante. Guatemala opta polo SwL para as súas institucións gubernamentais. O vicepresidente Rafael Espada ordenou suspender o uso ilegal de programas informáticos algo que o xornal Siglo XXI incidira nunha reportaxe que destapaba que» 3 de cada 10 programas utilizados nas entidades públicas carecían de licenza«.

As entidades consultas coincidiron en que lles falta orzamento e por iso optaron por este tipo de software libre «ou de código aberto, que é gratuito e pode obterse por medio de Internet«.

Maila ser motivos aparentemente económicos, benvida sexa a súa escolla pois xa se decatarán do que significa realmente o termo ‘libre‘.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vancouver cara SwL

Vancouver, o terceiro maior concello de Canadá, adoptará estándares abertos e comezará a substitución do seu software privativo por outros de fonte aberta.

O comunicado oficial da cidade de Vancouver subscribe os seguintes principios:

  • Datos abertos e accesibles
  • Estándares Abertos
  • Open Source Software

A concellala promotora da idea,  André Reimer, sinala que «a comunidade online local está moi, moi feliz, e agora só temos de ollar cara adiante á implementación e entender o xeito de facelo«.

A fonte apunta cara un artigo onde hai moita máis información.

Chuzame! A Facebook A Twitter

TEGNIX, caso de éxito de AGASOL

AGASOLJuan Cudeiro, responsable de comunicación de AGASOL, entrevistounos a Ana Lorenzo ( A Facebook A Twitter

Wikipedia deixa RedHat por Ubuntu

A infraestrutura TIC da Wikipedia non deixa de medrar desde o seu nacemento en 2001. Despois de cinco anos con servidores executando unha variedade de versións de Red Hat Enterprise Linux e Fedora, decátanse da complexidade de mantemento destes servidores e mailas aplicacións. Axiña non acontecerá isto.

En poucos meses a Wikipedia rematará o máis importante da migración desde esas diversas versións cara Ubuntu en todos os 400 servidores que soportan o sitio web.

Podes ampliar a información na fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Migración ou Evolución?

É habitual atoparnos coa verba «migración» para definir o proceso de trocar o Sw Privativo polo Libre.

A RAG sinala como migración o seguinte: «1. Movemento das poboacións que deixan un lugar para asentarse noutro. As migracións celtas desde Europa central ó Occidente. 2. Viaxe, polo xeral entre períodos de tempo regulares, que realizan certos animais para cambiar de lugar. Cando chega o frío, teñen lugar as migracións das andoriñas para países máis cálidos. u CF. emigración.»

Persoalmente a min non me convence toda vez que, ademais de non cadrar ben o seu  significado co que queremos experesar, adoita incluir unha connotación negativa. As migracións, e os cambios en xeral, dan medo.

Pola contra, evolución adoita levar parella unha connotación máis positiva alén dun significado máis acorde co que queremos sinalar. A RAG define evolución como: «Transformación lenta e progresiva [de algo ou de alguén]. Non hai evolución no estado do enfermo. A evolución das especies animais.» Non se está a dar a entender necesariamente que se transforme cara algo mellor ou peor pero, si, en xeral enténdese como positivo.

A idea deuma un amigo (pouco propenso a que saia o seu nome en público) tras asistir a unha intervención nas pasadas xornadas de SwL de Badaxoz. Nelas, un italiano responsable de «migracións» recomendaba o uso do termo «evolución» xa que logo dotaba de positividade ao proceso.

Persoalmente decidín usalo desde entón, ata o punto de trocar o título dunha das miñas presentacións, hoxe nomeada como»Directrices Evolutivas (antes migratorias)«. Con ilo pretendo dar un significado máis acorde co sinalado na RAG, outorgarlle máis positividade e englobar outros procesos non sempre tidos en conta: consultoría previa, formación, asistencia, mantemento… E, si, polo medio haberá migración de servidores, escritorios, aplicacións, formatos, etc.

Evolucionemos!

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Oficina de patentes holandesa migra a SwL

Ben curioso, verdade? Xusto dous dias despois da celebración do dia mundial contra as patentes de software resulta que me entero que a Oficina holandesa de Patentes está a migrar cara Software Libre segundo sinala una nota da propia Oficina, dependente do Ministerio de Economía dese país.

Coa web baseada xa en SwL, esta oficina convértese na primeira organización do goberno holandés en usar código aberto na súa web. Segundo o presidente Guus Broesterhuizen, a oficina está a traballar activamente cara un uso máis amplo do código e mailos estándares abertos. Isto fara que «adicionalmente quen visite o sitio web poderá comprobar con claridade canto lle custará obter unha patente. Isto garantizará que os custes e beneficos de usar patentes sexan aínda máis transparentes, especialemte para as pequenas e medianas empresas«.

Mentres estas patentes non sexan de software…

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp