Costa Rica tamén vai cara SwL

Souben por Roberto Santos que a Comisión de Ciencia e Tecnoloxía da Asemblea Lexislativa aprobou un proxecto de lei para que o Estado costarriqueño empregue Sw Libre. A aprobación deuse a semana pasada, tramitado baixo o expediente 16.912, que textualmente di: “Todas as institucións e empresas do Estado empregarán Software Libre nas súas diferentes opcións, […]

Knol ten artigo sobre Como migrar a Linux

Knol, o servizo de Google que pretende ser algunha alternativa á Wikipedia, ten un artigo  titulado “Howto migrate to Linux” do que souben grazas a Rafael R. Gaioso (fundador de MeLiSa, entrevista a Rafel en mancomun.org). O artigo  (en inglés, en castelán) inclúe de xeito sinxelo e directo como facelo, con ligazóns para ampliar esta […]

Servizo Postal dos EE.UU. vai cara Sw Libre

Sei por Fernando Acero que USPS, o Servizo Postal dos EE.UU., vén de actualizar o seu sistema informático de quince anos de idade para mellorar o seu rendimento e reducir os custos xerais de mantemento. O traballo feito para actualizar o PTS (U.S. Postal Service’s Product Tracking System) é parte dun proxecto maior que pretende […]

Venezuela crea Forxa e Repositorio públicos

Servidores da Administración Pública Nacional (APN) e diversos sectores vinculados ao sector de Tecnoloxías de Información (TI) venezolanos son os responsables de promover e fortalecer o desenvolvemento da plataforma tecnolóxica provista polo Estado, a través de compoñentes como o Repositorio Nacional de Aplicacións (RNA). Esta ferramenta foi deseñada polo Centro Nacional de Tecnoloxías de Información […]

Custos de Saída do sw privativo

Velaquí un dos maiores erros de quen computa a relación de custos de solucións libres e privativas. É habitual considerar como custo de migración o custo que supón saír ou abandonar solucións privativas. Grave erro! É un erro cometido no pasado, xusto cando elixiron opcións privativas sen ter en conta o que custaría deixar tales […]

Máis de 100.000 PCs con Firefox no Banco do Brasil

O Banco do Brasil (BB) vén de anunciar que atinxiu no pasado mes de maio a marca de máis de 100.000 instalacións do navegador web Mozilla Firefox nos seus computadores. A institución utiliza ese software desde 2005 cando iniciou a implantación do GNU/Linux nas máquinas das axencias. A dirección de tecnoloxía do BB, responsable das […]

Guatemala elixe Sw Libre

Pois aí está, unha máis para o grupo de diante. Guatemala opta polo SwL para as súas institucións gubernamentais. O vicepresidente Rafael Espada ordenou suspender o uso ilegal de programas informáticos algo que o xornal Siglo XXI incidira nunha reportaxe que destapaba que” 3 de cada 10 programas utilizados nas entidades públicas carecían de licenza“. […]

Vancouver cara SwL

Vancouver, o terceiro maior concello de Canadá, adoptará estándares abertos e comezará a substitución do seu software privativo por outros de fonte aberta. O comunicado oficial da cidade de Vancouver subscribe os seguintes principios: Datos abertos e accesibles Estándares Abertos Open Source Software A concellala promotora da idea,  André Reimer, sinala que “a comunidade online […]

TEGNIX, caso de éxito de AGASOL

Juan Cudeiro, responsable de comunicación de AGASOL, entrevistounos a Ana Lorenzo (

Wikipedia deixa RedHat por Ubuntu

A infraestrutura TIC da Wikipedia non deixa de medrar desde o seu nacemento en 2001. Despois de cinco anos con servidores executando unha variedade de versións de Red Hat Enterprise Linux e Fedora, decátanse da complexidade de mantemento destes servidores e mailas aplicacións. Axiña non acontecerá isto. En poucos meses a Wikipedia rematará o máis […]

Migración ou Evolución?

É habitual atoparnos coa verba “migración” para definir o proceso de trocar o Sw Privativo polo Libre. A RAG sinala como migración o seguinte: “1. Movemento das poboacións que deixan un lugar para asentarse noutro. As migracións celtas desde Europa central ó Occidente. 2. Viaxe, polo xeral entre períodos de tempo regulares, que realizan certos […]

Oficina de patentes holandesa migra a SwL

Ben curioso, verdade? Xusto dous dias despois da celebración do dia mundial contra as patentes de software resulta que me entero que a Oficina holandesa de Patentes está a migrar cara Software Libre segundo sinala una nota da propia Oficina, dependente do Ministerio de Economía dese país. Coa web baseada xa en SwL, esta oficina […]