Software Libre a tu Alcance

Inaugúrase hoxe no Parque Tecnolóxico de Andalucía (PTA) de Málaga a I Feira «Software Libre a tu alcance«, un atractivo evento que ten como obxectivo ofrecer demostracións de produtos e servizos con casos reais de aplicación, o cal permitará ao público avaliar a idoneidade do Software Libre.

Este atractivo enfoque complementarase coa organización de encontros empresariais entre aquelas que aínda non estean familiarizadas coas solucións baseadas en software libre e mailas altamente especializadas como as que integran ASOLIF, oficialmente presente nesta feira. Para ilo haberá persoal dinamizador responsable de presentar e guiar o público asistente cara os expositores máis axeitados ao seu interese.

Paralelamente haberá obradoiros de curta duración con temática diversa, amosando desde escritorios básicos a sistemas complexos. Con estes obradoiros búscase concienciar ás empresas que aínda non consideran o software libre como alternativa posto que poderán comprobar as múltiples e importantes vantaxes que teñen estas tecnoloxías.

Máis información en ASOLIF e na páxina de CREA (Centro de Referencia para la Excelencia en Entornos Abiertos).

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Mercado de Sw Libre medrará a ritmo de 22,4% anual

A consultora IDC vén de publicar un informe amosando unha óptima perspectiva para o Sw Libre e mailo Open Source. Concretamente sinala:

«Os ingresos mundiais debidos ao software de código aberto (OSS, open source software) medrará a unha taxa dun 22,4% de crecemento anual composto ata acadar os US $ 8.100 millóns en 2013. Esta previsión é considerablemente maior cá feita en 2008, por tres razóns:

(1) a lista empregada para calcular os ingresos ampliouse grazas a un amplo esforzo de incluir máis proxectos neste pronóstico;

(2) o Software Libre acadou un grao de aceptación nos pasados 12 meses moito maior có esperado; e

(3), a economía acelerou a absorción e uso de software de fontes abertas no derradeiros meses de 2008.»

«O software de fontes abertas acadou un forte impulso no mercado a partir da actual crise económica«, dixo Michael Fauscette de Software Business Solutions. «OSS é cada vez máis unha parte da estratexia empresarial en software nas empresas líderes e está a ter un bo ritmo de adopción nas súas infraestruturas principais. Mentres a industria global de software segue a consolidarse, será clave para as empresas fornecedoras de OSS conquerir axeitada dimensión se estas planexan continuar como un negocio autónomo.«

IDC cita á economía como o motivo polo cal a súa predición sinala un aumento nos ingresos do software de fontes abertas. Dado que é unha previsión a longo prazo (2013), posiblemente comprobemos que, en xeral, as empresas demandarán máis estas tecnoloxías independentemente dos cambios na economía.

IDC vincula tamén outra razón para o aumento da súa optimista previsión para o mercado do software de fontes abertas. «Os grandes fornecedores de software coma IBM, Sun, Dell, HP e Oracle están obtendo cantidades significativas de ingresos indirectos das súas actividades neste sector e mailo seu apoio ao OSS. Isto axudou moito na aceptación xeneralizada que agora ten o OSS.«

Fonte.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

EOI publica estudo sobre a oportunidade do SwL

EOI, escola de negocios fundada en 1955, xerentada pola Fundación EOI de carácter público, sen ánimo de lucro e dependente do Mº de Industria, Turismo e Comercio, vén de publicar un estudo titulado «La oportunidad del software libre. Capacidades, derechos e innovación«.

Tal estudo é conciso, directo, de rápida e doada consulta. En apenas 15 páxinas amosa os mapas de viabilidade (tecnolóxica, económica, administrativa, xurídica e política), de recomendacións cun un repertorio delas. Tales recomendacións van dirixidas maioritariamente a mandatarios políticos, valorando cada unha delas de 1 a 3 (valor máximo) por novidade, custo, rapidez, visibilidade e eficacia.

Podes descargar este documento, liberado baixo licenza Creative Commons
Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza, directamente aquí.

Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Google ten varios socios para o seu Sistema Operativo

Google conta con varios socios do sector hardware para apoiar o lanzamento do seu sitema operativo, o anunciado Google Chrome OS.

Entre estes socios hardware destacan Acer, Asus, HP, Freescale, Lenovo, Qualcomm, Texas Instruments, Toshiba e tamén Intel. Chamativo é o feito de que Adobe estea interesado en colaborar creando aplicacións ofimáticas online.

É incuestionable a repercusión e o avanzo que o Sw Libre e mailo código aberto poden ter coa concreción desta iniciativa, enteoutras cousas polo poderío da entidade que lidera isto, Google, pero tamén a certeza que teremos a partires de agora de que as presións de M$ para facer desaparecer das loxas calquera dispositivo con SwL terá menos forza. Como anticipa esta primeira lista de socios, son varios e moi potentes os apoios, non só unha iniciativa illada doada de identificar e esmagar.

Pero, que significa Google Chrome OS para liberdade dos usuarios? Esa é unha das cuestións a ser atendida mentras o proxecto segue o seu curso.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Teambox, xestión colaborativa de proxectos

A plataforma Teambox permite organizar grupos de traballo gratuitamente na súa versión hosted, sen máis que crear unha conta de usuario e invitar ao resto do grupo. Tamén está dispoñible para instalar no teu propio servidor na súa versión libre con licenza Affero GPL v3.

En Teambox, a diferenza de Google Docs, a unidade básica é o proxecto e non o documento. Cada proxecto contén conversacións, listas de tarefas e un pequeno wiki (páxinas compartidas). Tamén conta con chat de grupo, capacidade de subida ilimitada e notificacións de correo-e.

Integralo nunha organización existente é moi sinxelo, ao poder enviar mensaxes e responder a unha dirección tipo proxecto@teamboxapp.com.

A startup acaba de recibir unha rolda de capital semente para ofrecer un software de calidade en código aberto. O modelo de negocio baséase en ofrecer valor engadido nas versións hosted (100% gratuíta coas súas características actuais) e os servizos de instalación e mantemento a empresas nas súas versións personalizadas.

O concepto de SaaS (Software As A Service) non é novo na xestión de proxectos. Por iso foi necesario innovar no modelo de negocio e o produto. Teambox ofrécese polo momento en castelán e inglés, e proximamente lanzará máis idiomas.

Souben desta plataforma por Jorge Fuertes.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Se o Open Source gañou, daquela cara onde imos?

Mateus Aslett comenta unhas cantas declaracións que se fixeron nas últimas semanas.

«O Código Aberto (Open Source) gañou. Atópase código aberto en todo tipo de software, código aberto ou propietario (dígase mellor ‘privativo‘)», sentenciou Matt Asay recentemente nun artigo de CNet, provocando un debate con Savio Rodrigues que a súa vez admite neste artigo de InfoWorld que «nolos dous gañamos» («nós» refírese á industria global de software, Open Source ou provedores privativos).

Ou, como sinala The Economist: «O argumento gañou. Agora acéptase de xeito xeral que o futuro vai involucrar unha mestura de ambos, privativo e software de fonte aberta«.

Unha vitoria ou o derradeiro fracaso? Esta é a pregunta que está no cerne das recentes tensións entre os que buscan defender a pureza do modelo libre e do código aberto, e aqueles felices de comprobar que o código aberto está a ser asimilado dentro da corrente principal. Esta tensión estivo candente durante algún tempo.

A propia Hasefroch fixo referencia explícita sobre o código aberto «a guerra entre a privatio e código aberto xa pasou. Porén non está totalmente claro quen gañou«.

Mateus Aslett engade no seu artigo que «Gañar non é o importante, é o que fagas cando gañas o que realmente importa«.

Agora que o código aberto é aceptado por toda a industria, cara onde vai o código aberto a partir daquí? Que outros beneficios pode entregar o código aberto á industria máis aló de meramente «vencer». Este é o enfoque que Teoría do CAOS terá que prestar atención, cre Mateus.

Siareiros do Código Aberto sempre están prestos a citar a Mohandas Gandhi: «Primeiro eles te ignoran, despois rinse de ti, logo loitan e entón gañas«.

Por certo, o artigo de Matt Asay inclúe unha imaxe titulada os «5 fases na adopción do Código Aberto«, algo semellante ao que comentei nun artigo que fixera nunha ocasión titulado «SwL, dede a indeferenza ao talibanismo«. No caso de Matt refírese ao eido empresarial e o meu ao persoal.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ad Bard Network, a rede de publicidade da FSF

Ad Bard Network é unha rede de publicidade deseñada especificamente para achegar a quen desenvolva, xestione, empregue ou participe na comunidade de Software Libre. Esta rede  permitirá a anunciantes comunicarse directamente con clientes clave nesta excitante área.

Co gallo de manter un alto nível de calidade da publicidade, estase a falar de produtos e servizos que amosen un alto grao de compromiso co SwL e maila súa comunidade. Polo tanto o software privativo «non será benvido aquí«.

A rede limita o número de aparicións publicitarias por mes e páxina, non consentindo ningunha outra publicidade, veña donde veña. Deste xeito garántese exclusividade coa audiencia potencial. Teranse anuncios sinxelos, minimalistas, elegantes e moito mellores cás franxas (banners) ou texto enmarcado en bloques doutras empresas.

Quen lea nos sitios da rede Ad Bard representa a persoas que constrúen e soportan proxectos de SwL. Desde GNU a Linux, MySQL ou Postgres, hai moita xente que inflúe e déixase influír en produtos e servizos que teñen éxito na comunidade de SwL.

Podes ter…

Chuzame! A Facebook A Twitter

Supercomputer As A Service

Preto dun ano e medio depois de facer a súa  entrada na lista de supercomputadores co Eka, catalogado daquela ocmo o cuarto máis rápido do mundo, Computational Research Laboratories (CRL), unha subsidiaria de Tata Sons, ten éxito creando un novo mercado para este segmento xa que logo está a ofrecer supercomputación en aluguer a empresas de India.

Pódese dicir que naceu a ‘Supercomputación como Servizo‘?

Máis en Slashdot | Supercomputer As a Service.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

IBM quere mercar a Sun. Pódelle afectar isto ao SwL?

Souben por un correo-e de Alberto Barrionuevo á lista de socios de Hispalinux que «IBM negocia a compra de Sun Micorsystems«.

Os comentarios ao respecto son unha mistura de tranquilidade e inquedanza:

Alberto sinala que «Para IBM la compra tiene todo el sentido del mundo, pues ganan una tecnología impresionante a bajo coste. Para Sun también, porque andaban mal de pelas desde hace tiempo y más con la crisis que está cayendo. ¿Para el mundo del software libre es beneficioso dejar tantos huevos bajo una sola gallina?: Eclipse, OpenOffice, MySQL, Java, OpenSolaris…«

Carlos Alocen sinalou que «No tiene porque suponer una desaparición de productos. KDE está vivo después de la compra de SuSE por Novell. Y desde luego, la oferta de servicios y formación, incluyendo software, libre por parte de IBM va a crecer exponencialmente. Esto deberá preocupar y mucho a alguna otra multinacional.«

A lo que Alberto replica: «Y posiblemente dejen morir MySQL o la limiten en nuevas funcionalidades para que no les haga la competencia a DB2 (recuerdo que ya atacaron con patentes a PostgreSQL porque le estaba dando demasiada caña a su DB2…). Cuidadín con ser demasiado optimistas. Nunca es bueno poner demasiados huevos en el mismo cesto.«

Jorge Fuertes, actual presidente ded Hispalinux seña que «SuSE financiaba casi en exclusiva gran parte del proyecto KDE. Tras la compra por parte Novell aquello se acabó y se empezó a apoyar a GNOME con toda la artillería.«

Santiago Gala comenta que «Si la gente lo quiere (lo suficiente) se organizará y hará un «fork». Si no, ahí están los tgz de la última versión para lo que quiera cada uno, respetando la licencia. Si un sistema operativo libre o una BD se hunde porque una empresa deja de apoyar su desarrollo, es que había alternativas suficientes como para permitir que eso ocurra. En el caso del único producto del que realmente dependo, que es OpenOffice.org, go-oo.org, Novell y otra gente llevaban cierto tiempo contribuyendo parches más deprisa de lo que el equipo «central» en Sun los puede absorber, por lo que un fork podría ser hasta beneficioso para el desarrollo a medio plazo. En general, cuando un modelo de desarrollo muy cerrado a contribuciones externas se abre las cosas suelen mejorar en el medio plazo.«

De ser realidade tal posibilidade de compra, cal sería o teu parecer? Optimista ou pesimista? Trátase só dun ambicioso plan de consolidadción no mercado de servidores en loita contra HP xunto a un posicionamento estratéxico nun mercado en alza, nomeadamente o do SwL?

Segundo LinuxMedia «A aquisição daria ao novo conglomerado 42% do mercado geral de servidores e 65% do mercado de servidores UNIX.«

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Open Source, é Capitalista ou Comunista?

Bruce Perens é o creador da «Open Source Definition«, o Manifesto Open Source sobre software de código aberto. Perens representou ao Open Source no Cúmio Mundial das Nacións Unidas sobre a Sociedade da Información a proposta do Programa de Desenvolvemento das Nacións Unidas.

Bruce Perense escribe un artigo titulado «Open Source é capitalismo ou comunista?» que atopei grazas a esta fonte. Traduzo parcial e libremente algo del:

Xa hai blogueiros que afirman que o Open Source é un movimento capitalista! Hainos que din que é comercial! E, Open Source é sobre capitalismo, non sobre Freebies!

De feito, a verdade é moito máis complicada. Imos entrar na economía de software e de empresas para comprendelo.

Primeiro, son os negocios capitalismo? Con certeza, podes dicir. Pero a verdade é que as empresas raramente operan baixo un modelo puro de capitalismo. E menos agora. Baixo tal modelo, as empresas en bancarrota ou non competitivas non estarían permitidas, morrerían nunha especie de lei Darwin social.

(…) Pero non só son empresas comunistas as que erran. As empresas esixen o «común» (Commons) para operar. Vías públicas e de infraestrutura en xeral, son os exemplos usuais, pero tamén a máis ampla colección de case todo o que o goberno fai: proporcionar un marco común de dereito para que as empresas poidan competir, manter a orde civil, proporcionar educación para a forza de traballo, financiamento da investigación e do desenvolvemento.

Engade á lista do «común» que os negocios dependen do Open Source . Open Source é o sistema interestatal de estradas de software. O sistema funciona con internet e infraestruturas de telecomunicacións a través das cales as empresas comunícanse.

Daquela Open Source é comunista? Non normalmente. O seu desenvolvemento e finanzas xiran arredor de tres paradigmas distintos, e só un deles pódese dicir que non ten un obxectivo presente na empresa. Son estes:

  1. Infraestrutura (Linux, Apache, Eclipse…)
  2. Sen ánimo de lucro (Free Sw Foundation)
  3. Lucro Directo (MySQL, Spring…)

A seguir o autor ofrece unha serie de exemplos de negocios arredor do mundo do SwL e mailo código aberto (FLOSS, para abreviar) contemplando tamén os casos mixtos, é dicir, os que empregan vías capitalistas e comunistas como Google.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Está roto o modelo Open Source?

Así o cre Stuart Cohen, anterior CEO de OSDL (Open Source Development Labs), a organización sen fins de lucro destinada a promover Linux e que actualmente emprega a Linus Torvalds. Stuart escribiu nun artigo publicado en BusinessWeek que o modelo de negocios tradicional do Open Source, que se basea en vender soamente soporte e servizos, está roto.

«Para os que non estiveron prestando atención á industria do software ultimamente, téñolles malas novas. O modelo de negocios do Open Source está roto. O código Open Source xeralmente é moi bo e non require moito soporte. Así que as empresas Open Source que confían soamente en soporte e servizos non durarán moito neste mundo«.

«A menos que os vendedores de Open Source atopen novas formas de agregar valor para os seus clientes, especialmente na (actual) contorna económica, o crecemento das súas compañías está en serio risco«, escribiu Cohen.

O amigo Tonio Castro foi quen me recomendou este artigo, baseado noutro de Slashdot.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Sw Privativo aprendendo (algo) do Sw Libre

Un grupo de empresas decide fundar unha asociación sen fins de lucro, é dicir, un ente que non pode distribuir beneficios económicos entre os asociados. Realmente trátase dunha Agrupación de Interés Económico (A.I.E.) co obxectivo de que sea ela quen desenvolva software básico en mancomunidade para logo distribuilo entre as empresas asociadas que previamente teñan abonado a couta necesaria para serne asociadas.

Eles mesmos din na súa web:

MARINO IMAGINE STRATEGIC CORPORATION é a primeira Fábrica de Software, sen ánimo de lucro, creada especificamente para xestionar unha liña de solucións informáticas que poidan comercializar os seus socios.

A cousa está clara: seguen crendo no modelo do sw privativo só que agora reducen drasticamente os seus investimentos grazas á compartir custes de fabricación.

Daquela propón un novo modelo de negocio que permite ser competitivos e crear unha nova tendencia:

  • Asociacionismo. Creouse un grupo empresarial formado por compañías con fins comúns.
  • Independencia. Cada compañía pode manter a súa autonomía respecto ao grupo.
  • Solucións. A base de negocio é unha familia de aplicacións innovadora e totalmente diferencial.
  • Rendibilidade. Permite reducir custos e achegar valor ao cliente, ofrecendo seguridade e continuidade.

Basicamente hanse centrar en produtos «innovadores«, tales como ERPs e CRMs!

En resumo, unha saída un tanto orixinal, si, baseada na compartición de recursos (custos de desenvolvemento principalmente) para logo ofertarlo á clientela pechado e de pago.

Algo van aprendendo, si, pero abondará con iso? Onde quedan os feedback da parte usuaria, as contribucións altruistas, a garantía de transparencia de código, a liberdade, etc, etc e tal?

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp