OpenOffice.org 3.1 foi anunciado hai pouco máis dun mes, concretament o 7 de maio de 2009. Maila ter transcorrido un pouco de tempo, o seguinte video é moi descritivo dalgunhas das novas funcionalidades que inclúe:
De igual modo, as extensións agréganlle ao OOo unha chea de funcionalidades máis. Olla estoutro video sobre como instalar extensións:
Ambos están nun inglés moi comprensible.
asennadas
En: AGNIX, Estándares, FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
GALPon realizará un obradoiro avanzado da suite ofimática de OpenOffice.org na Universidade de Vigo coa colaboración de TEGNIX e a participación de Claudio F. Filho.
Nesta ocasión o obradoiro vai especialmente indicado para aquelas persoas que empregan con regularidade as ferramentas de oficina coma procesadores de texto, follas de cálculo ou presentacións pero que queren explotar ao máximo as potencialidades do programa de Software Libre con maior proxección no mercado mundial.
O prazo para a matrícula remata o día 6 de marzo, comezando xa para a seguinte semana. Os días de clase serán Luns e Mércores de 16:00h ata as 19:00h.
O programa completo
Máis información para a matrícula
Este novo obradoiro vén a completar os anteriores ofrecidos pola asociación a través de Extensión Universitaria no campus de Vigo onde se ofrecía un nivel básico de introdución da suite ofimática por Jose A. Fernández Troncoso e que dispuso o material de traballo na súa web.
Fonte.
En: AGNIX, Amizade, Eventos, FLOSS, TEGNIX por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Entérome polo blog de Jomar Silva que Venezuela vén de adoptar oficialmente o estándar ODF. O Open Document Format (ODF) continúa gañando espazo entre os gobernos como o formato escollido para a elaboración dos seus documentos. A ODF Alliance anunciou que Alemaña e Uruguai uníronse aos outros 14 países e 8 gobernos rexionais na adhesión do ODF, e non do OOXML da multinacional de Redmond.
A importancia do apoio de gobernos foi evidente cando os partidarios do ODF gañaran a adhesión do goberno de Massachusets, nos EEUU. O Estado afirmou que a decisión se baseou en facer os documentos accesibles para calquera persoa no futuro.
Os 16 países que optaran polo ODF están Bélxica, Brasil, Croacia, Dinamarca, Francia, Alemaña, Xapón, Malaisia, Holanda, Noruega, Polonia, Rusia, África do Sur, Suíza, Uruguai e Venezuela. Alén diso, adheriran o ODF dúas administracións españolas, dúas na India, unha na Arxentina, unha na China e o Estado do Paraná en Brasil.
E a suma ha seguir!
asennadas
En: AGNIX, Estándares, FLOSS por Roberto Brenlla
1 Comentario »
Claudio vén de engadir unha entrada ao seu blog comentando unha primeira parte do seu periplo por China durante a OOoCon2008.
En: AGNIX, Amizade, TEGNIX por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Claudio F. Filho está que non para. Chegou á nosa terra a primeiros de setembro e ás dúas semanas xa tivo que viaxar a Brasil para o III Encontro do BrOffice mentras a xente de TEGNIX participábamos por videoconferencia, logo cara o OSWC’08 de Málaga e agora cara Pequín ao OOoCon 2008.
É un luxo para TEGNIX contar cunha persoa coma el porque realza o noso compromiso de participar activamente na comunidade incorporando a súa gran experiencia para xestionar migracións masivas. Ademais Claudio xa é socio de AGNIX e comeza dar os seus primeiros pasos cara a súa integración na comunidade galega.
asennadas
En: AGNIX, Amizade, Brasil, Eventos, FLOSS, TEGNIX por Roberto Brenlla
1 Comentario »

Nota: Podes asistir a este evento en Santiago, no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (mapa) – Av. de Vigo, s/n. Campus Universitario, a partires das 14 hs o dia 3 de outubro de 2008.
Esta é a invitación:
Este ano estamos voltando com mais uma edição do nosso Encontro Nacional do BrOffice.org e estamos convidando você para participar. As discussões sobre o software livre correm o mundo e avançam cada vez mais.
Como você já deve saber, no Brasil, os adeptos do ‘código aberto’ crescem a cada dia. Nesse cenário, destaca-se o projeto BrOffice.Org – o OpenOffice.org brasileiro – software multiplataforma de aplicativos para escritório que reúne ferramentas para edição de textos, apresentações, além de planilha eletrônica, desenho vetorial, banco de dados, dentre outros.
Para apresentar as inovações da ferramenta, cases de sucesso na utilização em empresas, o Serviço Nacional de Aprendizagem Industrial – Departamento Regional de Mato Grosso, Secretaria de Indústria, Comércio, Minas e Energia do estado de Mato Grosso e a ONG BrOffice.org – Projeto Brasil promovem o ‘III Encontro Nacional BrOffice.org’, no dia 3 de outubro, de 2008 às 9h (horário de Brasília), em todos os estados brasileiros. Confira o endereço do evento no seu estado no portal do encontro: http://encontro.broffice.org/2008/pt-br/localizacao
O evento terá a participação de 26 Estados, além da Espanha, Paraguai e Portugal, por meio de videoconferência interativa. As palestras serão realizadas com lideranças nacionais e internacionais a partir do Brasil, Alemanha e Dinamarca com tradução simultânea. O objetivo é promover a integração entre os usuários da ferramenta, desenvolvedores, estudantes, empresários e comunidade em geral. São esperados cerca de três mil participantes nos quatro países envolvidos. O SENAI/MT, instituição indutora de novas tecnologias, apóia a criação e utilização de programas de código aberto.
O valor da inscrição é um quilo de alimento não perecível, que deverá ser entregue no dia do evento. A programação completa também poderá ser conferida no site.
asennadas
En: AGNIX, Amizade, Brasil, Estándares, Eventos, FLOSS, Galicia-Galiza, Internet por Roberto Brenlla
3 Comentarios »
A nova apareceu en outubro de 2007 a raíz dun problema que empezara hai uns anos co Calc Solver, un módulo de optimización de OpenCalc, escrito por Kohei Yoshida baixo licenza LGPL. Yoshida negouse a cambiar a licenza segundo o desexo e requerimento común de Sun Microsystems para quen desenvolva OOo. Noutras verbas, Sun prefire reescribilo a aceptar a licenza LGPL para daquela seguir mantendo o control sobre o desenvolvemento e autoría de OOo perservando así os seus valores comerciais.
As razóns para o comportamento de Sun son obvias. Entre elas, conservar o dereito de autor (copyright) sobre todo o código de OOo permítelle ofrecer versións abertas (OOo), versións propias (StarOffice) e até vender o desenvolvemento para que logo sexa este comercializado en código pechado (Lotus Sinphony da IBM).
Velaí que xurde Michael Meeks de Novell (tamén desenvolvedor de OOo e GNOME) decidindo lanzar un atrevido fork de OpenOffice.org, nomeadamente Go-oo.org. Segundo reza o slogan, Go-oo pretende ser «Mellor, máis rápida e máis libre» . O proxecto está a medrar paseniño mais firme pois até dispón melloras significativas e diferenciadas.
Meeks vén de ofrecer unha entrevista durante a sú aparticipación na GUADEC de Estambul da que tiven coñecemento por esta nova.
asennadas
En: AGNIX, Estándares, FLOSS, Negocios por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Trátase dunha suite ofimática baseada no código de OpenOffice.org que está a recibir moitas loubanzas sobor de todo pola mellora da usabilidade, unha contorna máis amigable e o soporte ao estándar ISO/IEC 26300 do ODF.
Lotus Synphony é de balde mais está complexo saber se tamén é libre ou tan sequera de código aberto. Este comentario disque IBM mercou unha licenza a Sun Microsytems para manter o código pechado, algo que parece ser refutado porque a súa descarga ten que ser feita a través da web.
A suite ofrece unha interesante colección de complementos (plugins) e o galego non está incluido entre os idiomas soportados.
asennadas
En: AGNIX, Estándares, Negocios por Roberto Brenlla
1 Comentario »
Foron moitos os meses de esforzos, traballo e burocracia mais, se non se torce no derradeiro trámite, Claudio F. Filho virá a traballar connosco. Enténdase traballar a facelo como analista en C.T.I.TEGNIX, como socio de AGNIX e como un integrante máis da comunidade galega, aportando a súa adicación e ampla experiencia liderando proxectos como BrOffice, Mozilla-BR, defensa de estándares abertos na ABNT, responsable de migracións masivas, etc.
Deixo unha ligazón á procura feita polo termo «Filho» dentro de agnix.org como mostra dalgunhas das noticias a el referidas nas páxinas da asociación.
asennadas
En: AGNIX, Amizade, Brasil, Estándares, FLOSS, Galicia-Galiza, Persoal, TEGNIX por Roberto Brenlla
1 Comentario »
Pois xa postos en novas sobre o OOo, velaquí unha outra importante: vén de anunciarse a saída da versión 2.4 con todas estas melloras.
Podes decargala
En: AGNIX, FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Thorsten Berens, desenvolvedor de OpenOffice.org para Novell, presentou na pasada OOo Con 07 de Barcelona un prototipo de visor/editor dos parámetros de configuración internos de OpenOffice chamado OoConfig.
Feito en Python, parsea os ficheiros XML de configuración de OOo e amósanos os valores de cada parámetro nunha folla de cálculo OOo-Calc. Hai varias columnas, indicando nome da variable, tipo de datos, explicación detallada da súa función e valor. O obxectivo de OoConfig é similar ao about:config do Firefox dado que permite modificar valores de OOo agochados.
Xa está dispoñible para a súa descarga unha versión de probas desta ferramenta, nomeadamente ooconfig.oxt.
Fonte.
asennadas
En: AGNIX, FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
eVoice é unha extensión para o OpenOffice.org doada de ser usada coa que podes engadir comentarios de voz ás túas presentacións feitas co OOo Impress.
Dá a posibilidade de gravar e engadir comentarios de audio ás diapositivas, poñendo cada comentario á correspondente diapositiva e logo incluilo todo nun documento Impress en formato Speex para mantelo todo cun mínimo tamaño. Logo os comentarios son reproducidos automaticamente durante a presentación.
Podes descargar esta extensión tanto para Windows como para GNU/Linux. Para aprender a usalo tes esta páxina e para deixalo ben configurado este documento .odt.
asennadas
En: AGNIX, FLOSS, Relatorios por Roberto Brenlla
1 Comentario »