OOXML non acada a maioría na votación ISO
O formato privativo OOXML (Office Open XML) proposto pola Hasefroch para ser o segundo estándar da ISO, rexeitado xa con anterioridade, está a piques de estragar a súa derradeira oportunidade.
A ISO ten todo este mes de marzo para decidirse mais, polo de agora, sábese que a votación acontecida no BRM (Ballot Resolution Meeting) estes pasados dias en Xenebra (Suiza) foi tal que así:
Aproban = 4
Rexeitan = 4
Desestiman votar = 2
Absténsen = 15
Nembargantes a decisión aínda está totalmente pendente... pero temos razóns suficientes para manter a confianza de que finalmente o ODF será o único estándar recoñecido pola ISO.
Ampla información aquí.
chuzame -
En: AGNIX, Hasefroch por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Dia para a Liberdade dos Documentos o 26 de marzo ‘08
Dentro dun mes, concretamente o 26 de marzo de 2008, celebrarase o Dia para a Liberdade dos Documentos para que sirva de punto de apoio para a liberación dos documentos e os estándares abertos.
Estase preparando un DFD Starter Pack que conterá unha bandeira, unha camiseta, folletos e adhesivos. Enviarase durante as primeiras semanas de marzo aos 100 primeiros equipos que se inscriban. Dezaseis equipos xa se inscribiron na fase de preparación da DFD.
Os equipos interesados xa se poden inscribir aquí. Máis información no sitio DocumentFreedomDay.
É bo lembrar que nesta mesma semana a ISO avaliará definitivamente a estandarización do OOXML proposto por M$, rexeitado ata o de agora. Porén, a M$ estase abrindo estratexicamente co ánimo oficial de favorecer a interoperatividade e máis probablemente para que serva á súa proposta. Isto a estas alturas non abonda para varios gobernos do mundo, como Brasil, que xa van adoptando como estándar ao ODF.
É isto só unha teima na contra da privativa M$? Por que temos que dicir NON ao OOXML?
chuzame -
En: AGNIX, FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
ODF pode chegar ser norma brasileira (alén da ISO)
O debate ODF vs OOXML non rematou. O primeiro xa é estándar ISO 26300:2006 e comeza ser adoptado amplamente por diferentes estados e gobernos rexionais como se pode comprobar neste PDF co relatorio anual ODF de 2007. Lido superficialmente, en España só aparece a admirada Estremadura.
Pola contra, o OOXML da M$ foi rexeitado como estándar mais aínda ten unha derradeira oportunidade na vindeira semana en Suiza. Daí que estemos de novo a voltas coa súa aprobación ou rexeite definitivo.
Por aquí apenas temos a metade da repercusión que houbera na primeira votación, se cadra confiados demais, descontando o seu rexeite como algo que acontecerá con certeza.
Onte aconteceu no Brasil o debate ODF vs OOXML no Rio de Janeiro onde, unha vez máis, han votar negativamente na contra do OOXML.
De todo isto fun informado polo amigo Claudio F. Filho pois é un dos técnicos que avaliou o OOXML para a ABNT (Associação Brasileira de Normas Técnicas). Contou tamén que o ODF irá a consulta pública para se convertir en norma brasileira de imperativo cumprimento.
chuzame -
En: AGNIX, Brasil, FLOSS, Persoal por Roberto Brenlla
2 Comentarios »
Segundo varios observadores, di esta