Nokia con Android?

Souben por Jesús Amieiro que Nokia pode estar a desenvolver un teléfono móbil co Android de Google. O novo dispositivo tería pantalla táctil (touchscreen) e sería amosado na conferencia Nokia World en setembro coa esperanza de relanzar a súa cota de mercado no segmento dos smartphones.

Nokia, que fabrica preto de catro en cada dez teléfonos móbiles vendidos no mundo, foi perdendo terreo no mercado de teléfonos que poden acceder a internet, enviar correo e baixar aplicacións de terceiros, por causa de produtos coma o Apple iPhone e mailo BlackBerry Storm. A plataforma Android, entrementres, vén gañando terreo e agárdase que máis de media dúcia de teléfonos con Android deberían estar dispoñibles a final do ano.

Analistas do HSBC sinalan que Nokia tiña o 47% do mercado mundial smartphone en 2007, que caeu a 35% no verán pasado e posiblemente caia ao 31% a finais do ano. Ademais, o segmento smartphone é crítico, pois é a única parte do mercado de telefonía móbil que está crecendo.

Optar por empregar Android, unha plataforma «fonte aberta» plataforma á que calquera pode acceder para desenvolver, é un troco de estratexia bastante importante. Hai un ano, a Nokia mercou Symbian e abriuna de xeito semellante ao Android pero a resposta a esa apertura foi infructuosa. Pola contra Android está a atraer a unha multitude de desenvolvedores ofrecendo os seus «widgets» a través do Android Marketplace.

Xa hai quen instalou Android nun dos dispositivos existentes de Nokia, o N810 Internet Tablet, pero o vindeiro desta seria é agardado que se publique con integración total de Android.

Tamén hai especulacións de que Nokia estea estudando ampliar a súa oferta da gama smartphone tralo acordo de colaboración con Intel.

Fonte.
Jesús Amieiro engade máis fontes, unhas confirmando (esta e estaoutra) e outras negándoo (esta e estoutra).

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Coche Open Source movido por hidróxeno

Presentouse en Londres o primeiro coche da empresa Riversimple. Nada especial se non fora por tratarse dun coche movido por hidróxeno e desenvolvido colaborativamente a través da 40 Fires Foundation. O proxecto dispón dunha licenza Open Source e baséase na adopción de estándares abertos como pode lerse nesta FAQ.

Outra diferenza importante é que non venden o coche, tan só o deixan baixo contrato de arrendamento (leasing) cunhas condicións excepcionais. Ver para crer!

Podes informarte máis deste nesta web, ollar unha foto do modelo (realmente unha mágoa que sexa tan feo) ou ir á fonte.

Tamén podes lembrar que hai outro desenvolvemento semellante comentado na nova titulada ‘Coche Open Source da EDAG‘, outro nomeado OSCar, unha tendencia á apertura que se confirma na aposta dalgúns grandes fabricantes no proxecto GENIVI.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

II Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source 09

Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten automatizar unha gran cantidade de procesos industriais e domóticos. Aínda que no mercado existen múltiples alternativas, propoñemos unha introdución ás solucións baseadas en deseños libres que, ademais de ser completamente funcionais, facilitan a súa introdución nas PEMES e no ensino.

O obxectivo principal destas xornadas é dotar ao alumnado cun coñecemento básico no control automático e nos rudimentos básicos da robótica con microcontroladores, empregando en todo momento licenzas libres. No curso presentarase de forma práctica tanto o uso de hardware libre Arduino, como as ferramentas de programación necesarias e dispoñibles en GNU/Linux. Haberá tamén conferencias sobre robótica e obradoiros nos que se programará un mini-robot móbil autónomo. As xornadas consistirán nun 25% de exposición interactiva e nun 42% de prácticas sobre hardware. Para o maior aproveitamento deste curso, o único
prerequisito son coñecementos básicos dunha linguaxe de programación estruturada.

Grazas ó apoio da Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, estás xornadas serán recoñecidas como Curso de Verán da USC. Os/as asistentes terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Para os/as
estudantes da USC, este curso será recoñecible como 2 créditos de libre configuración.

Só hai 50 prazas e se asignarán por orde de inscrición.

Máis información e material promocional:

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Open Source, é Capitalista ou Comunista?

Bruce Perens é o creador da «Open Source Definition«, o Manifesto Open Source sobre software de código aberto. Perens representou ao Open Source no Cúmio Mundial das Nacións Unidas sobre a Sociedade da Información a proposta do Programa de Desenvolvemento das Nacións Unidas.

Bruce Perense escribe un artigo titulado «Open Source é capitalismo ou comunista?» que atopei grazas a esta fonte. Traduzo parcial e libremente algo del:

Xa hai blogueiros que afirman que o Open Source é un movimento capitalista! Hainos que din que é comercial! E, Open Source é sobre capitalismo, non sobre Freebies!

De feito, a verdade é moito máis complicada. Imos entrar na economía de software e de empresas para comprendelo.

Primeiro, son os negocios capitalismo? Con certeza, podes dicir. Pero a verdade é que as empresas raramente operan baixo un modelo puro de capitalismo. E menos agora. Baixo tal modelo, as empresas en bancarrota ou non competitivas non estarían permitidas, morrerían nunha especie de lei Darwin social.

(…) Pero non só son empresas comunistas as que erran. As empresas esixen o «común» (Commons) para operar. Vías públicas e de infraestrutura en xeral, son os exemplos usuais, pero tamén a máis ampla colección de case todo o que o goberno fai: proporcionar un marco común de dereito para que as empresas poidan competir, manter a orde civil, proporcionar educación para a forza de traballo, financiamento da investigación e do desenvolvemento.

Engade á lista do «común» que os negocios dependen do Open Source . Open Source é o sistema interestatal de estradas de software. O sistema funciona con internet e infraestruturas de telecomunicacións a través das cales as empresas comunícanse.

Daquela Open Source é comunista? Non normalmente. O seu desenvolvemento e finanzas xiran arredor de tres paradigmas distintos, e só un deles pódese dicir que non ten un obxectivo presente na empresa. Son estes:

  1. Infraestrutura (Linux, Apache, Eclipse…)
  2. Sen ánimo de lucro (Free Sw Foundation)
  3. Lucro Directo (MySQL, Spring…)

A seguir o autor ofrece unha serie de exemplos de negocios arredor do mundo do SwL e mailo código aberto (FLOSS, para abreviar) contemplando tamén os casos mixtos, é dicir, os que empregan vías capitalistas e comunistas como Google.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Está roto o modelo Open Source?

Así o cre Stuart Cohen, anterior CEO de OSDL (Open Source Development Labs), a organización sen fins de lucro destinada a promover Linux e que actualmente emprega a Linus Torvalds. Stuart escribiu nun artigo publicado en BusinessWeek que o modelo de negocios tradicional do Open Source, que se basea en vender soamente soporte e servizos, está roto.

«Para os que non estiveron prestando atención á industria do software ultimamente, téñolles malas novas. O modelo de negocios do Open Source está roto. O código Open Source xeralmente é moi bo e non require moito soporte. Así que as empresas Open Source que confían soamente en soporte e servizos non durarán moito neste mundo«.

«A menos que os vendedores de Open Source atopen novas formas de agregar valor para os seus clientes, especialmente na (actual) contorna económica, o crecemento das súas compañías está en serio risco«, escribiu Cohen.

O amigo Tonio Castro foi quen me recomendou este artigo, baseado noutro de Slashdot.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Gartner di que en 12 meses todas as empresas usarán SwL

A consultora Gartner apunta que o 85% das empresas xa son usuarias de software de código aberto e o 15% restante van adoptalo en 2009.

Estas conclusións foron obtidas a raíz dunha enquisa levada a cabo entre os meses de maio a xuño de 2008 que abrangue a 274 organizacións das rexións Asia/Pacifico, Europa e América.

No entanto, o Gartner dixo que 69% das empresas pescudadas non posúen unha política formal para avaliar e catalogar a utilización de open source, co cal pode significar «un gran potencial de crear violacións de propiedade intelectual«, alerta o instituto.

«As empresas precisan ter políticas para aplicacións en código aberto, decidindo cales áreas terán open source e identificando cales son os riscos asociados con propiedade intelectual ao usar o open source. Cando as políticas estiveren estabelecidas, é preciso ter un proceso de dirección para garantilas.«

De acordo co Gartner, o código aberto está sendo instalado de maneira equivalente tanto en ambientes de misión crítica canto nos que non son críticos.

As tres principais razóns para adoptar open source están relacionadas co

  1. custo total de propiedade (TCO),
  2. custo menor para o desenvolvemento e
  3. maior facilidade para comezar novas iniciativas usando unha base de código aberto.

«Algúns dos entrevistados dixeron que eles tamén utilizan open source para se protexeren de ter só un fornecedor que é ‘dono’ de todo o seu departamento de TI» resaltou o Gartner. É dicir, avalían positivamente a independecia tecnolóxica que lles fornece o código aberto.

Outros entrevistados dixeran que a principal razón de negocios para adoptar código aberto estaba nun «tempo de resposta» (traducino de time to market) máis rápido para novos produtos e a capacidade de evitar procedementos e regras de vendas complexas.

Con todo, ter unha correcta dirección na contorna aberta é o maior desafío para as empresas, seguido polos termos conflitivos de ter varios tipos de licenzas e formulários.

«Entender cando e como a alternativa aberta debe ser usada é un proceso frustrante. Esas cuestións deberán ser resoltas lentamente. A maior popularidade do código aberto vai empurrar esas mudanzas«, dixo Wurster.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hardware aberto, tipo Lego

A maior parte da variedade de open source hardware céntrase en produtos específicos. Bug Labs toma un enfoque distinto. No canto de desenvolver determinados dispositivos, o obxectivo de Bug Labs é fornecernos dunha colección semelante ao Lego de hardware e software de código aberto que a clientela pode emrpegar para crear os seus propios trebellos.

Segundo o seu xerente, Peter Semmelhack, o resultado non ten por que posuir un elevado grao de innovación pero pode ser percursor do futuro nos negocios de hardware.

O artigo completo (en inglés) inclúe máis detalles e opinións sobre esta interesante perspectiva posto que, entre outras cousas, abarata custes de realización de novos proxectos en equipamentos alén de «Democratizar a Innovación» como sinala Eric von Hippel.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Como combatir ao Open Source

Leo en Barrapunto que á súa vez vén de Slashdot unha nova que amosa ben ás claras as raíces que están a botar o SwL e o código aberto (open source) en xeral. Así, algúns cren que o modelo de negocios de software privativo precisa de axuda xa que logo dous profesores de negocios das prestixiosas universidades de Harvard e Stanford publicaron a obra «Divide e Conquista: competindo coa tecnoloxía libre en contornas de rede» (Divide and Conquer: Competing with Free Technology Under Network Effects).

Ese traballo de pescuda está adicado a axudar ao persoal executivo de negocios a loitaren contra a avalancha do software open source. Os profesores aconsellan chegar ao mercado o primeiro e manter o produto pechado ao tempo que se segmenta o mercado para daquela obter vantaxa da estratexia «divide e conquista».

Os profesores tamén recomendan o modelo «abrazar, extender e extinguir» (‘embrace and extend‘), a mesma estratexia que o Departamento de Xustiza dos EE.UU. alegou que empregaba M$. Segundo o estudo, esta estratexia é a idónea cando quen chega primeiro ao mercado é a solución de código aberto.

O artigo remata recomendando a lectura destoutro titulado «open source is having a serious effect on proprietary technology vendors«.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Estudo de O’Reilly revela razóns para crecemento do FLOSS

estudo_oreilly.gifVisto en Barrapunto e traducido ao galego a partir de Comunidad Linux:

 De acordo a unha nova e custosa investigación de O’Reilly existen polo menos 6 razóns para o rápido crecemento do software de código aberto ou open source. Axilidade e escalabilidade, independencia de fabricante, calidade e seguridade, custo e innovación. Sen importar cal destas sexa a máis forte as descargas desde Sourceforge.com continúan medrando.

Nunha área en particular o software de código libre brilla e é a habilidade de escaparse de quedar atrapado cun fabricante de software. Segundo o estudo:

«Debido a que os fabricantes de software practicamente non teñen medo de ser substituídos, atópanse na posición de cobrar altos cargos de mantemento e actualizacións. Por exemplo Oracle acaba de anunciar un aumento dun 20% no custo do seu software de base de datos (acompañado tamén dun crecemento do mantemento do mesmo) completamente seguros de que moi poucas empresas atópanse na posición de resistir este aumento debido á dificultade de substituír os seus produtos«

Sen importar o prezo asociado a relacionarse con Oracle, Microsoft, SAP, IBM, HP, etc. algúns compradores corporativos comezan a reflectir o custoso que sería desfacerse destas relacións. Tecnoloxías como SaaS que poderían ser moi boas para os clientes poden ser facilmente evitadas por fabricantes que son donos dos seus clientes.

Esta situación incita a Sun, Red Hat e a outros vendedores open source a prover aínda máis solucións abertas. Os clientes non deberían ter que elixir o menor custe entre dous vendedores. Deberían gañar opcións cando compran software, e non perdelas.

O estudo de O’Reilly e a nova orixinal en inglés.

Nota: FLOSS equivale a Free/Libre/Open Source Software

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

I Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source

Logo do éxito e interese que espertou o Obradoiro de Robótica organizado por AULUSC en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia na última edición da Xuventude Galiza Net (XGN08), decidimos levar a cabo unha actividade na que poder fomentar o uso das plataformas libres neste eido: XCARFOS 08Con esta primeira edición, organizada polos grupos de usuarios de Linux de Galicia AULUSC e GLUG, tratarase o uso de ferramentas open source para o control automático, con especial énfase nesta edición no uso de microcontroladores Atmel e a solución de open hardware Arduino.

As xornadas están orientadas á construción de robots baseados no Arduino e á explicación de como aproveitala potencia dos microcontroladores co uso do PC e de software de control robótico aberto.

Datas de PREINSCRICIÓN: do 21 ó 27 de maio deste mes

Data de INSCRIPCIÓN: do 28 ó 29 de maio

Data de CELEBRACIÓN: 17 e 18 de xullo

Máis info en http://xcarfos.aulusc.org.es

Fonte ofrecida por Óscar Casal.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

No 2012 o 90% das empresas usarán Open Source

Segundo sinala a consultora Gartner, en poucos anos case que todos os negocios usarán tecnoloxías Open Source, até naquelas onde os xestores de tecnoloxía prefiren falar de termos de moda como o SaaS (software as a service).

«Ao redor do 2012, máis do 90 por cento das empresas usarán open source de xeito directo ou embebido. Quen rexeite o open source por razóns técnicas, legais ou empresariais terán que atoparse a se mesmos usando open source en vez de opoñerse

Porén, Gartner argumenta que a nível de sistema oprativo, o uso de Linux está a amosar menores beneficios en TCO (total cost of ownership, custe total de propiedade), polo que «Moita da dispoñibilidade, xestión e custes de licenzas de SXBD (Sistemas Xestores de Bases de Datos) seguirán a ser proprietarios«.

Mark Taylor, presidente do grupo de promoción Open Source Consortium, cre que Gartner está a infravalorar a penetración do open source, sinalando que «Todo o mundo está a usalo a cotío en servizos como Google.«

Podes ler o resto do artigo (en inglés).

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp