Nokia con Android?

Souben por Jesús Amieiro que Nokia pode estar a desenvolver un teléfono móbil co Android de Google. O novo dispositivo tería pantalla táctil (touchscreen) e sería amosado na conferencia Nokia World en setembro coa esperanza de relanzar a súa cota de mercado no segmento dos smartphones. Nokia, que fabrica preto de catro en cada dez […]

Coche Open Source movido por hidróxeno

Presentouse en Londres o primeiro coche da empresa Riversimple. Nada especial se non fora por tratarse dun coche movido por hidróxeno e desenvolvido colaborativamente a través da 40 Fires Foundation. O proxecto dispón dunha licenza Open Source e baséase na adopción de estándares abertos como pode lerse nesta FAQ. Outra diferenza importante é que non […]

II Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source 09

Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten automatizar unha gran cantidade de procesos industriais e domóticos. Aínda que no mercado existen múltiples alternativas, propoñemos unha introdución ás solucións baseadas en deseños libres que, ademais de ser completamente funcionais, facilitan a súa introdución nas PEMES e no ensino. O obxectivo principal destas xornadas […]

Open Source, é Capitalista ou Comunista?

Bruce Perens é o creador da “Open Source Definition“, o Manifesto Open Source sobre software de código aberto. Perens representou ao Open Source no Cúmio Mundial das Nacións Unidas sobre a Sociedade da Información a proposta do Programa de Desenvolvemento das Nacións Unidas. Bruce Perense escribe un artigo titulado “Open Source é capitalismo ou comunista?” […]

Está roto o modelo Open Source?

Así o cre Stuart Cohen, anterior CEO de OSDL (Open Source Development Labs), a organización sen fins de lucro destinada a promover Linux e que actualmente emprega a Linus Torvalds. Stuart escribiu nun artigo publicado en BusinessWeek que o modelo de negocios tradicional do Open Source, que se basea en vender soamente soporte e servizos, […]

Gartner di que en 12 meses todas as empresas usarán SwL

A consultora Gartner apunta que o 85% das empresas xa son usuarias de software de código aberto e o 15% restante van adoptalo en 2009. Estas conclusións foron obtidas a raíz dunha enquisa levada a cabo entre os meses de maio a xuño de 2008 que abrangue a 274 organizacións das rexións Asia/Pacifico, Europa e […]

Hardware aberto, tipo Lego

A maior parte da variedade de open source hardware céntrase en produtos específicos. Bug Labs toma un enfoque distinto. No canto de desenvolver determinados dispositivos, o obxectivo de Bug Labs é fornecernos dunha colección semelante ao Lego de hardware e software de código aberto que a clientela pode emrpegar para crear os seus propios trebellos. […]

Como combatir ao Open Source

Leo en Barrapunto que á súa vez vén de Slashdot unha nova que amosa ben ás claras as raíces que están a botar o SwL e o código aberto (open source) en xeral. Así, algúns cren que o modelo de negocios de software privativo precisa de axuda xa que logo dous profesores de negocios das […]

Estudo de O’Reilly revela razóns para crecemento do FLOSS

Visto en Barrapunto e traducido ao galego a partir de Comunidad Linux:  De acordo a unha nova e custosa investigación de O’Reilly existen polo menos 6 razóns para o rápido crecemento do software de código aberto ou open source. Axilidade e escalabilidade, independencia de fabricante, calidade e seguridade, custo e innovación. Sen importar cal destas […]

I Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source

Logo do éxito e interese que espertou o Obradoiro de Robótica organizado por AULUSC en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia na última edición da Xuventude Galiza Net (XGN08), decidimos levar a cabo unha actividade na que poder fomentar o uso das plataformas libres neste eido: XCARFOS 08Con esta primeira edición, […]

No 2012 o 90% das empresas usarán Open Source

Segundo sinala a consultora Gartner, en poucos anos case que todos os negocios usarán tecnoloxías Open Source, até naquelas onde os xestores de tecnoloxía prefiren falar de termos de moda como o SaaS (software as a service). “Ao redor do 2012, máis do 90 por cento das empresas usarán open source de xeito directo ou […]