Arranxando Firefox traballando sen conexión
Dende hai ano e medio o meu pai usa Ubuntu e tiña unha pequena queixa: cada vez que arrancaba o navegador Firefox este facíao en modo «Traballar sen conexión«.
Dado que a súa última actualización de distro que lle fixen foi cara a Ubuntu 8.04, decidín pegar o seu portátil para actualizalo á 9.04 e tentar arranxar ese gran inconvinte do navegador. A actualización de distro foi doada, o do navegador non tanto. Probei dúas solucións semellantes (unha, dúas) pero non me convenceron. Por que? Porque arranxaban o problema de conexión por modem USB (o meu pai emprega o programa externo «Escritorio Movistar«) e o do Firefox pero, se desexaba volver conectarme á rede cableada non podía porque o Network Manager que trae Gnome ficaba desactivado.
Claro, podía conectarme vía liña de comandos pero… é iso adecuado para o meu pai? Ao parecer se ese xestor está activado e non atopa rede (cableada ou inarámica) dalle a mensaxe ao resto de Gnome para anunciar que está «sen conexión» e daí que o Firefox comezara dese modo.
Solucioneino subsituíndo o NetworkManager polo Wicd, independente de Gnome maila interfaz Gtk. De feito, ao instalar Wicd o NetworkManager desinstálase.
Agora si, todo funciona coma é debido, sexa por modem, cable ou WiFi.
asennadas![]()
En: AGNIX, FLOSS, Internet, Persoal por Roberto Brenlla
2 Comentarios »


Aínda dándolle voltas ás declaracións de Negroponte, alma mater do proxecto 

Adeona
Ben tempo levaban soando rumores sobre o que agora xa é oficial, o proxecto 
