Arranxando Firefox traballando sen conexión

Dende hai ano e medio o meu pai usa Ubuntu e tiña unha pequena queixa: cada vez que arrancaba o navegador Firefox este facíao en modo “Traballar sen conexión“. Dado que a súa última actualización de distro que lle fixen foi cara a Ubuntu 8.04, decidín pegar o seu portátil para actualizalo á 9.04 e […]

APAs Coruña contra M$ na Educación

Desde hai uns dias sabíase da intención de Zapatero de dotar ao alumnado de primaria cun portátil no que o sistema operativo e mailas súas aplicacións serían totalmente privativas. E as reaccións na comunidade non demoraron. O comunicado de Hispalinux con diversas ligazóns a outros informes e reaccións pode ser un dos emblemáticos entre outros […]

Touch Book, con software e hardware libres

A conquista a prol dun hardware libre estase a afianzar. Olla as características do hardware (dispoñible en PDF baixo licenza GPL) do Touch Book: 9.4″ x 7″ x 1.4″ con teclado, peso aprox. 910 gramos ARM Texas Instruments OMAP3 chip 1024×600, pantalla de 8.9” 8GB micro S Wifi 802.11b/g/n e Bluetooth Aceleración 3D Altofalantes, micro […]

John Lennon resucita para promocionar o OLPC

Aínda dándolle voltas ás declaracións de Negroponte, alma mater do proxecto OLPC (One Laptop per Child -un computador para cada neno-), referidas ao acordo acadado con Hasecorp para o uso de sw privativo neste portátil (en arranque dual), o certo é que na web do proxecto seguen sinalando que empregan SwL, supoño que só na […]

Portátil con Ubuntu e mailo seu logo estampado na tapa

A Gazelle Ultra de System76 é un portátil de 13.3″ cun lector biométrico que inclúe Ubuntu 8.10 “Intrepid Ibex” de 64 bits preinstalado. Por US$ 899 (uns 721€) a configuración básica da Gazelle Ultra ofrece un CPU Core Duo T3200 2.0 GHz, 2 Gb de RAM DDR2 de 800 MHz, vídeo Intel X4500HD, disco de […]

Portátil con Linux que arranca en segundos

Good OS, máis coñecido como o gOS Linux que debutara nos hipermercados Wal-Mart, vén de anunciar “Cloud” un novo sistema operativo que arranca en segundos dentro dun navegador con Google, Yahoo! e Live, opcionalmente dentro de Window$. Cloud amosou o GIGABYTE Touch-Screen Netbook na Netbook World Summit e na rede neste enderezo: http://www.thinkgos.com. Nese sitio […]

O portátil de $100 non é o OLPC

O máis ca comentado proxecto OLPC (One Laptop per Child) deu moitos sensabores á comunidade. Así que chama a atención que “O primeiro portátil de $100 executa Linux” sexa un portátil distinto ao OLPC pois é unha nova oferta da competitiva industria chinesa. O HiVision miniNote ofrce 1GB de flash, expansible vía ranura SD.Ten 128MB […]

Adeona, rastrexando portátiles

Adeona é un sistema con licenza GPL que vai rastrexando o dispositivo portátil onde estea instalado de tal xeito que, segundo din no propio proxecto, sirve para atopalo doadamente cando o perdas ou sufras o seu roubo. O software non traballa cun sistema central propietario, é dicir, quen instala o programa non ten que confiar […]

OLPC acada acordo con M$

Ben tempo levaban soando rumores sobre o que agora xa é oficial, o proxecto OLPC (One Laptop per Child) vén de anunciar un acordo con Hasefroch para proporcionar un arranque dual (GNU/Linux e Window$ para XO). Nementres, OLPC segue subliñando que seguen absolutamente decididos en proporcionar a cada neno do mundo un sistema de aprendizaxe […]

UMPC de Airis con GNU/Linux por 299 euros

A moda dos UMPC (Ultra Mobile PC) está en auxe. Ás moitas novidades destes últimos meses éngase agora a oferta do Airis Kira 100, un portátil que, aínda recomendando Hasefroch XP, leva preinstalado un GNU/Linux con OpenOffice.org. O equipamento inclúe: TFT 7″ (800×480) WVGA Procesador Via C7- Mobile Ultra Low Voltage a 1 GHz Módem […]

Meu pai (72 anos) usa Ubuntu

O pasado mes de novembro o meu pai cumpriu o seu 72º anversario. Non sabía que regalarlle. Daquela a miña nae di que lle quere mercar un portátil, pedíndome que me encargara de facelo. Tate, xa está! Vai usar Sw Libre! O meu presente sería darlle clases e mantemento do sistema ameazándolle que, de mercar […]