Aprobadas as enmendas torpedo
No informe elaborado polo eurodeputado británico Malcolm HARBOUR (PPE/DE), aprobado por 548 votos a favor, 88 contra e 14 abstencións, o Parlamento Europeo salienta que, "a fin de resolver as cuestións de interese público relativas á utilización dos servizos de comunicacións e incentivar a protección dos dereitos e liberdades de terceiros, as autoridades nacionais competentes deben poder crear e divulgar, co auxilio dos fornecedores, información de interese público respeitante á utilización dos servizos de comunicacións".
A proposta do "paquete das telecomunicacións" (coñecidas como enmendas torpedo) relacionada cos consumidores visa alterar dúas directivas e un regulamento actualmente en vigor. O dereito de mudar de operador de telecomunicacións no prazo dun día, a transferencia de números, o dereito a informacións tarifarias transparentes e comparables, a posibilidade de marcar números verdes a partir do estranxeiro e unha maior eficacia do número europeo de emerxencia 112 son algunhas das novidades aseguradas polo Parlamento Europeo.
Porén, o máis importante é a proposta relacionada cos consumidores, sobre a cal o Parlamento Europeo votou hoxe en primeira lectura (proceso de co-decisión co Consello), que visa alterar a directiva relativa ao servizo universal e aos dereitos dos usuarios, a directiva sobre o tratamento de datos persoais e protección da privacidade nas comunicacións electrónicas e o regulamento relativo á cooperación na defensa do consumidor.
Esta información debe comprender advertencias de interese público sobre a violación dos dereitos de autor, outras utilizacións ilegais e a divulgación de contidos nocivos, ben como consellos e medios de protección contra riscos para a seguranza persoal, decorrentes, nomeadamente, da divulgación de información persoal.
A información de interese público debe ser "actualizada sempre que fora necesario e presentada baixo a forma dun texto facilmente comprensible, impreso e en soporte electrónico, tal como sexa determinado en cada Estado-membro, e publicada nos sitios Internet das autoridades nacionais".
Paga a pena ler todo este artigo na páxina do Parlamento europeo (en portugués ou castelán).
Ligazón enviada por Ana Miranda.
Aínda e así a cousa puido ser ben peor toda vez que algunhas das máis polémicas enmendas foron rexeitadas.
chúzame -
En: AGNIX, Internet, Seguridade por Roberto Brenlla
1 Comentario »
Adeona
Para que precisas borrar completamente discos duros? Pódense pór varios exemplos. No meu caso é pola cesión do meu portátil a outra persoa con suficientes coñecementos técnicos como para atopar datos teoricamente eliminados. Outro exemplo ben sinxelo pode ser a venda do teu equipo a unha persoa descoñecida.

Na serie de artigos que titulei "