II Xornadas de Programación Web con Software Libre de OuSLi

Entre o 23 ao 27 de Xuño Ousli organiza as II Xornadas de Programación Web con Software Libre.

Estas Xornadas, ao igual co ano pasado, están destinadas a amosar todas as posibilidades que as últimas tecnoloxías do mercado en desenvolvemento web nos ofrecen para levar a cabo os nosos proxectos persoais ou empresariais.

Dentro deste contexto de tecnoloxías web, as xornadas destacan a especial importancia que ten o Software Libre, tanto no desenvolvemento de linguaxes, frameworks... que proporcionan estas tecnoloxías e que estean dispoñibles para a comunidade de desenvolvedores, como a utilización de ferramentas tamén libres para a utilización destas tecnoloxías, e deste xeito, poderes desenvolver proxectos web integramente en GNU/Linux empregando Software Libre.

Aberto o prazo de incrición.

asennadas

Chuzame! chuzame -

NetBeans 6.1 integra MySQL e PHP

Sun Microsystems vén de anunciar a versión 6.1 do IDE (Integrated Development Environment, Contorna de Desenvolvemento Integrado) NetBeans, con licenzas libres GPLv2 e CDDL.

As dúas melloras máis significativas son a integración de MySQL nos proxectos desenvolvidos no IDE e maila introdución dun conxunto de ferramentas para poder empregar PHP. As ferramentas PHP veñen como engadido separado, PHP Early Access, con funcións de edición intelixentes. Alén disto tamén está garantida a integración con CSS, HTML e javascript así como un mellor soporte á progamación orientada a obxectos Ruby e Jruby (un xestor da plataforma Ruby).

Nesta versión con integración de MySQL disponse da posibilidade de usala con recursos Web Ajax. Para ilo fornécese un navegador exclusivo no propio IDE.

Paga a pena lembrar que existe unha ampla colección de engadidos dispoñibles para NetBeans.

Fonte.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Prácticas con Python

A prestixiosa revista Linux Magazine ten na súa vertente electrónica unha boa serie de artigos, todos eles descargables en PDF, que inclúe unha ampla gama de temas sobre programación en Python, unha das linguaxes máis flexibles e empregadas na actualidade.

Estes son os artigos:

Están en portugués do Brasil.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Xornadas sobre -Programación Web en Software Libre- de OuSLi

Este ano OuSLi volve a celebrar as Xornadas sobre "Programación Web en Software Libre".

A diferencia do ano pasado, este ano en OUSLI queremos contar coa túa opinión. Decide ti o programa, os ponentes, horarios, duración, temática, prezo ... ¡¡axúdanos a facer unhas xornadas as que che gustaría asistir!!.

Para que ti podas decidir e axudarnos a web consta de 4 apartados:

  • Elixe o programa: Neste apartado poderas votar sobre conferencias propostas dende OUSLI para realizarse nas xornadas. As máis votadas serán elexidas para realizarse nas xornadas. ¡¡VOTA!!.
  • Call For Papers: Se tes experiencia na programación web en software libre, envíanos unha proposta de conferencia para participar como poñente nas xornadas. ¡¡Envía a túa conferencia!!.
  • Brainstorming: Se tes ideas sobre conferencias que se poderían realizar nas xornadas envíanos as túas ideas e se ademáis coñeces alguen que poida dar a conferencia refléxao na descripción. ¡¡Envía a túa proposta!!.
  • Contacto: Se queres porte en contacto con nos para calqueira dúbida ou suxestión o podes facer no formulario de contacto.

O tempo corre en contra de todos, dalle difusión entre os teus compañeiros e fagamos unhas moi boas xornadas. ¡¡¡Ti decides!!!

A data límite para o envío de propostas e Call for Papers será o día 14 de Abril ata as 23:59:59.

asennadas

Chuzame! chuzame -

O teclado ideal para programar

Teclado para programar

Fonte.

Chuzame! chuzame -