Prácticas con Python

A prestixiosa revista Linux Magazine ten na súa vertente electrónica unha boa serie de artigos, todos eles descargables en PDF, que inclúe unha ampla gama de temas sobre programación en Python, unha das linguaxes máis flexibles e empregadas na actualidade.

Estes son os artigos:

Están en portugués do Brasil.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Tuneando OpenOffice.org con OoConfig

Thorsten Berens, desenvolvedor de OpenOffice.org para Novell, presentou na pasada OOo Con 07 de Barcelona un prototipo de visor/editor dos parámetros de configuración internos de OpenOffice chamado OoConfig.

Feito en Python, parsea os ficheiros XML de configuración de OOo e amósanos os valores de cada parámetro nunha folla de cálculo OOo-Calc. Hai varias columnas, indicando nome da variable, tipo de datos, explicación detallada da súa función e valor. O obxectivo de OoConfig é similar ao about:config do Firefox dado que permite modificar valores de OOo agochados.

Xa está dispoñible para a súa descarga unha versión de probas desta ferramenta, nomeadamente ooconfig.oxt.

Fonte.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Screenlets, pequenas aplicacións no teu escritorio

Os screenlets son pequenas aplicacións escritas en Python que poden ser definidas como unha representación virtual de obxectos arredor do teu escritorio, como notas, reloxos, regras... e calquera outra cousa imaxinable que medre a usabilidade e a harmonía do escritorio.

Podes darlle unha ollada á súa sección de pantallas ou obter máis información, ir á sección de descargas directas (Ubuntu/Debian, Fedora, OpenSuse, Gentoo, Mandriva, fonte...) emailas numerosas contribucións de terceiras partes. A súa licenza é GPL.

Fonte.

asennadas

Chuzame! chuzame -