Vén de anunciarse a nova Fedora 9 (Sulphur) coas seguintes notas de lanzamento e con este resumo de novidades.
Sóubeno por un dos seus fans máis incondicionais, Manuel Morán, ao anuncialo na lista Softlibre-edugal.
asennadas
chuzame -
En: AGNIX por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
CentOS (Community ENTerprise Operating System) é unha versión gratuita do Red Hat Enterprise, xerado a partir do código fonte, elimando calquera rastro gráfico da RHEL e mantido de forma bastante competente por un grupo de desenvolvedores e voluntarios. Basicamente é unha versión gratuita do RHEL con excelente histórico de seguridade e cunha boa estrutura de suporte comunitario e atualizacións que a converten nunha distribución GNU/Linux moi popular para servidores web e contornas empresariais.
Carlos E. Morimoto, coñecido polo desenvolvemento da distro brasileira Kurumin, vén de publicar este titorial (en pt-br) específico para CentOS.
Fonte.
asennadas
chuzame -
En: AGNIX, FLOSS, Negocios por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
RedHat vén de presentar Publican, a ferramenta que emprega no seu proceso de documentación.
Publican produce libros baseándose no coñecido DocBook XML e o seu obxectivo é a xeración doada de documentación que acompañe aos desenvolvementos, con capacidades de exportación a PDF e HTML.
Jared Smith, integrante do proxecto de documentación de Fedora, sinala que antes demoraba entre 2o ou 30 horas preparar a documentación en DocBook XML e agora co Publican faino en apenas 15 minutos!
chuzame -
En: AGNIX, FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »