Estudan deixar Skype como Código Aberto

A xente de eBay, actual propietaria do sistema de chamadas por Internet, nomeadamente Skype, está pensando que probablemente sería unha boa idea o transformar o Skype a Open Source.

Hai pouco, eBay anunciaba que tivo que reducir un 10% o seu persoal así como outros problemas, como a comprobación de que os usuarios deste sistema en China están sendo espiados constantemente.

De ser facerse realidade, a licenza de código aberto que tería Skype podería facer trocar de parecer á FSF (Free Software Foundation) que vén de xerar unha lista de proxectos que precisan ser creados como libres.

A fonte apunta en última instancia á nova orixinal en Linux Journal.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Skype conectado ao Pidgin

Grazas ao apuntamento que me deu Calidonia souben deste plugin para mellorar a operatividade do programa de VoIP privativo máis estendido, o Skype, xunto ao Pidgin. Trátase do Skype4Pidgin.

O plugin en si ten licenza GPL e aínda que conecte Sw Privativo con Sw Libre é algo expresamente admitido pola FSF.

Desta vez deixo a evidencia do meu parecer a criterio de cada quen tan só relembrando o acontecido poucos dias atrás coa nova titulada "GPL vence a Skype".

asennadas

Chuzame! chúzame -

GPL vence a Skype

Segundo sinala o titular da fonte desta nova, "The GPL wins in Germany - again" (A GPL gaña en Alemaña - de novo), referente ao caso Skype vs. GPL-Violations levado adiante por Harald Welte. O anuncio de Welte aclara o resultado final, comentando o moito que custou sacala adiante.

Curiosamente hoxe mesmo escribín un artigo titulado "Propietario ou Privativo?" advertindo de violacións da GPL por confundiren SwL con que "podo facer todo o que queira con el". Si, certo, sempre que respectes os termos da súa licenza, especialemente referidos á continuidade da mesma, a dispoñibilidade pública do código fonte e mailo recoñecemento á súa autoría.

Procurando máis na web, atopei esta entrada en Br-Linux con detalles retrospectivos aclaradores:

Lembra do caso que tramitava na justiça alemã em que desenvolvedores do Linux (representados por Harald Welte, do gpl-violations.org) questionavam a Skype Technologies pela distribuição de um telefone IP com Linux sem a disponibilização do código fonte dos softwares livres envolvidos?

(...)

Os magistrados convenceram os advogados da Skype que eles estavam em um mato sem cachorro, e que ainda que eles provassem que a licença não valia - algo que eles não fizeram, nos autos - aí eles não teriam qualquer outra licença que lhes permitisse distribuir os softwares que vêm distribuindo há anos.

Skype tentou unha nova estratexia, a diferencia do que no seu dia fixera SCO. Quería probar perante os tribunais que a GPL infrinxía a lexislación alemá, especificamente ás leis anti-trust.

Significativo é o parágrafo sobre este mesmo tema en Groklaw: "A quen non lle guste a licenza, non ten que empregala, tan só escribe o teu propio código. Pero se queres usar código GPL, a licenza vai con el. É un acordo de conxunto. Grazas".

Unha vez máis, queda claro o poder do SwL, mesmo no eido legal.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Fring.com conecta móbil, SIP, Skype, Twitter…

Fring.com é un sitio web que ofrece un bo servizo para teléfonos móbiles que poidan conectarse a Internet. Ese é o meu caso grazas a un novo Nokia E65 (realmente é o E65-1) que temos os integrantes de C.T.I. TEGNIX. O trebello ten Wi-Fi, S.O. Symbiam e moitas cousas máis, idóneas para axendas colaborativas, contactos compartidos, etc.

Ao caso, conecteime con el por rede inarámica, fun a Fring.com, descarguei a aplicación e unha complementaria, dinme de alta e logo completei os axustes para conectarme (no meu caso) a:

  • SIP de Ekiga
  • Skype
  • Google Talk
  • Twitter

E hai máis posibilidades que non emprego.

Fixen probas e puiden chatear, enviar notas ao Twitter e até falar polo móbil recibindo unha chamada polo Skype.

Chuzame! chúzame -

Google e Skype xuntas?

Din que Google está interesada en mercar Skype, outros que en facer unha alianza ou acordo estratéxico.

Skype foi adquirida a finais de 2005 por eBay por 3.100 millóns de dólares. Unha cifra que moitos cren desmesurada e que en definitiva non xerou demasiados beneficios á empresa de poxas. É por iso que eBay podería ser estar interesada nunha revenda a Google, que da man de Skype podería entrar de cheo no negocio das VoIP.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Chamadas por Internet cifradas con Twinkle

Twinkle é unha aplicación para que poidas facer chamadas e mensaxes por Internet que é libre e emprega o portocolo estándar SIP, o mesmo que emprega o Ekiga. Podes subscribir unha conta SIP de ekiga.net aquí (preme en "Subscribe!").

Que ofrece Twinkle que non o faga Skype, a aplicación raíña da VoIP?

Para empezar Twinkle posúe licenza libre GPL e traballa con estándares, namentres Skype é pechada e xa foi condenada por violar a GPLv2. Twinkle é seguro, Skype é moi insegura. Amais disto, Twinkle permite cifrar as túas chamadas o cal faina idónea en ámbitos empresariais que empregan servidores púbicos.

Outras funcionalidades que ten Twinkle: dúas liñas de chamadas, múltiples identidades, chamada en espera, redirección baixo demanda, resposta automática, mensaxería, cifrado de chamadas con ZRTP/SRTP, soporte de múltiples códecs, soporte de controladores de audio ALSA e OSS, etc.

Na contra pódese comentar que Twinkle non está localizado ao noso idioma, non pode gravar as conversacións, SIP só vai por UDP, non é multiplataforma (só hai versión para GNU/Linux), non soporta video e... ten unha interface moi primitiva (fea demais na miña opinión). Skype ten a prol a súa ampla rede de  usuari at s.

A pesares das desvantaxes emprego Twinkle case que a cotío por motivos de liberdade e seguridade. Funciona moi ben e o soporte a video virá axiña (está na súa wishlist), aínda que, con franqueza, non o boto en falta.

Se tiveras problemas coa súa configuración, podes dar unha ollada ao arquivo de configuración:

/home/nome_usuario-a/.twinkle/nome_login.cfg

Varía apropiadamente os campos:

# USER
user_name=o_teu_login
user_domain=ekiga.net
user_display= Nome e Apelidos
user_organization=
auth_realm=
auth_name=o_teu_login
auth_pass=o_teu_contrasinal

# NAT
nat_public_ip=
stun_server=stun.ekiga.net

Hai moitas máis aplicacións libres que merecerían ser incluidas aquí: ekiga, openwengo, minisip, tapioca, linphone...

asennadas

Chuzame! chúzame -