Por que NON extirpar Mono? (Ubuntu)

Onte escribín un artigo sobre o “dilema” Mono ofrecendo o parecer de Richard Stallman e, de estares de acordo co seu discurso, tamén daba o método para eliminalo do teu sistema. Moitas distros inclúen Mono na súa instalación por defecto, entre elas OpenSUSE, Debian e Ubuntu. Velaquí a posición que ten Ubuntu sobre o asunto […]

Por que extirpar Mono? Como facelo?

Richard M. Stallman comenta: A decisión de Debian de incluir Mono na súa instalación predeterminada, pongamos por caso que debido a que Tomboy está escrito en C#, leva á comunidade a unha dirección arriscada. É perigoso depender de C#, polo tanto preciso desanimar o seu uso. O problema non só é debido a Mono xa […]

X FISL, funk de Stallman con GNU

Como mostra da festividade que supuxo a celebración do emblemático X FISL deixo este video feito por Augusto Campos amosando o baile de Stallman co GNU: [gv data=”zJVlxBWSgXo”][/gv] Tes máis informacións na fonte, tamén fotos. asennadas

Richard Stallman en Vigo

O pasado xoves (30 de abril de 2009) estivo na Fundación Caixanova o fundador do proxecto GNU, Richard Stallman. O recinto tiña cabida para 500 persoas, o cal deixouno ben ao límite de capacidade tralos axustes por inscritos que finalmente non viñeron. Segundo a organización, ao terceiro de dia da apertura do formulario de inscrición […]

Lutero versus Stallman

Aproveitando a segunda xira de Richard Stallman (Galipedia, máis na Wikipedia-en) por terras galegas e a que estou lendo un libro que me recomendou Javier de la Cueva, vou dar unhas pinceladas á biografía de Martin Lutero (1483-1546). Confío que igual cá xente coa que xa compartín esta idea, con só mencionar uns detalles da […]

Conferencias de Stallman en Ourense e Vigo

Richard Stallman, quen forma parte do comité asesor do Máster de SwL de Caixanova e referente do mundo do software libre,  estará presente en Ourense e en Vigo para impartir conferencias abertas ao público. O acto de Vigo terá lugar no Auditorio do Centro Cultural Caixanova o 30 de Abril ás 16:00h. O programa da […]

Estudo sinala o aforro que pode acadar EE.UU. co SwL

En tempos de crise e até recesión, calquera medida adoptada para reducir gastos é benvida. Sobre todo se é a gran escala e no sector tecnolóxico, onde existen varios xeitos para realizar unha mesma tarefa. Un estudo recente, publicado no sitio MeriTalk.com e realizado en conxunto con Red Hat e DLT Solutions, analizou o orzamento […]

Stallman, Cloud Computing é estupidez

Deixo claro que ese é o título traducido da nova que fai referenza a unha entrevista feita polo fundador da FSF, Richard M. Stallman, ao xornal The Guardian. A idea de empregar programas baseados na web como o Gmail de Google é “peor ca estupidez“. O Cloud computing (computación en nube) é “un modelo de […]

Barcelona acolle a I Conferencia Internacional de SwL promovendo a educación

Barcelona acollerá do 15 ao 17 de xullo a ‘I Conferencia Internacional sobre o Software Libre‘ como instrumento que favoreza a educación. O evento contará cuns 200 profesionais de administracións públicas, empresas do sector pedagóxico e de ONGs de todo o mundo. O congreso analizará, entre outros temas, as posibilidades de que o programario libre […]

Video da entrevista a Stallman en Canal Sur

No pasado xoves 22 de maio de 2008 Canal Sur emitiu unha entrevista ao fundador da FSF, Richard M. Stallman. Atopeina en YouTube: [gv data=”ZJe8quyKbgM”][/gv] asennadas

Cando Richard Stallman ficou na miña casa

Algún dia contarei algo de cando o fundador da FSF (Free Software Foundation) Richard M. Stallman estivera na miña casa durante a súa estadía na nosa comunidade, aló polo 2005. Dígoo porque veño de ler o que comenta un dos fundadores da extinta distro braisleira Conectiva, Rodrigo Stulzer, no seu blog nun artigo titulado “A […]

A Era da cultura hacker

Deixo traducido un artigo de Hernani Dimantas e Dalton Martins tiulado “A Nova Era da Livre Circulação da Informação, Cultura e Conhecimento – A cultura hacker” referido especificamente á contorna de países do hemisferio sur, os países con pobreza. Confundidos a propósito polo pensamento conservador como invasores de rede, os hackers somos todos os que […]