Compensa esforzarse en convencer se hai desinterese?

Bob Sutor, vicepresidente de negocio Open Source e Linux en IBM, deu o relatorio inaugural da recentemente concluída LinuxCon 2009 e nel deixou algunhas ideas sobre o seu parecer arredor do futuro de GNU/Linux no escritorio. Para ilo deseñou estes potenciais escenarios: GNU/Linux destacándose, probablemente tendo unha distro dominando os escritorios GNU/Linux acadando paridade con […]

Clonando con DRBL e Clonezilla (usando multicast!)

Nas listas de correo Softlibre-edugal Vili Cedeira puxo unha atractiva mensaxe da súa experiencia clonando equipos grazas a este artigo que amosa como clonar equipos con DRBL e Clonezilla. Parte desa mensaxe di: “Eu conseguín clonar 14 equipos DELL 740 á vez (todo o disco duro, cunha partición de windows e outra de linux) nun […]

Software Freedom Day 2009

Hoxe, 19 de setembro, é o dia elixido este ano 2009 para a celebración do Software Freedom Day, o Dia da Liberdade do Software. Este ano o Equipo Galicia ten rexistrado como evento un da Comunidade O Zulo coincidindo coa VI Edición de Kernel 2009. O SFD naceu en 2004. Persoalmente chamoume a atención e […]

Software Libre e a Lingüística (Lingua 09) na USC

A Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela organiza entre os días 21 e 24 de setembro o curso “O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)”. Este seminario, enmarcado no programa de cursos de verán da USC, ten como principal obxectivo expoñerlles aos asistentes unha visión xeral da interelación entre o […]

A prol do Sw Libre, sempre!

A prol do Sw Libre, sempre! Moitas persoas levamos anos loitando activamente e con teima a prol do Sw Libre. Porén, queda tanto para acadar ese obxectivo! Daí que nos aledemos moito por cada logro atinxido, como compensación a tanta fe e esforzo. Antes de 2005 nin iniciativas políticas había, agás as actuacións testimoniais dalgúns […]

A Xunta impulsará o Sw Libre. Mancomun.org segue adiante.

Tiven a sorte de participar hoxe na xuntanza promovida pola secretaria de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira. Convocados íamos CESGA, Mancomun.org (tamén presente a Fundación para o Fomento e Calidade), as oficinas de SwL das tres universidades e AGASOL. Tras unha primeira posta en común das actividades realizadas por cada entidade, na que por […]

MERCOSUR recomenda Sw Libre aos Estados membros, especialmente en Educación

Na reunión do Cúmio Social da MERCOSUR que tivo lugar o xoves 23 de xullo de 2009 en Asunción (Paraguai), integrantes do goberno e de organizacións sociais dos países do bloque – reunidos pola temática “Novas Tecnoloxías de Información, Inclusión Dixital e Educación” – acordaron a promoción do Software Libre aos gobernos, en particular a […]

EOI publica estudo sobre a oportunidade do SwL

EOI, escola de negocios fundada en 1955, xerentada pola Fundación EOI de carácter público, sen ánimo de lucro e dependente do Mº de Industria, Turismo e Comercio, vén de publicar un estudo titulado “La oportunidad del software libre. Capacidades, derechos e innovación“. Tal estudo é conciso, directo, de rápida e doada consulta. En apenas 15 […]

Costa Rica tamén vai cara SwL

Souben por Roberto Santos que a Comisión de Ciencia e Tecnoloxía da Asemblea Lexislativa aprobou un proxecto de lei para que o Estado costarriqueño empregue Sw Libre. A aprobación deuse a semana pasada, tramitado baixo o expediente 16.912, que textualmente di: “Todas as institucións e empresas do Estado empregarán Software Libre nas súas diferentes opcións, […]

Knol ten artigo sobre Como migrar a Linux

Knol, o servizo de Google que pretende ser algunha alternativa á Wikipedia, ten un artigo  titulado “Howto migrate to Linux” do que souben grazas a Rafael R. Gaioso (fundador de MeLiSa, entrevista a Rafel en mancomun.org). O artigo  (en inglés, en castelán) inclúe de xeito sinxelo e directo como facelo, con ligazóns para ampliar esta […]

LibreGeoSocial, xestor de contidos xeorreferenciados multimedia

Pegar unha etiqueta virtual sobre un obxecto real e que a persoa que pase cerca poida lela, todo isto desde un móbil. Iso é o que permite o software libre LibreGeoSocial (LGS), un programa desenvolvido por investigadores da Universidade Rey Juan Carlos para os teléfonos con Android, o sistema operativo creado por Google. LGS é […]

Google ten varios socios para o seu Sistema Operativo

Google conta con varios socios do sector hardware para apoiar o lanzamento do seu sitema operativo, o anunciado Google Chrome OS. Entre estes socios hardware destacan Acer, Asus, HP, Freescale, Lenovo, Qualcomm, Texas Instruments, Toshiba e tamén Intel. Chamativo é o feito de que Adobe estea interesado en colaborar creando aplicacións ofimáticas online. É incuestionable […]