Nokia con Android?

Souben por Jesús Amieiro que Nokia pode estar a desenvolver un teléfono móbil co Android de Google. O novo dispositivo tería pantalla táctil (touchscreen) e sería amosado na conferencia Nokia World en setembro coa esperanza de relanzar a súa cota de mercado no segmento dos smartphones. Nokia, que fabrica preto de catro en cada dez […]

OSREVOLUTION 09, na USC (20-24 xullo)

Os vindeiros 20-24 de xullo hanse celebrar na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia da USC un curso conformado por unha serie de conferencias baixo o título “A Revolución do Software Libre” (OSREVOLUTION 09). Podedes ver o programa completo, a listaxe de ponentes, prezos, prazos e demais información nas páxinas da Oficina de […]

UEx desenvolverá xogos educativos e libres

A Universidade de Estremadura (UEx) traballa desde fai uns dez anos no desenvolvemento de produtos educativos en software libre e estiman que “dentro dun ano” darán a coñecer o xogo Chapas, unha recreación do tradicional xogo popular. Esta foi unha das ideas que se abordou no curso de verán “Desenvolvemento de videoxogos con Software Libre” […]

GP2X Wiz, consola feita con Sw Libre

Unha consola de peto con Software Libre fabricada en Corea do Sur procura abrir un oco no xa de seu apertado mercado destes trebellos. Batizada co nome de GP2X Wiz, ofrece as mesmas prestacións que calquera das ‘ raíñas ‘ do entretemento dixital portátil: reprodución de boa parte dos formatos multimedia, pantalla táctil, conexión WiFi […]

Análise histórico da lista top500.org

Manuel Xosé Lemos fixo unha recolleita de datos da lista dos maiores 500 supercomputadores ofrecida pola web top500.org desde a data 06/1993. O resultado podes ollalo neste PDF (licenza CC-by-sa). Nel obsérvase que a familia de sistemas operativos agrupados na categoría “Linux” entrou na lista en 06/1998 e desde entón ata hoxe o seu crecemento […]

Comeza o X Fórum Internacional Sw Livre

Desde hoxe e ata o 27 de xuño de 2009 ten lugar en Porto Alegre (Brasil) o X Fórum Internacional Software Libre “A Tecnologia que liberta“. Na súa páxina oficial tes información de relatores, programación, novas e horarios. Grazas a súa retransmisión por streaming podes asistir ao evento tranquilamente dende o teu computador, tanto en […]

Linux suma outros 4 supercomputadores na lista top500

Souben por Eskorpio da publicación da nova lista dos 500 maiores supercomputadores do mundo feita por top500.org para o primeiro semestre de 2009. Desta vez, seleccionando por familia de sistemas operativos (Operating system Family) os resultados amosan que, respecto da anterior lista, “Linux” rabuñou outros catro supercomputadores máis ao resto de sistemas, elevando a súa […]

Sw Libre tamén en aplicacións médicas

Os proxectos de código aberto e Sw Libre creados para o seu uso en aplicacións médicas e de saúde prometen reducir significativamente os custos e mellorar a eficiencia en organizacións de saúde, de acordo con Black Duck Software, un fornecedor líder mundial de produtos e servizos para acelerar o desenvolvemento de software de fonte aberta. […]

A Revolución do Software Libre (USC)

Os vindeiros 20-24 de xullo vanse celebrar na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia da USC unha serie de conferencias tituladas “A Revolución do Software Libre” (OSREVOLUTION 09). Serán impartidas por unha colección de expertos recoñecidos nas áreas da economía, legalidade, filosofía, historia, activismo e outras ramificacións do Software Libre. Podedes ver o […]

Morfeo oferta cursos gratuitos de Sw Libre

Morfeo Formación e Certificación é un proxecto de Morfeo cofinanciado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011 e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE). O obxectivo xeral do proxecto é o de responder ás necesidades de cualificación en tecnoloxías libres tanto de empresas […]

II Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source 09

Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten automatizar unha gran cantidade de procesos industriais e domóticos. Aínda que no mercado existen múltiples alternativas, propoñemos unha introdución ás solucións baseadas en deseños libres que, ademais de ser completamente funcionais, facilitan a súa introdución nas PEMES e no ensino. O obxectivo principal destas xornadas […]

Jolicloud, un UNR GNU/Linux para netbooks

A igual co Moblin ou o Ubuntu Netbook Remix (UNR), o obxectivo do sistema operativo Jolicloud baseado no UNR GNU/Linux é facilitar as tarefas do día-a-día en aparellos pequenos, especialemten netbooks, a través dunha interface gráfica proxectada para obter os mellores resultados de tarefas comúns cunha forte integración coa web e redes sociais. Jolicloud integra […]