I FSL Luanda (080626) comeza pasado mañá

angola_asl.jpgA ASL-Angola (Associação Software Livre Angola), organizadora do evento, tivo que trocar a grade (axenda) por mor dos últimos acontecementos, a saber, dificultades cos vistos para pasaporte, relatores que non poden vir, voos ateigados e sen prazas libres, etc.

Daí que o evento comece mañá, dia 28 de xuño, tendo dúas salas con sesións simultáneas. Teño a sorte de inaugurar unha delas xusto despois do acto de apertura e tamén de pechar o evento contando as experiencias galegas nesta materia.

I Fórum de Software Livre de Luanda

asennadas

Chuzame! chuzame -

Plano de Capacitación TIC en SwL

Novo logo de C.T.I. TEGNIX, S.L.Dá comezo a iniciativa do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza denominada Plano de Capacitación TIC en Software Libre. Correspondeunos a C.T.I. TEGNIX impartilo e a min as dúas primeiras xornadas que se han desenvolver nesta primeira fase piloto o 13 e 14 de xuño de 2008. Dado o seu carácter experimental, este curso celebrarase nunha única edición en Santiago de Compostela. Posteriormente, e unha vez analizados os resultados obtidos, afrontarase a segunda fase do proxecto, prevista para o último trimestre do ano.

Estou confiado porque seica teño experiencia para levalo adiante con éxito, polo moito que me preparei e tamén polo seu carácter piloto. Porén, sempre quero dar o meu mellor e as présas desde que o souben con certeza ata hoxe (xa ás 03:30 hs) unido ao de estrés polo de Angola (e moitas máis circunstancias) estanme deixando canso á vez que ansioso por rematar ben todos e cada un dos compromisos que teño por diante daquí a xullo.

E agora a durmir no sofá, teño ao crío con febre durmindo coa súa nae...

Chuzame! chuzame -

Ofertas de traballo para C.T.I. TEGNIX

 

Novo logo de C.T.I. TEGNIX, S.L.A empresa C.T.I. TEGNIX convoca unha oferta de traballo para o posto de administrador de Sistemas GNU/Linux. Requírese persoas con coñecementos na administración de sistemas baseados nesta plataforma e en servizos de rede (Apache, Samba, Bind, Openldap, Postfix...).

O posto de traballo estará orientado á posta en marcha e configuración de contornas baseadas en GNU/Linux, bases de datos MySQL e PostgreSQL, virtualización de servidores e mantemento de servizos críticos, entre outras funcións.

A continuación indícanse as especificacións:

Posto vacante: Administración de Sistemas GNU/Linux

Categoría: Informática e telecomunicacións

Requerimentos:

* Coñecementos de administración de sistemas baseados en GNU/Linux e servizos de redes (Apache, Samba, Bind, Openldap, Postfix,...)

* Disposición de traballar en grupo

* Capacidade de aprendizaxe
asennadas

Chuzame! chuzame -

Denunciei (presunta) violación da GPL

Merquei un disco duro multimedia Differo que semella ser a marca de distribución en España do HMR-700A da coreana Elliot Digital Inc.

Mentres fedellaba con el chamoume a atención algún directorio do estilo 'tmpfs', as barras separadoras do estilo *nix, é dicir '/' e cousas así. Polo tanto non foi moita sorpresa conectar vía USB ese disco duro ao meu portátil e atopar directorios montados cos nomes "lost+found" ou até un evidente "LinuxUDF".

Procuro en todo o material que me deron (guía impresa, mini-cd con instrucións...) e nada atopo de GPL, nin de Linux, nin gaitas...

Tras isto consulto con Víctor Salgado (avogado-socio de Pintos & Salgado) e a súa resposta foi clara:

En canto ao asunto que me comentas do Disco Duro, semella evidente outra nova violación da licenza GNU, dado que teñen a obriga de publicar os seus traballos e/ou desenvolvementos con base na mesma e incluíndoa expresamente.

Isto xunteino ao seu traballo que publiquei nesta entrada que inclúe este perágrafo:

"Por exemplo, se se distribúen copias dun destes programas, sexa gratuitamente, ou a cambio dunha contraprestación, débese dar aos receptores todos os dereitos que se teñen sobre a mesma. Débese asegurar que eles tamén reciben, ou poden conseguir, o código fonte do programa. E débense mostrar estas condicións de forma que coñezan os seus dereitos."

Estes feitos foron comentados onte durante a comida de TEGNIX e non houbo unanimidade... Porén tras o que me dixo Víctor Salgado, experto nesta materia, decidín contactar coa empresa coreana para logo decontado dicilo á GPL-Violations nesta mensaxe (contén erros de inglés escrito ás presas).

Veremos como remata a cousa. Teño curiosidade por saber se estou errado ou se hai un novo caso de incumprimento da GPL.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Emprender con Redes Sociais

Redes SociaisAsistín no pasado 15 de maio de 2008 ao evento organizado polo IGAPE titulado "Dia do Emprendedor" aínda que só adiquei o meu tempo á sección Sw Libre, coordinado por Javi Vázquez.

Como adoita acontecer neste tipo de eventos, un énchese con novas perspectivas, abre a mente e afianza os propios criterios. Sen concordar completamente con todos, por algo somos seres individuais que viven en colectividade, enumero algunhas ideas anotadas dignas de seren evaluadas:

  • Eduardo Manchón constuiu o seu proxecto (Panoramio) xunto ao seu amigo e socio, distantes mais sempre en rede, vestindo camiseta, sen horario mais cunha confianza absoluta. Cre que é mellor traballar sen un modelo de negocio e considera que errar é sempre positivo.
  • Juan Freire estivo magnífico, impactante, convincente. Para el o SwL sobrepasa as fronteiras da tecnoloxía ata convertirse nunha nova de entender a realidade. A Rede e, máis concretamente, as Redes Sociais están a demostrar que o modelo Xerárquico é obsoleto neste século, perdendo eficacia frente ás innovacións acontecidas grazas ás novas conexións e funcionalidades engadidas da coñecida como Web-2.0.
  • José Juan Glez. Alonso de Igalia comentou a historia, o modus operandi e perspectivas da empresa facendo fincapé no seu caracter cooperativista e asembleario.
  • Roberto Moreda de Allenta comentou a súa estratexia empresarial e deu ánimos ás novas empresas start-up porque no eido tecnolóxico adoitan seren respectadas, gozando de credibilidade polo seu elevado grao de especialización.
  • Dani Armendáriz de Ikusnet, foi moi breve, se cadra demais para o moito que me estaba gustando a súa intervención. Centrouse nalgo básico, a persoa e a empresa (dinñeiro, saúde e amor).
  • Nacho Correas, CEO de EBOX Plataform, pasou por todos e cada un dos anos da iniciativa empresarial, sinalando as aprendizaxes adquiridas e as súas expectativas de futuro.

Como é costume neste casos, tiven a sorte de compartir experiencias, tanto persoais como na empresa C.T.I. TEGNIX, ao longo da tarde mentres íamos de visita polos garitos e monumentos da cidade vella de Compostela.

O que teño claro é que no noso presente unha organización TIC debe primar ás persoas que as compoñen, favorecendo a xeración de ideas, abríndose á realidade e ás Redes Sociais.

Chuzame! chuzame -

GALPon e Microsoft, unidos por unha mesma causa

GALPon e Microsoft unidos polo mesmo fin pero non empregando os mesmos medios. Dispor de software de calidade en galego é un dos obxetivos que promove a asociación galega nas súas actividades, namentres que a multinacional norteamericana, multada en varias ocasións pola Unión Europea, anuncia as súas últimas versións do sistema operativo e suite ofimática traducidas ao galego.

GALPon defende e promove o emprego de Software Libre coma o sistema operativo GNU/Linux e a suite ofimática OpenOffice.org que levan no mercado máis de 5 anos traducidos ao galego...

Segundo as palabras da presidenta de Microsoft Ibérica que subliñou sobor os seus produtos que "este software permite extender el uso del gallego a través de las TIC y forma parte de la intención de la empresa de «adaptar» sus productos a todos los idiomas, algo que espera que sus competidores imiten porque «significará que ellos también aceptan el gallego como lengua cooficial", pódese extraer que non considera ao sistema operativo de GNU/Linux coma competidor xa que xa estaba traducido antes que calquera dos sistemas operativos da multinacional.

Na foto amosada aparecen Carlos Rodríguez, o xerente de TEGNIX e actual presidente de GALPon, xunto a Rosa María García, presidenta de Microsoft Ibérica, ambos felices e "contentos"... Ademáis, no álbum de imaxes, pódese ver a Pedro Silva de AGNIX e Miguel Bouzada de GALPon no acto.

Vía Carlos, publicado en GALPon.

 

Chuzame! chuzame -

PDFs dos meus relatorios nas III Xornadas de SwL en Monforte

Deixo as ligazóns aos PDFs dos meus relatorios no IES A Pinguela durante as III Xornadas de SwL de Monforte:

Desta vez fun como CKO de C.T.I TEGNIX e socio de AGNIX pois as dúas primeiras son as presentacións que adoito dar na Rede de Dinamización e a derradeira é unha das que din recentemente en Lisboa. Semella que o de CKO está gustando pois o explico dicindo que os avós adoitan ser catalogados como posuidores de moito coñecemento (knowledge) e experiencia, e como moitos chámanme avó... ;-)

Aproveito para agradecer esta nova oportunidade que me deu este IES, especialmente a María Torres, pois así podo seguir divulgando.

Chuzame! chuzame -

Formalizada a nova C.T.I. TEGNIX

Tras máis dun semestre de elaboración do proxecto empresarial, onte se formalizou perante notario o nacemento da nova C.T.I. TEGNIX, S.L.. Moitas son as ilusións depositadas nesta nova etapa e claros os obxectivos e estratexias.

Atrás quedan as implicacións de varias persoas que agora, por diversos motivos, abandonaron o proxecto e que, unha vez máis, agradecemos profundamente. Os que quedamos, xunto aos que entran, estamos claramente decididos a facer realidade o noso proxecto e o que o futuro nos depare.

Integramos este novos proxecto:

  • Carlos Rodríguez, capri99, actual presidente de GALPon como xerente (CEO) de TEGNIX.
  • Pedro Silva, goretoxo, promotor de Blogaliza.org como responsable técnico.
  • Claudio F. Filho, BrOffice, Mozilla-BR... como experto consultor en migracións masivas.
  • Roberto Brenlla (eu), asennadas, fundador de AGNIX como CKO e relacións externas.

O único que nos inqueda é a tramitación de Claudio, pois a burocracia é asfixiante nas máis das veces.

Hoxe mesmo comezaremos o estudo da anovación da nosa imaxe corporativa e nas vindeiras semanas hanse ir incorporando varios técnicos cos que xa temos acadado acordos laborais.

Parelelamente contamos coa participación dunha Facultade de Informática coa colaboración dun profesor universitario que ofrecerá o seu asesoramento técnico nos proxectos que levemos. Este será anunciado tras completar a súa formalización co FEUGA.

Netes intres son moitas as persoas que lembro e ás que, de ser posible, encataríame incorporar a TEGNIX ofrecéndolles traballo. Ogallá así sexa!

Hoxe comeza esa andaina...

Chuzame! chuzame -