Claudio agora na OOoCon 2008 de Pequín

Claudio F. Filho está que non para. Chegou á nosa terra a primeiros de setembro e ás dúas semanas xa tivo que viaxar a Brasil para o III Encontro do BrOffice mentras a xente de TEGNIX participábamos por videoconferencia, logo cara o OSWC’08 de Málaga e agora cara Pequín ao OOoCon 2008. É un luxo […]

Xornadas de Oportunidades de Negocio do SwL no CFV

Na web Club Financiero de Vigo sinalan: O Foro da Sociedade da Información, en colaboración con Caixanova, organizou para o 29 de outubro sendas xornadas destinadas ás PEMES e ás empresas do sector TIC, nas que se abordarán as oportunidades de negocio que ofrece o ´Software´ Libre. A primeira das xornadas terá lugar pola mañá, […]

TEGNIX, caso de éxito de AGASOL

Juan Cudeiro, responsable de comunicación de AGASOL, entrevistounos a Ana Lorenzo (

Capacitación de empresas TIC no eido do SwL

O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza, Mancomún -promovido pola Consellaría de Innovación e Industria-, vén de concluír a experiencia piloto para a capacitación de empresas TIC no eido do Software Libre cunha valoración moi positiva por parte dos asistentes. O curso foi organizado co fin de establecer unha experiencia previa […]

I FSL Luanda (080626) comeza pasado mañá

A ASL-Angola (Associação Software Livre Angola), organizadora do evento, tivo que trocar a grade (axenda) por mor dos últimos acontecementos, a saber, dificultades cos vistos para pasaporte, relatores que non poden vir, voos ateigados e sen prazas libres, etc. Daí que o evento comece mañá, dia 28 de xuño, tendo dúas salas con sesións simultáneas. […]

Plano de Capacitación TIC en SwL

Dá comezo a iniciativa do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza denominada Plano de Capacitación TIC en Software Libre. Correspondeunos a C.T.I. TEGNIX impartilo e a min as dúas primeiras xornadas que se han desenvolver nesta primeira fase piloto o 13 e 14 de xuño de 2008. Dado o seu carácter […]

Ofertas de traballo para C.T.I. TEGNIX

  A empresa C.T.I. TEGNIX convoca unha oferta de traballo para o posto de administrador de Sistemas GNU/Linux. Requírese persoas con coñecementos na administración de sistemas baseados nesta plataforma e en servizos de rede (Apache, Samba, Bind, Openldap, Postfix…). O posto de traballo estará orientado á posta en marcha e configuración de contornas baseadas en […]

Denunciei (presunta) violación da GPL

Merquei un disco duro multimedia Differo que semella ser a marca de distribución en España do HMR-700A da coreana Elliot Digital Inc. Mentres fedellaba con el chamoume a atención algún directorio do estilo ‘tmpfs’, as barras separadoras do estilo *nix, é dicir ‘/‘ e cousas así. Polo tanto non foi moita sorpresa conectar vía USB […]

Emprender con Redes Sociais

Asistín no pasado 15 de maio de 2008 ao evento organizado polo IGAPE titulado “Dia do Emprendedor” aínda que só adiquei o meu tempo á sección Sw Libre, coordinado por Javi Vázquez. Como adoita acontecer neste tipo de eventos, un énchese con novas perspectivas, abre a mente e afianza os propios criterios. Sen concordar completamente […]

GALPon e Microsoft, unidos por unha mesma causa

GALPon e Microsoft unidos polo mesmo fin pero non empregando os mesmos medios. Dispor de software de calidade en galego é un dos obxetivos que promove a asociación galega nas súas actividades, namentres que a multinacional norteamericana, multada en varias ocasións pola Unión Europea, anuncia as súas últimas versións do sistema operativo e suite ofimática […]

PDFs dos meus relatorios nas III Xornadas de SwL en Monforte

Deixo as ligazóns aos PDFs dos meus relatorios no IES A Pinguela durante as III Xornadas de SwL de Monforte: Achegamento ao SwL Directrices Evolutivas SwL na sociedade galega Desta vez fun como CKO de C.T.I TEGNIX e socio de AGNIX pois as dúas primeiras son as presentacións que adoito dar na Rede de Dinamización […]

Formalizada a nova C.T.I. TEGNIX

Tras máis dun semestre de elaboración do proxecto empresarial, onte se formalizou perante notario o nacemento da nova C.T.I. TEGNIX, S.L.. Moitas son as ilusións depositadas nesta nova etapa e claros os obxectivos e estratexias. Atrás quedan as implicacións de varias persoas que agora, por diversos motivos, abandonaron o proxecto e que, unha vez máis, […]