Creando USB con Ubuntu desde M$

Aproveito que hei dar unha xornada sobre SwL onde os equipos non teñen nin arranque dual nin SwL instalado, só software privativo de M$.

Para ilo preparei estas instrucións:

1.- descarga o arquivo ‘.iso’ que contén a Ubuntu 9.04 Jaunty.
2.- Segue os pasos deste artigo.
3.- Ese artigo di que descargues a aplicación uSbuntu.
4.- Seguindo os pasos de (2), verás que xa o tes todo: a ‘iso’ (1) e
mailo programiña (3) que che pedirá todo. Tes que instalar ese programa
(3) tras descomprimilo, executando «uSbuntu Live Creator.exe«
5.- Para os «datos persistentes» proba poñer 250 ou 300 MB se tes unha USB
de 1 GB pois pode haber ese espazo libre.
6.- Rematado o proceso, logo fai:
6.1.- Deixa o USB conectado
6.2.- Arranca o PC e entra na BIOS
6.3.- Selecciona que arranque por USB
6.4.- Garda e reinicia
6.5.- Terá que arrancar xa polo USB e coa Ubuntu 9.04 en modo «live«, é
dicir, sen mexer para nada no sistema instalado.

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Sources List Generator

Lembro coñecer algunha solución ao respecto pero non a dou atopado nas entradas que escribín… total, velaquí vai (de novo?). Se queres xerar o teu «sources.list», o arquivo que sinala os teus repositorios para a procura de aplicacións, dun xeito cómodo tes esta opción de SimplyLinux.ch, Linux für alle.

Tanto para Debian como para Ubuntu, seleccionas o teu país/estado (refírese ao país de onde prefires ter o teu repositorio, idelamente canto máis preto de onde esteas mellor), a versión instalada e, en función do que elixas como repositorios adecuados, terás á túa disposición unha chea de repositorios axeitados ao teu gusto.

Fonte.

Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Por que NON extirpar Mono? (Ubuntu)

Onte escribín un artigo sobre o «dilema» Mono ofrecendo o parecer de Richard Stallman e, de estares de acordo co seu discurso, tamén daba o método para eliminalo do teu sistema.

Moitas distros inclúen Mono na súa instalación por defecto, entre elas OpenSUSE, Debian e Ubuntu. Velaquí a posición que ten Ubuntu sobre o asunto Mono, o proxecto de código aberto iniciado por Ximian e actualmente impulsado por Novell (tras a adquisición de Ximian) para crear un grupo de ferramentas libres, baseadas en GNU/Linux e compatibles con .NET segundo o especificado polo ECMA ( European Computer Manufacturers Association), segundo a Wikipedia-es.

En nome de Canonical e do Corpo Técnico de  Ubuntu, Scott James Remnant emitíu un comunicado respecto a Mono. A legalidade de Mono é a miúdo unha preocupación esencial para quen defende o Software Libre de patentes e outra propiedades intelectuais que pertencen a Microsoft.  Pois ben, maila todo o acontecido, Ubuntu decidiu reafirmarse na súa posición respecto a Mono.

Mono é unha parte integral de Ubuntu dado que F-Spot, Tomboy e outras aplicacións dependen da implementación libre de C# /. Net. Nestes intres, porén, Ubuntu non ten problemas co proxecto Mono e continuará tendo Mono como parte do seu sistema principal de paquetes. Dado que Ubuntu e outros proxectos de software libre non recibiron aínda ningún aviso legal por infrinxir ningunha propiedade intelectual, eles han seguir empregando Mono porque, ademais, cumprir coa legalidade é unha prioridade no proxecto Ubuntu.

Souben da postura de Ubuntu por esta fonte.

Agora que tes o parecer de dúas partes, podes tomar daquela a túa propia opinión ao respecto.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arranxando Firefox traballando sen conexión

Dende hai ano e medio o meu pai usa Ubuntu e tiña unha pequena queixa: cada vez que arrancaba o navegador Firefox este facíao en modo «Traballar sen conexión«.

Dado que a súa última actualización de distro que lle fixen foi cara a Ubuntu 8.04, decidín pegar o seu portátil para actualizalo á 9.04 e tentar arranxar ese gran inconvinte do navegador. A actualización de distro foi doada, o do navegador non tanto. Probei dúas solucións semellantes (unha, dúas) pero non me convenceron. Por que? Porque arranxaban o problema de conexión por modem USB (o meu pai emprega o programa externo «Escritorio Movistar«) e o do Firefox pero, se desexaba volver conectarme á rede cableada non podía porque o Network Manager que trae Gnome ficaba desactivado.

Claro, podía conectarme vía liña de comandos pero… é iso adecuado para o meu pai? Ao parecer se ese xestor está activado e non atopa rede (cableada ou inarámica) dalle a mensaxe ao resto de Gnome para anunciar que está «sen conexión» e daí que o Firefox comezara dese modo.

Solucioneino subsituíndo o NetworkManager polo Wicd, independente de Gnome maila interfaz Gtk. De feito, ao instalar Wicd o NetworkManager desinstálase.

Agora si, todo funciona coma é debido, sexa por modem, cable ou WiFi.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Instalación limpa de Ubuntu desde mini.iso

Carlos Campos é un consultor informático, tamén  usuario e activista de Arch Linux, distro considerada idónea para persoas con sólidos coñecementos e cunha xestión de paquetes propia. Porén, probando Ubuntu, el mesmo sinala: «percebi que se bem configurado (a começar pela instalação) ele pode ser uma distribuição muito boa, ao contrário do que a maioria dos chamados usuários “avançados” possam dizer«.

Deixo aquí os pasos a dar para facer unha instalación limpa:

  1. Baixar a mini.iso da versión Ubuntu Jaunty (11 MB)

ou tamén, se prefires comezar a instalación desde unha chave USB

  1. Baixar a imaxe boot.img.gz para pendrives (11 MB)
  2. Grava a imaxe en CD/pendrive e arranca por ese dispositivo. No caso de USB podes gravala executando: zcat boot.img.gz | sudo dd of=/dev/sdb
  3. Na primeira pantalla dalle a INTRO
  4. Escolle «Advanced options«
  5. Na seguinte escolle «Expert install«
Chuzame! A Facebook A Twitter

Automatizando a importación de claves GPG para repositorios (.deb)

Unha das tarefas máis engorrosas á hora de engadir novos repositorios en Ubuntu é a importación de claves GPG para garantir a auténtica fonte de onde baixas os paquetes de software. Isto pode facerse de xeito manual (olla o exemplo desta entrada) ou empregando interfaz gráfica pero ningún dos dous xeitos é amigable.

Atopei un xeito automático nesta entrada, logo aparentemente superado por estoutra entrada. Só tes que baixar este paquete e instalalo. Semella que a vindeira versión de Ubuntu, nomeadamente a 9.10 Karmic Koala, xa o terán mellorado coas máximas garantías de seguridade.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Jolicloud, un UNR GNU/Linux para netbooks

A igual co Moblin ou o Ubuntu Netbook Remix (UNR), o obxectivo do sistema operativo Jolicloud baseado no UNR GNU/Linux é facilitar as tarefas do día-a-día en aparellos pequenos, especialemten netbooks, a través dunha interface gráfica proxectada para obter os mellores resultados de tarefas comúns cunha forte integración coa web e redes sociais.

Jolicloud integra aplicativos online como o Google Docs, GMail ou Facebook cos aplicativos nativos (como o VLC, Gimp, OpenOffice.org…). Con só algúns clics é posible instalar un aplicativo, desaparecendo a distinción entre o que é remoto e o que é local, resaltando o que realmente importa: traballar con documentos e ideas.

Alén disto, Jolicloud almacena de forma segura todas as configuracións da máquina nun servidor remoto. Daquela, se se precisa restaurar unha copia de seguranza (backup) ou até trocar de netbook, bastarían algúns clics e unha conexión á internet para retomar as cousas exactamente no punto onde se parou. Calquera máquina co Jolicloud tórnase a «túa» máquina.

As ideas que levaron á creación do Jolicloud están expresadas no The Jolicloud Manifesto, que tamén ofrece un percorrido de pantallazos deste novo sistema.

Jolicloud é compatible con netbooks de Acer, Compaq, HP, Lenovo, Samsung, ASUS, Dell, Intel e MSI, actualmente está en probas, con versión alpha dispoñíbel só para convidados.

A fonte e máis información.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hardy a Jaunty, compiz + intel GM965

Pasar de Hardy á Jaunty (Ubuntu 9.04) mediante unha nova instalación resultou moito máis sinxela do pensado agás por unha única dificultade, a tarxeta de video intel GM965, tamén de rápida solución.

Para ilo fixen copias de seguridade nun disco externo onde deixei gardado e a man a lista de software que tiña instalado
dpkg --get-selections > dpkg-get-selections-20090426.txt
así como unha copia de Evolution (Ficheiro/Configuración de copia de seguranza), os arquivos /etc/fstab, /etc/apt/sources.list e /etc/X11/xorg.conf.

A máis repetín uns pasos para ter todos os meus datos a salvo:
sudo su -
passwd
(puxen un contrasinal provisional a ‘root’)
cd /media/disk
cd /
find -xdev | cpio -pvmd /media/disk/backup-20090426/
cd /home/
find -xdev | cpio -pvmd /media/disk/backup-20090426/home

Tras isto reinicio co CD e elixo directamente instalar, todo de xeito gráfico e moi doado. Decido probar o novo sistema de ficheiros ext4.

Trala instalación o primeiro que fago é instalar o ‘mc‘ porque deixa moi doada a copia desde o disco externo cara o novo sistema (premendo a tecla F5 tendo á esquerda a orixe e á dereita o destino), elixindo pouco a pouco o que quero restaurar ou deixar para logo.

A única dificultade que tiven foi a activación de Compiz. Investigando na rede atopo a solución consistente en crear o arquivo:
~/.config/compiz/compiz-manager

con esta liña no seu interior:
SKIP_CHECKS=yes

Porén este erro (bug) será correxido axiña pois xa está documentado. Tamén hai que procurar máis paquetes, por exemplo co Synaptic, para ter todo o desexado no seu sitio. Un deles é o compizconfig-settings-manager.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Impresións

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ubuntu 9.04 released

The Ubuntu team is pleased to announce Ubuntu 9.04 Desktop and Server editions and Ubuntu Netbook Remix, continuing Ubuntu’s tradition of integrating the latest and greatest open source technologies into a
high-quality, easy-to-use Linux distribution.

Read more about the features of Ubuntu 9.04 in the following press releases:

Desktop edition    http://www.ubuntu.com/news/ubuntu-9.04-desktop
Server edition     http://www.ubuntu.com/news/ubuntu-9.04-server
Netbook Remix      http://www.ubuntu.com/news/ubuntu-9.04-unr

Ubuntu 9.04 will be supported for 18 months on both desktops and servers. Users requiring a longer support lifetime may choose to continue using Ubuntu 8.04 LTS rather than upgrading to or installing 9.04.

Ubuntu 9.04 is also the basis for new 9.04 releases of Kubuntu, Xubuntu, Edubuntu, UbuntuStudio, and Mythbuntu:

Kubuntu      http://kubuntu.org/news/9.04-release
Xubuntu      http://xubuntu.org/news/9.04-release
Edubuntu      http://edubuntu.org/news/9.04-release
Mythbuntu      http://mythbuntu.org/9.04/release
Ubuntu Studio      http://ubuntustudio.org/downloads

To Get Ubuntu 9.04
——————

To download Ubuntu 9.04, or obtain CDs, visit:

http://www.ubuntu.com/getubuntu

Como ves, tan só copiei e peguei do correo-e recibido :-)
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Retomando o inittab en Ubuntu

En tempos de distros modernas que resolven todo ou case todo preocupadas en atender ao «usuario final» non importa moito saber como da comezo o sistema.

Ubuntu desenvolveu o sistema upstart, «unha substitución baseada en eventos para o ‘daemon’ /sbin/init que xestiona o comezo das tarefas durante o arranque, deténdoos cando se pecha e supervisándoos mentras o sistema está en execución. Foi desenvolvido inicialmente para unha distribución Ubuntu pero pode ser adaptada para ser empregado en todas as distribucións GNU/Linux como substitución do venerable System V«.

Se queres voltar ao sistema tradicional só tes que instalar un paquete:

$ sudo apt-get install sysvinit

Todo o upstart será desinstalado e soamente terás o ben lembrado /etc/inittab.

Probei facelo e agora volvo ler algo del por esta fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manual gráfico de SwL do IES San Clemente

Carlos Carrión anuncia que na plataforma de manuais do IES San Clemente (Santiago de Compostela) hai un amplo manual de instalación e configuración básica de Ubuntu cun sistema dual. É todo totalmente gráfico (ten máis de 1.670 imaxes), parte de cero e acaba con firewalls, pasando por SAMBA, multimedia, instalar aplicacións, usuario, permisos, etc.

O manual está ao 90%, faltan cousas por pulir, engadir máis ligazóns, corrixir erros de todo tipo e incluir tarefas. Todo iso estará para finais de maio. Admítense suxestións.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

BUM, boot-up manager

Os servizos que ofrecen os sistemas GNU/Linux axústanse nun escritorio GNOME baixo Debian e Ubuntu en «Sistema/Administración/Servizos«. Acontece que é sinxelo demais. Para afinalos máis tes que facelo manualmente e entender moi ben o que acontece baixo /etc/init.d/. Aínda e así pode que queiras simplemente desactivar algún servizo retirando permisos de execución pero:

  • Terás unha mensaxe de erro en tempo de arranque (a menos que parchees todos os scripts)
  • Estarás rachando coa lóxica cadea da política-debian referida á configuración dos runlevel

Alén disto é complexo traballar con enlaces simbólicos, permisos, ordes de execución… e para ilo fíxose BUM, boot-up manager, xestor do arranque en xeito gráfico. Maila todo, convén que leas a súa documentación e neste wiki antes de meter man nunha parte tan delicada do teu sistema.

Souben del por esta fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp