Creando USB con Ubuntu desde M$

Aproveito que hei dar unha xornada sobre SwL onde os equipos non teñen nin arranque dual nin SwL instalado, só software privativo de M$. Para ilo preparei estas instrucións: 1.- descarga o arquivo ‘.iso’ que contén a Ubuntu 9.04 Jaunty. 2.- Segue os pasos deste artigo. 3.- Ese artigo di que descargues a aplicación uSbuntu. […]

Sources List Generator

Lembro coñecer algunha solución ao respecto pero non a dou atopado nas entradas que escribín… total, velaquí vai (de novo?). Se queres xerar o teu “sources.list”, o arquivo que sinala os teus repositorios para a procura de aplicacións, dun xeito cómodo tes esta opción de SimplyLinux.ch, Linux für alle. Tanto para Debian como para Ubuntu, […]

Por que NON extirpar Mono? (Ubuntu)

Onte escribín un artigo sobre o “dilema” Mono ofrecendo o parecer de Richard Stallman e, de estares de acordo co seu discurso, tamén daba o método para eliminalo do teu sistema. Moitas distros inclúen Mono na súa instalación por defecto, entre elas OpenSUSE, Debian e Ubuntu. Velaquí a posición que ten Ubuntu sobre o asunto […]

Arranxando Firefox traballando sen conexión

Dende hai ano e medio o meu pai usa Ubuntu e tiña unha pequena queixa: cada vez que arrancaba o navegador Firefox este facíao en modo “Traballar sen conexión“. Dado que a súa última actualización de distro que lle fixen foi cara a Ubuntu 8.04, decidín pegar o seu portátil para actualizalo á 9.04 e […]

Instalación limpa de Ubuntu desde mini.iso

Carlos Campos é un consultor informático, tamén  usuario e activista de Arch Linux, distro considerada idónea para persoas con sólidos coñecementos e cunha xestión de paquetes propia. Porén, probando Ubuntu, el mesmo sinala: “percebi que se bem configurado (a começar pela instalação) ele pode ser uma distribuição muito boa, ao contrário do que a maioria […]

Automatizando a importación de claves GPG para repositorios (.deb)

Unha das tarefas máis engorrosas á hora de engadir novos repositorios en Ubuntu é a importación de claves GPG para garantir a auténtica fonte de onde baixas os paquetes de software. Isto pode facerse de xeito manual (olla o exemplo desta entrada) ou empregando interfaz gráfica pero ningún dos dous xeitos é amigable. Atopei un […]

Jolicloud, un UNR GNU/Linux para netbooks

A igual co Moblin ou o Ubuntu Netbook Remix (UNR), o obxectivo do sistema operativo Jolicloud baseado no UNR GNU/Linux é facilitar as tarefas do día-a-día en aparellos pequenos, especialemten netbooks, a través dunha interface gráfica proxectada para obter os mellores resultados de tarefas comúns cunha forte integración coa web e redes sociais. Jolicloud integra […]

Hardy a Jaunty, compiz + intel GM965

Pasar de Hardy á Jaunty (Ubuntu 9.04) mediante unha nova instalación resultou moito máis sinxela do pensado agás por unha única dificultade, a tarxeta de video intel GM965, tamén de rápida solución. Para ilo fixen copias de seguridade nun disco externo onde deixei gardado e a man a lista de software que tiña instalado dpkg […]

Ubuntu 9.04 released

The Ubuntu team is pleased to announce Ubuntu 9.04 Desktop and Server editions and Ubuntu Netbook Remix, continuing Ubuntu’s tradition of integrating the latest and greatest open source technologies into a high-quality, easy-to-use Linux distribution. Read more about the features of Ubuntu 9.04 in the following press releases: Desktop edition    http://www.ubuntu.com/news/ubuntu-9.04-desktop Server edition   […]

Retomando o inittab en Ubuntu

En tempos de distros modernas que resolven todo ou case todo preocupadas en atender ao “usuario final” non importa moito saber como da comezo o sistema. Ubuntu desenvolveu o sistema upstart, “unha substitución baseada en eventos para o ‘daemon’ /sbin/init que xestiona o comezo das tarefas durante o arranque, deténdoos cando se pecha e supervisándoos […]

Manual gráfico de SwL do IES San Clemente

Carlos Carrión anuncia que na plataforma de manuais do IES San Clemente (Santiago de Compostela) hai un amplo manual de instalación e configuración básica de Ubuntu cun sistema dual. É todo totalmente gráfico (ten máis de 1.670 imaxes), parte de cero e acaba con firewalls, pasando por SAMBA, multimedia, instalar aplicacións, usuario, permisos, etc. O […]

BUM, boot-up manager

Os servizos que ofrecen os sistemas GNU/Linux axústanse nun escritorio GNOME baixo Debian e Ubuntu en “Sistema/Administración/Servizos“. Acontece que é sinxelo demais. Para afinalos máis tes que facelo manualmente e entender moi ben o que acontece baixo /etc/init.d/. Aínda e así pode que queiras simplemente desactivar algún servizo retirando permisos de execución pero: Terás unha […]