Ubuntu 9.04 entra en Beta incorporando ideas de Brainstorm

Ubuntu 9.04 Jaunty Jackalope entrou en fase beta implementando moitas suxestións e ideas que recolle a sección Brainstorm de Ubuntu. A versión definitiva sairá previsiblemente o 23 de abril. Brainstorm é unha sección típica no mundo do SwL xa que logo permite que a comunidade opine e anote os seus desexos para vindeiras versións de […]

Ubuntu 9.04 Jaunty Jackalpe arranca en 20 segundos…

… no caso concreto dun Core Duo T5450 @ 1.66 GHz. Para sabelo con exactitude empregouse bootchart. Esta ferramenta precisa dunha unha entrada no GRUB ou LILO para analizar o arranque e deixar os seus resultados no arquivo /var/log/bootchart.tgz. Se queres facelo podes seguir esta documentación. Ubuntu 9.04 Jaunty Jackalpe será lanzada oficialmente o vindeiro […]

Oscilómetro con Ubuntu

Un oscilómetro é un aparello empregado para medir oscilacións, por exemplo, do fluxo do sangue do noso corpo ou dun espectro de audio. Velaquí unha imaxe que me sorprendeu pois atopei un destes trebellos ao que se lle instalou unha Ubuntu: É sorprendente a versatilidade que posúe o SwL! Porén, para que quererán un oscilómtro […]

HP presenta netbook cunha Ubuntu personalizada

Ollando en LWN.net cun dos comentarios apuntando cara ZDNet e esta á súa vez cara este sitio descubro que HP ten o seu Netbook Mini 1000 cunha versión personalizada de Ubuntu, até con seus propios repositorios. Curiosamente están no dominio Cannonical.com. Segundo algúns comentarios, o lamentable do caso é a ausencia de mención e das […]

Ubuntu 8.10 Studio + Games

Decidín instalar nun PC un sistema que cubrise as necesidades familiares. Entre estas están a música (edición de partituras e midi, conversor de formatos…), video (principalmente produción e TV), ofimática e xogos (instalándoos se son educativos e/ou amenos, non bélicos). Acontece que non estou moi posto nin en música como xogos, a lo menos ao […]

Portátil con Ubuntu e mailo seu logo estampado na tapa

A Gazelle Ultra de System76 é un portátil de 13.3″ cun lector biométrico que inclúe Ubuntu 8.10 “Intrepid Ibex” de 64 bits preinstalado. Por US$ 899 (uns 721€) a configuración básica da Gazelle Ultra ofrece un CPU Core Duo T3200 2.0 GHz, 2 Gb de RAM DDR2 de 800 MHz, vídeo Intel X4500HD, disco de […]

Escritorios virtuais en nube

Canonical, a empresa promotora de Ubuntu, o fabricante de software para escritorio virtual, Virtual Bridges, e IBM lanzaron un bundle (paquete) que facilita o despregamento de servizos de ofimática, colaboración e mensaxería Lotus e Ubuntu Linux. A aportación de Virtual Bridges noméase VERDE (Virtual Enterprise Remote Desktop Environment). Trátase dun paquete de escritorio virtual que […]

Por que non me gusta Canonical, segundo alguén de Mandriva

Traducido deste artigo, atopado nesta fonte. Lendo o blog de Adam Williamson atopámonos cunha reflexión moi interesante sobre as razóns que ten para estar en desacordo con Canonical e co Señor Mark Shuttleworth. Para quen non o saiba Canonical é a empresa que promove o desenvolvemento de Ubuntu. Fóra de polémicas, a maioría dos comentarios […]

É Ubuntu a porta de entrada ao SwL?

Pode que sexa o obxectivo principal do proxecto Ubuntu. A lo menos esfórzanse cumprindo prazos, con novas versións e melloras visibles a datas prefixadas. Na actualidade é a máis empregada en escritorios e, a cada novo lanzamento, máis adeptos suma. O título está tomado desta nova (recomendo ler os múltiples cometarios que está a xerar, […]

Wikipedia deixa RedHat por Ubuntu

A infraestrutura TIC da Wikipedia non deixa de medrar desde o seu nacemento en 2001. Despois de cinco anos con servidores executando unha variedade de versións de Red Hat Enterprise Linux e Fedora, decátanse da complexidade de mantemento destes servidores e mailas aplicacións. Axiña non acontecerá isto. En poucos meses a Wikipedia rematará o máis […]

Curso Oficial de Ubuntu 8.04

Vexo en NoticiasLinux que está dispoñible o Curso Ubuntu Desktop Training escrito pola Canonical Ltd. e pola comunidade Ubuntu Training traducido a pt-br. É bastante didáctico, con moitas figuras, tratando os principais tópicos do escritorio Ubuntu 8.04 e os seus aplicativos máis comúns: efectos, ofimática, multimedia e moi máis xa que abonda dicir que consta […]

Mancomun.org prepara araOS, unha personalización de Ubuntu

Na wiki de Mancomun.org poden lerse as motivacións que levaron ao Centro de Referencia de SwL a preparar o desenvolvemento dun metapaquete axeitado para Ubuntu. Nel sinálase que incluirá: OpenOffice.org en galego, versión de Mancomún http://gl.openoffice.org Firefox [versión 2 | versión 3] Thunderbird Pidgin Tema gráfico de araOS (artwork): GDM Theme, background, splash screen, boot […]