M$, peor que Coca vs. Pepsi

Joel Barrios fixo unha tradución parcial dun recente artigo de Groklaw. Agora fago eu o mesmo co de Joel e engado algún comentario e ligazón máis.

É vox populi o que adoita acontecer no ramo da hostelería: ou atopas refrescos da marca Coca-Cola ou Pepsi, case nunca das dúas marcas á vez. Din que unha marca non vende se o establecemento ofrece os refrescos da outra. Ás veces até acontece o mesmo con marcas de cervexa.

Se isto acontece nun mercado altamente competitivo, que sería nun mercado oligopolista ou monopolista?

As dificultades de atopar un ultra-portátil (netbook) con GNU/Linux son evidentes maila ser este un mercado dunha potencial entrada de GNU/Linux nos fogares. Por que? O culpable foi develado, grazas a Dana Blankenhorn de ZDNet, quen participou nunha conferencia de prensa durante a Computex 09 porque fixo a pregunta correcta.

Dana preguntou a unha das mesas cara onde foi Linux. Respostoulle Li Chang, vicepresidente da Taipei Computer Association:

«Na nosa asociación operamos como un consorcio, como o consorcio de código fonte aberto. Eles queren promocionar o código fonte aberto e Linux. Pero se empezas desde PC tes medo de Microsoft. Eles intentan ir cara aos teléfonos intelixentes ou os PDA para empezar de novo».

Aos fabricantes OEM de Taiwan gustaríalles unha alternativa a Windows, pero as vendas son primeiro, antes cá produción. A galiña é primeiro. E como a galiña pertence a Hasecorp, o pingüín está indefenso aquí.

Misterio resolto. A poucos sorprendeu o recente incidente da Computex onde un dos mellores produtos, un ultra-portátil de Asus con Android e Snapdragon, un microprocesador baseado no ARM, simplemente desapareceu dun día para outro. Cóntase que os amables representantes de Microsoft solicitaron amablemente aos de Asus que sería mellor que deixaran de mostrar un dos mellores dispositivos da Computex. Asus accedeu ás amables suxestións de Microsoft, e o ultra-portátil desapareceu. Difícil corroborar con Asus ou Microsoft, pero dada a gran cantidade de testemuñas que coincidiron coa mesma historia, quedan moi poucas dúbidas de que realmente aconteceu así. «Cando Microsoft ve competencia que pode ameazarlle, simplemente esmágaa. Toda unha organización de mafiosos, corruptos, arrogantes e intolerantes«.

Semella que o que está facendo Microsoft, en todos os mercados en xeral, é presionar aos distribuidores para que só ofrezan produtos con Windows.

O que ocorreu na Computex co ultra-portátil de Asus con Android tamén foi mencionado por Dan Nystedt e Sumner Lemon en Computer World, así como por Steven J. Vaughan-Nichols.

Quen cre que isto só son especulacións erra. Erra porque non son hipóteses senón feitos as múltiples sancións que ten nas súas costas a empresa Micorsoft. A última coñecida é declaración oficial de culpabilidade feita or Corea do Sur.

Máis exemplos? Velaquí outras mostras:

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Teremos software con garantías?

As empresas de software poderían ser consideradas responsables pola seguridade e eficacia dos seus produtos se unha nova proposta da Comisión Europea é aprobada.

As comisarias Viviane Reding e Meglena Kuneva fixeron propostas para que a cidadanía europea teña garantías ao mercaren software do mesmo xeito  que acontece cando mercan produtos físicos.

«As licenzas deben garantir aos consumidores os mesmos dereitos básicos como cando compra un ben: o dereito a obter un produto que funciona con condicións comerciais xustas.«

Na fonte desta nova, de ser levado á realidade esta proposta, sinálase que moitos ficarían en situación delicada. M$ tería que facer abundantes pagamentos por downtime ou virus (por exemplo, polo ‘conficker’ serían 9.100 millóns de dólares) pero… como se podería dar garantías co Sw Libre? Serían as empresas forncedoras/implantadoras? Lembra que o SwL vén cunha cláusula que di «THERE IS NO WARRANTY FOR THE PROGRAM (…)».
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

UE vota medidas teleco con torpedo

Hase votar hoxe mesmo na Comisión Europea o paquete de medidas que regularán as telecomunicacións e a sociedade da Información na UE coas consabidas «emendas torpedo«.

Con tal motivo diversas organizacións escribiron unha carta que podes mandar aos europarlamentarios que creas convinte:

Velaquí un extracto da carta aberta:

Creemos que la regulación del sector de las Telecomunicaciones se refiere al acceso y la interconexión a/de las redes, a garantizar la innovación, la competencia entre los servicios prestados y la circulación de los datos y la información y al derecho de los ciudadanos a enviarlos y recibirlos. No se refiere a la regulación de los contenidos ni a quién y cómo tiene que promoverlos o restringirlos.

Nos preocupa que las “nuevas ofertas para los consumidores”, la diversificación de las ofertas o las políticas de gestión del tráfico estén realmente disfrazando limitaciones y promocionando o priorizando determinados contenidos, servicios o aplicaciones.

Semejante cambio en la estructura fundamental de Internet llevaría a “empaquetar” Internet, restringiendo nuestros y libertades y reduciendo nuestra capacidad de comprar, aprender, crear, intercambiar, participar, colaborar, innovar, estimular nuevos negocios e ideas.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Rolling Stones & Cía terán 95 anos…

… para explotar os seus dereitos de autor dos 50 anos actuais para obras musicais ata os 95.

Nos EE.UU., a Copyright Term Extension Act (CTEA) de 1998 tamén coñecida como Sonny Bono Copyright Term Extension Act, Sonny Bono Act ou tamén como Mickey Mouse Protection Act estendeu os prazos de copyright durante 20 anos. Antes da Acta (baixo a Copyright Act of 1976), o copyright duraba toda a vida do autor máis 50 anos, ou 75 anos para unha obra de corporate authorship; a Acta estendeu estes prazos durante a vida do autor máis 70 anos e para obras de corporate authorship durante 120 anos trala creación ou 95 anos trala publicación, independentemente da anterioridade do punto final creativo. A Acta tamén afectou aos prazos de copyright para obras con copyright anteriores ao 1 de xaneiro de 1978, incrementando tamén o seu prazo de protección durante 20 anos, ata un total de 95 anos desde a publicación.

Souben que agora é a Unión Europea quen iguala significativamente estas cifras «para fecilidade dos dinasourios» da música europea como The Beatles, Rolling Stones, Elton John, etc. Compárao con este cadro resumo da vixencia do copyright nos EE.UU.

De acordo co Convenio de Berna de 1979, os estados que o aceptaron se compromentían a prover protección de copyright por un prazo mínimo da vida do autor máis 50 anos, pero se lles permitía ampliar este prazo. Seguindo a Directive on harmonising the term of copyright protection de 1993, os estados membros da Unión Europea implementaron unha protección para un prazo que comprendía a vida do autor máis 70 anos.

Agora, o termo copyright para gravacións musicais hanse estender ata os 95 anos dende a súa primeira publicación ou reprodución segundo sinala a lexislación aprobada o pasado xoves 12 de febreiro de 2009 polo Comité de Asuntos Legais da UE.

A medida aínda necesita de ser sometida á votación en sesión plenaria do Parlamento Europeo que deberá acontecer o 11 de Marzo. A decisión final está, con todo, nas mans do Consello de Ministros da Unión Europea. Isto significa que daquí ata aló o texto final aínda pode estar suxeito a varias modificacións unha vez que nin todos os Estados membros son favorables a un prazo de protección equivalente a 95 anos. Loxicamente os do sector audiovisual tamén queren este mesmo prazo.

O dominio público adía a incorporación destas obras nun claro prexuizo para o resto da Humanidade

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Mozilla coa UE na contra de M$

A Comisión Europea (EC) garantiu á Mozilla, fundación que coordina o desenvolvemento do navegador Firefox, o dereito de participar no caso antitrust contra Microsoft, informou un voceiro.

A Comisión, que é a máis alta autoridade antitrust (antimonopolio) europea, acusou o pasado mes a Micro$oft de non favorecer a competencia de mercado de navegadores ao distribuír o seu navegador Internet Explorer conxuntamente co sistema operativo Windows.

Se as acusacións foren confirmadas a empresa de Redmond podería ser obrigada a trocar a maneira pola cal distribúe o devandito navegador, así como pagar multa por abuso de monopolio.

Mitchell Baker, presidenta de Mozilla, dixo nun blog que apareceu durante o final de semana pasado, que quería ofrecer a experiencia da Mozilla «como un recurso á Comisión Europea ao considerar o que suporía a solución correcta para o problema«.

Lin isto nun sitio brasileiro onte apuntando cara unha fonte autraliana. Porén aínda non atopara nada na zona europea, a interesada no asunto, ata que mo deu Rafa Ávila.

Por certo, procurando unha imaxe para esta nova atopei o cartaz dunha película que vin hai un tempo e que trata sobre o mundo do sw privativo e mailo sw libre. Nela Tim Robbins fai de Bill Gates e até aparecen persoeiros da comunidade como, por exemplo, Miguel de Icaza.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Aprobadas as enmendas torpedo

No informe elaborado polo eurodeputado británico Malcolm HARBOUR (PPE/DE), aprobado por 548 votos a favor, 88 contra e 14 abstencións, o Parlamento Europeo salienta que, «a fin de resolver as cuestións de interese público relativas á utilización dos servizos de comunicacións e incentivar a protección dos dereitos e liberdades de terceiros, as autoridades nacionais competentes deben poder crear e divulgar, co auxilio dos fornecedores, información de interese público respeitante á utilización dos servizos de comunicacións«.

A proposta do «paquete das telecomunicacións» (coñecidas como enmendas torpedo) relacionada cos consumidores visa alterar dúas directivas e un regulamento actualmente en vigor. O dereito de mudar de operador de telecomunicacións no prazo dun día, a transferencia de números, o dereito a informacións tarifarias transparentes e comparables, a posibilidade de marcar números verdes a partir do estranxeiro e unha maior eficacia do número europeo de emerxencia 112 son algunhas das novidades aseguradas polo Parlamento Europeo.

Porén, o máis importante é a proposta relacionada cos consumidores, sobre a cal o Parlamento Europeo votou hoxe en primeira lectura (proceso de co-decisión co Consello), que visa alterar a directiva relativa ao servizo universal e aos dereitos dos usuarios, a directiva sobre o tratamento de datos persoais e protección da privacidade nas comunicacións electrónicas e o regulamento relativo á cooperación na defensa do consumidor.

Esta información debe comprender advertencias de interese público sobre a violación dos dereitos de autor, outras utilizacións ilegais e a divulgación de contidos nocivos, ben como consellos e medios de protección contra riscos para a seguranza persoal, decorrentes, nomeadamente, da divulgación de información persoal.

A información de interese público debe ser «actualizada sempre que fora necesario e presentada baixo a forma dun texto facilmente comprensible, impreso e en soporte electrónico, tal como sexa determinado en cada Estado-membro, e publicada nos sitios Internet das autoridades nacionais«.

Paga a pena ler todo este artigo na páxina do Parlamento europeo (en portugués ou castelán).

Ligazón enviada por Ana Miranda.

Aínda e así a cousa puido ser ben peor toda vez que algunhas das máis polémicas enmendas foron rexeitadas.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Europa vota contra a liberdade en Internet

Non ofrece dúbida algunha que as novas tecnoloxías e sobre todo a regulación das tecnoloxías da información e comunicación (TICs) son o campo de batalla sobre o que se libra a loita polos dereitos civís. O que esta sucedendo no Parlamento Europeo é un claro exemplo, xa que unha noticia difundida os primeiros días de xullo de 2008, fixo saltar todas as alarmas. Ao parecer, no paquete de medidas para regular as telecomunicacións na Unión Europea (TELECOM), cuxa tramitación acaba de iniciarse, están incluídas unha serie de emendas que de aprobarse suporían un recorte das liberdades civís da cidadanía.

O vindeiro mércores 24 de setembro de 2008 hanse votar as enmendas torpedo que a clase política europea quere aprobar para posuir legalmente o control da rede.

Pedro Martínez García, Fiscal da Comunidade de Madrí, escribe na Asociación de Internautas sobre este crucial tema.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Nace a Fundación WWW

Dado que A Facebook A Twitter

Alfresco xa soporta o SharePoint de M$

A partir da versión 3 beta, o software de xestión de documentos Alfresco Labs de código aberto obtén soporte ao protocolo de comunicación privativo de Microsoft SharePoint, software de xestión e colaboración de documentos de M$.

Isto non é por mor da benevolencia de M$, e moito menos froito de acordos de interoperabilidade con M$. A causa desa apertura está nunha recente decisión da Unión Europea que obriga a M$ a liberar o código-fonte dos protocolos utilizados en todo o conxunto de aplicativos de escritorio, o M$ Office, o que inclúe as especificacións de comunicación do Share Point.

Con isto, o Alfresco pasa a ser capaz de emular un servidor SharePoint, coa vantaxe de non depender, exclusivamente, dun servidor M$ SQL para dotar de servizos de bases de datos á aplicación. Agora as BBDD Oracle, DB2 ou MySQL son completamente soportados. Alén disto, tampouco hai máis necesidade de usar Internet Explorer como navegador exclusivo xa que Firefox e Opera, pasan a estar soportados.

A fonte apunta cara aqui.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

SwL aínda a piques de acadar o 1% do mercado

Nalgo que moita xente estará de acordo é que as enquisas adoitan ofrecer resultados que non sempre levan a conclusións fieis, alomenos en termos de concordancia cuantitativa coa realidade. Porén as enquisas si ofrecen estimacións aproximadas.

O caso que agora comento pode ser un deles. A fonte apunta cara unha entrada do blog de Adrian Kingsley-Hughes titulada «Linux – Still chasing that elusive 1% market share» ou «Linux – Aínda perseguindo ese 1% de cota de mercado difícil de conquerir». Esa entrada serve para volver atopar un autor como moitos, neste caso é Adrian, que siguen ofuscados no debate de si ‘Linux’ é doado, máis doado ou difícil.

Sinceramente, sen entrar se realmente o SwL posúe ou non ese 1% (teño argumentos para defender que é bastante máis dun ridículo 1%) , creo que é necesario un revulsivo contundente a súa prol que confirme tanta demostración de calidade, tantas vantaxes fronte aos mínimos inconvintes, tantos esforzos da comunidade para facer medrar, dunha vez xa, o seu uso na sociedade.

Adrian erra ao centrar o seu estudo unicamente en Linux sen analizar os datos ofrecidos nos resultados da enquisa orixinal ofrecida por Market Share, que abrangue o período de xuño 2006 a xuño 2008. Se cadra abondaría comparar as cifras de MacIntel (alén da columna Mac OS) e Linux para ese período. Ambas ofertas copaban practicamente a mesma porcentaxe:0,49% e 0,44% respectivamente. Dous anos despois as cifras transfórmanse en 5,25% e 0,80%. Vese que ‘Linux’ practicamente duplica a súa penetración no mercado namentres MacIntel multiplicou máis ca por 10 a súa presenza. Como é posible isto? A resposta pode estar de novo na mesma enquisa. Para ese mesmo período M$ Vista partía do 0,00% e agora ten máis do 16%.

Non só «se sabe» que Vista non cubre coas expectativas nel depositadas, nin pola empresa propietaria nin pola súa comunidade usuaria. Se porén medrou tanto é pola vía de entrada que aínda non foi atacada con decisión nin polo mercado nin polas autoridades políticas. É o caso da venda minorista. Mac si está a ampliar a súa penetración grazas a medrar a súa oferta minorista. Iniciativas de mercado como Dell, Eee PC ou a galega Imavisions non abondan para pór un chisco de sentido común a tanta fuga de capitais e tanta venda masiva de sistemas operativos con portas traseiras abertas a un único goberno foráneo. Iniciativas políticas específicas neste eido simplemente non existen.

Algunha inicitaiva da Unión Europea referida a que a venda de equipos informáticos se fagan sen sistema operativo preinstalado ten que ser posta en práctica de inmediato como así o insta o Globalisation Institute.  E debe ser feita e seguida con absoluta rigurosidade, con amparo legal en todos e cada un dos puntos onde se poida facer (defensa da privacidade fronte a portas traseiras, o fomento tecnolóxico endóxeno, o fomento de estándares abertos, etc) e doutras moitas medidas posibles que amparen o interese común frente aos de empresas foráneas.

O SwL non só é parte do mercado e das súas leis, tamén é unha obriga dos gobernos de promulgaren leis para defendelo.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Robot humanoide libre e aberto á colaboración

iCub é unha plataforma robótica aberta que está a promover a investigación colaborativa en sistemas cognitivos artificiais. iCub é un robot humanoide, de 94 centímetros de alto de mesmo tamaño e forma similar que un neno de 2 anos, dotado de 53 grados de liberdade. Será capaz de gatear, erguerse, as súas mans permitirán unha hábil manipulación de obxectos e con articulación total de cabeza e ollos.

RobotCub é un proxecto integrado por 10 centros de investigación europeos, complementados por 3 centros americanos e 3 xaponeses, financiado pola Unión Europea vía a Unidade Cognitiva (E5) da compoñente de Tecnoloxías da Sociedade da Información do Sexto Programa Marco (FP6). O proxecto lanzouse o 1 de Setembro de 2004 e ten unha duración prevista de 5 anos e cun financiamento de 8.5 millóns de euros.

O proxecto RobotCup ten dous obxectivos principais asociados:

  1. Crear un novo robot humanoide avanzado, o iCub, para dar soporte á comunidade de investigadores en cognición imposta.

  2. Avanzar no noso entendemento de varios factores decisivos en cognición, mediante a explotación da plataforma na investigación de capacidades cognitivas.

O iCub é un robot humanoide posúe capacidades visuais, auditivas, vestibulares e sentido do tacto. Unha das grandes vantaxes de iCub é que é un sistema totalmente aberto, o deseño e a documentación de todo o hardware e software se licenza baixo as licenzas da GNU Free Software Foundation, de forma que o sistema poida ser libremente replicado e personalizado. Os deseños mecánicos e electrónicos estanse liberando baixo licenza FDL (GNU Free Document Licence) e todo o software embebido (controladores, interfaces e sistema cognitivo) baixo licenza GPL (GNU Geral Public Licence).

iCub pode supoñer unha revolución na Intelixencia Artificial, establecendo unha plataforma base para a investigación nestas áreas como un proxecto totalmente aberto, establecéndoo como estandar de facto.

A fonte apunta cara este artigo.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp