M$, peor que Coca vs. Pepsi

Joel Barrios fixo unha tradución parcial dun recente artigo de Groklaw. Agora fago eu o mesmo co de Joel e engado algún comentario e ligazón máis. É vox populi o que adoita acontecer no ramo da hostelería: ou atopas refrescos da marca Coca-Cola ou Pepsi, case nunca das dúas marcas á vez. Din que unha […]

Teremos software con garantías?

As empresas de software poderían ser consideradas responsables pola seguridade e eficacia dos seus produtos se unha nova proposta da Comisión Europea é aprobada. As comisarias Viviane Reding e Meglena Kuneva fixeron propostas para que a cidadanía europea teña garantías ao mercaren software do mesmo xeito  que acontece cando mercan produtos físicos. “As licenzas deben […]

UE vota medidas teleco con torpedo

Hase votar hoxe mesmo na Comisión Europea o paquete de medidas que regularán as telecomunicacións e a sociedade da Información na UE coas consabidas “emendas torpedo“. Con tal motivo diversas organizacións escribiron unha carta que podes mandar aos europarlamentarios que creas convinte: A carta A lista de Europarlamentarios Para mandar unha mensaxe directamente a todos […]

Rolling Stones & Cía terán 95 anos…

… para explotar os seus dereitos de autor dos 50 anos actuais para obras musicais ata os 95. Nos EE.UU., a Copyright Term Extension Act (CTEA) de 1998 tamén coñecida como Sonny Bono Copyright Term Extension Act, Sonny Bono Act ou tamén como Mickey Mouse Protection Act estendeu os prazos de copyright durante 20 anos. […]

Mozilla coa UE na contra de M$

A Comisión Europea (EC) garantiu á Mozilla, fundación que coordina o desenvolvemento do navegador Firefox, o dereito de participar no caso antitrust contra Microsoft, informou un voceiro. A Comisión, que é a máis alta autoridade antitrust (antimonopolio) europea, acusou o pasado mes a Micro$oft de non favorecer a competencia de mercado de navegadores ao distribuír […]

Aprobadas as enmendas torpedo

No informe elaborado polo eurodeputado británico Malcolm HARBOUR (PPE/DE), aprobado por 548 votos a favor, 88 contra e 14 abstencións, o Parlamento Europeo salienta que, “a fin de resolver as cuestións de interese público relativas á utilización dos servizos de comunicacións e incentivar a protección dos dereitos e liberdades de terceiros, as autoridades nacionais competentes […]

Europa vota contra a liberdade en Internet

Non ofrece dúbida algunha que as novas tecnoloxías e sobre todo a regulación das tecnoloxías da información e comunicación (TICs) son o campo de batalla sobre o que se libra a loita polos dereitos civís. O que esta sucedendo no Parlamento Europeo é un claro exemplo, xa que unha noticia difundida os primeiros días de […]

Nace a Fundación WWW

Dado que

Alfresco xa soporta o SharePoint de M$

A partir da versión 3 beta, o software de xestión de documentos Alfresco Labs de código aberto obtén soporte ao protocolo de comunicación privativo de Microsoft SharePoint, software de xestión e colaboración de documentos de M$. Isto non é por mor da benevolencia de M$, e moito menos froito de acordos de interoperabilidade con M$. […]

SwL aínda a piques de acadar o 1% do mercado

Nalgo que moita xente estará de acordo é que as enquisas adoitan ofrecer resultados que non sempre levan a conclusións fieis, alomenos en termos de concordancia cuantitativa coa realidade. Porén as enquisas si ofrecen estimacións aproximadas. O caso que agora comento pode ser un deles. A fonte apunta cara unha entrada do blog de Adrian […]

Robot humanoide libre e aberto á colaboración

iCub é unha plataforma robótica aberta que está a promover a investigación colaborativa en sistemas cognitivos artificiais. iCub é un robot humanoide, de 94 centímetros de alto de mesmo tamaño e forma similar que un neno de 2 anos, dotado de 53 grados de liberdade. Será capaz de gatear, erguerse, as súas mans permitirán unha […]