OpenShot, doado editor de video

Jonathan Thomas sinala no sitio de OpenShot:

«Teño unha misión sinxela: crear un editor de video non lineal e de código aberto para Linux. Moita xente intentou e fallou antes ca min, pero por algunha razón síntome obrigado a intentalo eu mesmo. Estou documentando a miña viaxe neste blog para que todos lean. Será unha viaxe arriscada e pode que non regrese con vida. Agárrate forte e disfruta da viaxe. Polo de agora, estou a chamar este proxecto OpenShot Video Editor!«

Nestas alturas de desenvolvemento este editor xa acada un alto nivel de usabilidade. Tamén inclúe varias funcionalidades dignas de editores maiores como:

  • Soporte a diversos formatos de video, audio e imaxe (baseado en FFmpeg)
  • Integración con Gnome (soporte de ‘arrastrar e soltar’ ou ‘drag and drop‘)
  • Múltiples pistas
  • Redimensionado, recortado, snapping
  • Transicións de video con previsualizacións en tempo real
  • etc.

Tes a túa disposición diversos paquetes preparados. Por exemplo, para unha CPU de 32 bits con Ubuntu 8.10 os pasos a dar serían:

  1. Descarga o paquete openshot.
  2. Descarga o paquete de dependencias e descomprímeo. No directorio que inclúe os paquetes deb fai: sudo dpkg -i openshot-*
  3. Logo instala á vez uns paquetes que has necesitar: sudo apt-get install libgoocanvas3 libgoocanvas-common python-pygoocanvas
  4. Por último, vaite a onde teñas o binario principal e instálao: sudo dpkg -i openshot.deb
  5. Tes a opción de instalar tamén paquetes para obter a interfaz traducida (castelán, portugués…).

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

MediaMosa, xestión de contidos multimedia (Drupal)

O sistema educativo holandés vén de liberar baixo licenza GPLv2 unha plataforma de xestión e distribución de vídeos nomeada MediaMosa.

MediaMosa está baseado no sistema de xestión de contidos libre Drupal e ten unha arquitectura REST1. A plataforma é capaz de facer streaming de diversos formatos de vídeo e tamén fai conversións de arquivos grazas a FFmpeg.

MediaMosa facilita o acceso e a utilización da capacidade de almacenamento (compartido), metadatos de bases de datos, transcodificación-streaming e servidores. Ofrece funcionalidades para buscar, xogar, subir, transcodificar…

Principais características:

  • Plataforma de entrega de audio, vídeo (e outros contidos)
  • Streaming de calquera formato (por exemplo, Flash, H.264, MPEG-4, WindowsMedia…)
  • Transcodificación baseada en FFmpeg
  • Conxunto flexible de elementos Metadata
  • Licenza GPLv2

(1) REST: Transferencia de Estado Representacional (Representational State Transfer) ou soamente (REST) é unha técnica de enxeñaría de software para sistemas hipermídia distribuídos como a World Wide Web. O termo orixinouse no ano de 2000, nunha tese de doutorado de Roy Fielding, un dos principais autores das especificacións do protocolo HTTP que é utilizado por sitios web da internet.

Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

X FISL, Lula comenta SwL no Brasil

Se cadra a parte máis salientable deste pasado X FISL, porén o video de Stallman bailando con GNU, sexa o que dixo o presidente Lula sobre o SwL no Brasil:

«Porque nós tínhamos que escolher: ou nós íamos para cozinha preparar o prato que nós queríamos comer, com os temperos que nós queríamos colocar e dar um gosto brasileiro na comida, ou nós iríamos comer aquilo que a Microsoft queria vender para a gente«.

Este video voi atopado en varias fontes, entre elas, esta.

Referido tamén ao presidente Lula e ao amigo Claudio F. Filho deixo este video que amosa a súa entrada no FISL con Claudio entregándolle a camiseta do BrOffice e recibindo unha emotiva aperta.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

X FISL, funk de Stallman con GNU

Como mostra da festividade que supuxo a celebración do emblemático X FISL deixo este video feito por Augusto Campos amosando o baile de Stallman co GNU:

Tes máis informacións na fonte, tamén fotos.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

eViacam, candidato a mellor proxecto comunitario

César Mauri Loba (Ass. Prov. de Parálise Cerebral de Tarragona) comenta:

O proxecto Enable Viacam foi escollido Finalista nos 2009 Community Choice Awards na categoría de Best New Project (mellor proxecto novo). Agora é a votación final e necesitamos que volvas votarnos.

O proceso só che ocupará un minuto e consiste en 6 pasos:

  1. Abre co navegador este enderezo.
  2. (Opcional) Escolle un proxecto para cada categoría
  3. Introduce o teu enderezo de correo-e no cadro de texto inferior
  4. Fai clic en «Send My Vote Now!«
  5. Fai clic en «Yes, I’m done«
  6. Recibirás un correo. Fai clic no enlace adxunto.

Fai toda a difusión que poidas. Moitas grazas!

eViacam xa foi comentado neste artigo e sobre proxectos relacionados con Biometría, o amigo Cabelo leva mandándonos unha morea de artigos a AGNIX. Sobre o proxecto eViacam Cabelo fixo este video

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xenocidio, GNU e Clásula Mariposa

Entereime por un correo-e da intervención dun representante do proxecto GNU, nomeadamente José Marchesi, quen afirmou que «tes que ter o dereito de usar Software Libre para practicar xenocidio«. Podes comprobalo neste video:

Ante estas e outras afirmacións, o avogado José María Lancho, sinala que «Non existe ningún título legal, ningunha licenza de software, ningunha lei, nin sequera unha Constitución que poida autorizar un xenocidio ou un crime contra a humanidade e poida seguir considerándose propiamente como legal«.

José María Lancho inventou e promoveu a chamada «Cláusula Mariposa«. Sobre as motivacións desta cláusula e maila súa redacción tes máis información na Wikipedia. Tal iniciativa foi presentada ao fundador da FSF e mailo proxecto GNU, Richard M. Stallman. Polo que sei, a FSF non a considera axeitada.

Se cadra, outra proba dilo é o que aconteceu polas datas do nacemento da «Cláusula Bolboreta». A raíz dunha suxestión de Carlos Neira feita en 2006, decidín volver a porme en contacto con Stallman para preguntarle sobre algo afín, o uso de SwL con fins militares. Un extracto do meu correo-e preguntaba:

Are you going to take any action on new GPL against the use of free software in military cases?

A ilo Stallman respostou:

Certainly not. Free software means people are free to use it for any purpose; licenses which forbid certain uses are not free software licenses.

The specific example you picked, missile defense, is something which I dont consider bad (supposing it works, rather than just wasting money).

Se queres ter máis opinións, distintas ás de Marchesi, podes ollar a de Julián Coccia ou de Jorge Fuertes.

Subliñar que esta cláusula é complementaria e opcional. Do demais que cada quen tire as súas propias conclusións.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ollando video como fondo de escritorio

XWinWrap (wiki) é un pequeno aplicativo que che permite pór a maioría das aplicacións como fondo do teu escritorio.  Isto quere dicir que podes tamén empregar un protector de pantalla animado como o coñecido glmatrix, até unha película e usala como fondo de pantalla.

Polo tanto, a pesares de teres un fondo de pantalla animado, podes seguir facendo todo o teu traballo habitual.

Aínda está nas primeiras fases de desenvolvemento pero semella ser viable.

Olla este video demostrativo obtido deste artigo:

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

DisplayLink libera o seu código fonte

Nunha medida esperada por quen apoia ao Sw Libre, DisplayLink anunciou a liberación e publicou o código fonte do seu software gráfico que permite transmitir video por medio do porto USB.

A librería liberada permite a creación de software para GNU/Linux co obxecto que poidan traballar co amplo universo de produtos que utilizan a tecnoloxía.

Para quen desexen baixar a librería e investigar máis do tema, poden seguir a seguinte ligazón.

Souben desta nova por Fernando Acero Martín.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Micropedia.tv, enciclopedia audiovisual

Diversos integrantes do Consorcio IdenTIC veñen de presentar Micropedia.tv, considerada a «primeira» enciclopedia audiovisual que se pode consultar por Internet.

Trátase dunha nova ferramenta de coñecemento e comunicación audiovisual para a comunidade de internet, en concreto, unha iniciativa que «permite compartir e transmitir coñecementos cunha linguaxe desenfadada, sinxela e directa«.

Micropedia.tv está concibida como unha nova ferramenta de coñecemento e comunicación audiovisual para a comunidade de Internet cuxos contidos «teñen licenzas libres e que recolle un novo concepto: as micropílulas«, unidades de coñecemento sobre un asunto determinado que se transmite en tan só un minuto e conteñen elementos audiovisuais.

A micropílula reúne tres elementos fundamentais, en concreto, rapidez (un minuto en expor o concepto que se busca), proximidade (linguaxe desenfadada, sinxela, amena e directa), e concepto (coñecemento que vai á definición mesma da esencia da idea, con poucos matices).

Segundo os promotores do proxecto, a auténtica revolución do mesmo chegará coa incorporación e participación activa da cidadanía na creación de micropílulas e o uso das redes sociais. Isto significará tamén un impulso aos 291 telecentros repartidos pola rexión de Estremadura e que son xestionados por IdenTIC.

Tes máis información na fonte e no sitio Micropedia.tv.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

And the winner is…

O anunciado concurso «We’re Linux» promovido pola Linux Foundation xa ten gañador:

Linux AD – What does it mean to be free?

Foi comunicado en Twitter.

Os cinco finalistas foron estes.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Anunciados os cinco finalistas de I’m Linux

Os cinco videos finalistas no concurso «We’re Linux» son:

Mantente atento ao que se anuncie na web e no Twitter: http://www.twitter.com/linuxfoundation. Iso será o vindeiro mércores 8 de abril.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Tela Azul, comedia teatral sobre SwL

A peza teatral «Tela Azul» refírese ao fondo de escritorio de cor azul que o sw privativo popularizou. Foi ideada e creada pola 4Linux e gravada durante o evento Campus Party 2008. Contou coa participación de John ‘maddog’ Hall e ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Uso Non-Comercial 2.5 Brasil.

Esta breve comedia está falada en portugués do Brasil e conta con subtítulos en inglés. Sendo así, seguila é moi doado, sobre todo se coñeces algunhas traducións especiais: «bilau» é carallo, «camisinha» é condón e «software fazedor de cornos» é o window$ (dado que o persoal dun CPD terá que traballar a reo até fins de semana, implicando por ilo a necesidade de sufrir ameazas por parte da súa parella do senso de buscarse amante).

Souben dela por Claudio F. Filho quen aparece ao final da obra na sección de agradecimentos xunto a outros persoeiros brasileiros.

Por certo, durante unha cea con Manuel Hermo pensamos facer unha obra de taeatro tamén de humor sobre un tema semellante. Aínda non sabíamos desta obra «Tela Azul» e a cousa ficou nun simple desbarre. Persoalmente animaríame a facela se fósemos uns cantos ‘entusiasmados’ polo proxecto. Anímaste? Levámolo adiante? :-)

E xa que estou con videos, deixo a seguir a ligazón aos moitos videos favoritos do concurso promovido pola Linux Foundation baixo o título «I’m Linux«. Aínda estás a tempo de enviar un!

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp