OpenShot, doado editor de video

Jonathan Thomas sinala no sitio de OpenShot: “Teño unha misión sinxela: crear un editor de video non lineal e de código aberto para Linux. Moita xente intentou e fallou antes ca min, pero por algunha razón síntome obrigado a intentalo eu mesmo. Estou documentando a miña viaxe neste blog para que todos lean. Será unha […]

MediaMosa, xestión de contidos multimedia (Drupal)

O sistema educativo holandés vén de liberar baixo licenza GPLv2 unha plataforma de xestión e distribución de vídeos nomeada MediaMosa. MediaMosa está baseado no sistema de xestión de contidos libre Drupal e ten unha arquitectura REST1. A plataforma é capaz de facer streaming de diversos formatos de vídeo e tamén fai conversións de arquivos grazas […]

X FISL, Lula comenta SwL no Brasil

Se cadra a parte máis salientable deste pasado X FISL, porén o video de Stallman bailando con GNU, sexa o que dixo o presidente Lula sobre o SwL no Brasil: “Porque nós tínhamos que escolher: ou nós íamos para cozinha preparar o prato que nós queríamos comer, com os temperos que nós queríamos colocar e […]

X FISL, funk de Stallman con GNU

Como mostra da festividade que supuxo a celebración do emblemático X FISL deixo este video feito por Augusto Campos amosando o baile de Stallman co GNU: [gv data=”zJVlxBWSgXo”][/gv] Tes máis informacións na fonte, tamén fotos. asennadas

eViacam, candidato a mellor proxecto comunitario

César Mauri Loba (Ass. Prov. de Parálise Cerebral de Tarragona) comenta: O proxecto Enable Viacam foi escollido Finalista nos 2009 Community Choice Awards na categoría de Best New Project (mellor proxecto novo). Agora é a votación final e necesitamos que volvas votarnos. O proceso só che ocupará un minuto e consiste en 6 pasos: Abre […]

Xenocidio, GNU e Clásula Mariposa

Entereime por un correo-e da intervención dun representante do proxecto GNU, nomeadamente José Marchesi, quen afirmou que “tes que ter o dereito de usar Software Libre para practicar xenocidio“. Podes comprobalo neste video: [gv data=”G7K0Qhw0TWo”][/gv] Ante estas e outras afirmacións, o avogado José María Lancho, sinala que “Non existe ningún título legal, ningunha licenza de […]

Ollando video como fondo de escritorio

XWinWrap (wiki) é un pequeno aplicativo que che permite pór a maioría das aplicacións como fondo do teu escritorio.  Isto quere dicir que podes tamén empregar un protector de pantalla animado como o coñecido glmatrix, até unha película e usala como fondo de pantalla. Polo tanto, a pesares de teres un fondo de pantalla animado, […]

DisplayLink libera o seu código fonte

Nunha medida esperada por quen apoia ao Sw Libre, DisplayLink anunciou a liberación e publicou o código fonte do seu software gráfico que permite transmitir video por medio do porto USB. A librería liberada permite a creación de software para GNU/Linux co obxecto que poidan traballar co amplo universo de produtos que utilizan a tecnoloxía. […]

Micropedia.tv, enciclopedia audiovisual

Diversos integrantes do Consorcio IdenTIC veñen de presentar Micropedia.tv, considerada a “primeira” enciclopedia audiovisual que se pode consultar por Internet. Trátase dunha nova ferramenta de coñecemento e comunicación audiovisual para a comunidade de internet, en concreto, unha iniciativa que “permite compartir e transmitir coñecementos cunha linguaxe desenfadada, sinxela e directa“. Micropedia.tv está concibida como unha […]

And the winner is…

O anunciado concurso “We’re Linux” promovido pola Linux Foundation xa ten gañador: Linux AD – What does it mean to be free? [gv data=”qWEIQIv8zvY”][/gv] Foi comunicado en Twitter. Os cinco finalistas foron estes. asennadas

Anunciados os cinco finalistas de I’m Linux

Os cinco videos finalistas no concurso “We’re Linux” son: O futuro é aberto (The Future is Open) http://video.linuxfoundation.org/video/1271 A orixe… (The Origin…) http://video.linuxfoundation.org/video/1262 Publicidade Linux – Que significa ser libre? (Linux AD – What does it mean to be free?) http://video.linuxfoundation.org/video/1106 Desafíos na Oficina (Challenges At The Office) http://video.linuxfoundation.org/video/1261 Publicidade Linux -con e sen subtítulos- […]

Tela Azul, comedia teatral sobre SwL

A peza teatral “Tela Azul” refírese ao fondo de escritorio de cor azul que o sw privativo popularizou. Foi ideada e creada pola 4Linux e gravada durante o evento Campus Party 2008. Contou coa participación de John ‘maddog’ Hall e ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Uso Non-Comercial 2.5 Brasil. Esta breve comedia está falada en […]