Converter a video sen audio

Tan só para lembrar que ffmpeg ten unha opción para quitares o audio do teu video: ffmpeg -i con-audio.avi -na sen-audio.avi A opción ‘-i‘ implica input, ‘-na‘ implica no-audio. asennadas

Miro a piques de acadar a versión 2.0

Miro é un aplicativo libre para ollares con alta calidade canles de video desde Internet (video podcasts e video rss). Miro está deseñado para ser cómodo e doado de empregar, ofrecendo milleiros de canles que podes baixar ao teu computador. Miro tamén é quen de gardar os videos de YouTube, GoogleVideo e sitios semellantes pero […]

MUAN, animación cadro-a-cadro

MUAN ( Manipulador Universal de Animação) é un sistema de software libre para animación cadro-a-cadro, desenvolvido para GNU/Linux. Foi concibido polo Anima Mundi, Festival Internacional de Animación do Brasil, e desenvolvido polo IMPA, Instituto de Matemática Pura e Aplicada, co apoio de IBM. A súa interface gráfica permite a rápida creación, edición, manipulación e visualización […]

Axuda a mellorar Pidgin contestando unha enquisa

Así de sinxelo pode ser colaborar co proxecto Pidgin: resposta a esta enquisa para decidir o derroteiro que tomará este cliente mensaxería libre, multiplataforma, seguro, con soporte ás principais redes de chat e máis de 3 millóns de usuario/as. A nova anunciando esta enquisa foi reflictida en vairos sitios web pero non foi até agora […]

Fundación Linux procura o mellor video promocional

Seguindo a ligazón que recomendo rapidamente mediante Google Reader, destacaba que a Linux Foundation está a realizar un concurso co galo de premiar ao mellor video promocional sobre Linux e así dar resposta ás campañas comezadas por Mac o seu “I’m a Mac” ou o protagonizado polo humorista Jerry Seinfeld para Micro$oft “I’m a PC“. […]

25 anos de GNU (video conmemorativo)

Hoxe, 27 de setembro, o proxecto GNU cumpre 25 anos dende que fora anunciado oficialmente por Richard M. Stallman nos grupos de noticias net.unix-wizards e net.usoft. A FSF (Free Sw Foundation), que celebrará o seu 25º aniversario o 4 de outubro de 2010, ofrece un video onde o actor británico Stephen Fry comenta e explica […]

Pidgin soportará audio e video

Pidgin, antes coñecido como Gaim, é un cliente de mensaxería instantánea libre, multiprotocolo (AIM, ICQ, Jabber/XMPP e GTalk, MSN Messenger, Yahoo!…) e multiplataforma moi empregado en escritorios libres, especialmente en Gnome pois en KDE adóitase empregar Kopete. A pesar de ser un desexo case que unánime da comunidade libre, o desenvolvemento do soporte a audio […]

VLVC, complemento de videoconferencia para VLC

VideoLan VideoConference (VLVC) é un complemento (plugin) para o reprodutor de video VLC. Engade funcionalidades de videoconferencia, capacitando desde 2 a 10 persoas a escoitar e ver cada quen aos demais coa axuda dun computador e unha cámara web. É SwL con licenza GPL alén de multiplataforma, polo que podes descargar fontes e binarios. Lamentablemente […]

Killer Tux

Cun final inesperado para Tux: [gv data=”W9_DQjQbtTY”][/gv] A fonte liga cara a zona onde podes descargar este video e fondos de pantalla. asennadas

Kaltura, solución GPL para video colaborativo web

Kaltura é unha completa plataforma libre á que haberá que seguir de preto porque pode encher un óco apenas coberto por solucións privativas ata o de agora. Pódese descargar o seu código fonte en Sourceforge. Kaltura posúe importantes aliados, tanto clientes como socios. Entre estes están a Wikipedia, Google, Beta Records, Creative Commons, Drupal, etc. […]

WinFF, interface para convertir formatos de video e audio

É moi sinxelo e, se cadra, iso mesmo faino atractivo posto que con el poderás convertir diversos formatos de video (mpeg, flv, mov, avi…) e audio cuns poucos clics. WinFF é GPL e tan só pretende ser unha interface do potente ffmpeg, feita en Free Pascal e Lazarus. Ademais é multiplataforma. Souben del grazas a […]

Anuncio promocionando Linux (só Linux)

[gv data=”PLHjT5-XM9o”][/gv] Imaxina un lugar, onde todo é posible; Onde todo o mundo, puidese voar. Se Linux. Tes ligazóns ás diversas montaxes previas ata chegar ata este video final na fonte. asennadas