Pidgin soportará audio e video

Pidgin, antes coñecido como Gaim, é un cliente de mensaxería instantánea libre, multiprotocolo (AIM, ICQ, Jabber/XMPP e GTalk, MSN Messenger, Yahoo!...) e multiplataforma moi empregado en escritorios libres, especialmente en Gnome pois en KDE adóitase empregar Kopete.

A pesar de ser un desexo case que unánime da comunidade libre, o desenvolvemento do soporte a audio e video non está a acadar a colaboración necesaria para que isto poida ser garantido como pode verse na súa entrada. Está previsto telo para agosto deste mesmo ano, será?

Nementres isto aconece, Ekiga (antes Gnomemeeting) segue dispoñible pero cunha evolución ralentizada, Twinkle ten o soporte de audio e video na súa wishlist, Tapioca apenas variou, OpenWengo nin sequera ten activa a súa web...

Souben da nova do Pidgin grazas á fonte que me deu Alex.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Google e Skype xuntas?

Din que Google está interesada en mercar Skype, outros que en facer unha alianza ou acordo estratéxico.

Skype foi adquirida a finais de 2005 por eBay por 3.100 millóns de dólares. Unha cifra que moitos cren desmesurada e que en definitiva non xerou demasiados beneficios á empresa de poxas. É por iso que eBay podería ser estar interesada nunha revenda a Google, que da man de Skype podería entrar de cheo no negocio das VoIP.

asennadas

Chuzame! chuzame -

A vindeira versión de Ekiga será free como a cervexa (Actualizado)

Ekiga (antes Gnomemeeting) debería ser considerada como unhas das maiores oportunidades de dominio que puido ter o Sw Libre entre as aplicacións que fornecen conectividade mediante mensaxería instantánea, VoIP e videoconferencia.

Dígoo en pasado porque, con profunda decepción, veño de atopar esta nova sinalando que esta aplicación, cun desenvolvemento practicamente paralizado nos últimos tempos, trocará o seu principal eixo de traballo cara Win32. Isto é tan contudente como que a vindeira versión Ekiga 3.00 só será feita para o sistema privativo de Redmond.

Din que Ekiga 3.00 comezará a ser free (as free beer), é dicir, gratis como a cervexa e tamén que:

A partir da 3.20, Ekiga pasará a ser shareware cun pequeno pago por licenza por usar Ekiga ou a súa plataforma asociada Ekiga.net. Os cartos recadados que xerarán permitiranos vivir deste proxecto no canto de empregar innúmeras horas de balde nel.

Cabe sinalar que Gnomemeeting naceu hai ben anos (está rexistrada a súa entrada en Freshmeat con data 20 de agosto de 2001), moito antes có Skype, a raíña na web. Que aconteceu? Desde o meu punto de vista, a súa idea era estratexicamente máis ca correcta pois adiantouse no tempo ao que ía ser demandado. Daquela puido acontecer que non se levara á práctica cos recursos financieiros e humanos adecuados ou até, no peor dos casos, nin sequera dispuñan dun plan para levalo a bo termo.

Agora nos restan poucas alternativas na banda do SwL, como Twinkle ou OpenWengo. Especialmente esta última porque rematando o ano 2007 atopu un patrocinador para o seu case que paralizado proxecto.

Agardo que isto só sexa outra inocentada do 1 de abril, como ben sinala Álex.

Actualización: Veño de comentarlle isto a varias persoas e un deles, Olea, confirmoume que é inocentada cun "Angelitos míos" :-D

Polo demais, os comentarios no blog de Damien Sandras son do máis elocuentes e a nova xa está posta ao dia en Ekiga.org.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Chamadas por Internet cifradas con Twinkle

Twinkle é unha aplicación para que poidas facer chamadas e mensaxes por Internet que é libre e emprega o portocolo estándar SIP, o mesmo que emprega o Ekiga. Podes subscribir unha conta SIP de ekiga.net aquí (preme en "Subscribe!").

Que ofrece Twinkle que non o faga Skype, a aplicación raíña da VoIP?

Para empezar Twinkle posúe licenza libre GPL e traballa con estándares, namentres Skype é pechada e xa foi condenada por violar a GPLv2. Twinkle é seguro, Skype é moi insegura. Amais disto, Twinkle permite cifrar as túas chamadas o cal faina idónea en ámbitos empresariais que empregan servidores púbicos.

Outras funcionalidades que ten Twinkle: dúas liñas de chamadas, múltiples identidades, chamada en espera, redirección baixo demanda, resposta automática, mensaxería, cifrado de chamadas con ZRTP/SRTP, soporte de múltiples códecs, soporte de controladores de audio ALSA e OSS, etc.

Na contra pódese comentar que Twinkle non está localizado ao noso idioma, non pode gravar as conversacións, SIP só vai por UDP, non é multiplataforma (só hai versión para GNU/Linux), non soporta video e... ten unha interface moi primitiva (fea demais na miña opinión). Skype ten a prol a súa ampla rede de usuari@s.

A pesares das desvantaxes emprego Twinkle case que a cotío por motivos de liberdade e seguridade. Funciona moi ben e o soporte a video virá axiña (está na súa wishlist), aínda que, con franqueza, non o boto en falta.

Se tiveras problemas coa súa configuración, podes dar unha ollada ao arquivo de configuración:

/home/nome_usuario-a/.twinkle/nome_login.cfg

Varía apropiadamente os campos:

# USER
user_name=o_teu_login
user_domain=ekiga.net
user_display= Nome e Apelidos
user_organization=
auth_realm=
auth_name=o_teu_login
auth_pass=o_teu_contrasinal

# NAT
nat_public_ip=
stun_server=stun.ekiga.net

Hai moitas máis aplicacións libres que merecerían ser incluidas aquí: ekiga, openwengo, minisip, tapioca, linphone...

asennadas

Chuzame! chuzame -