TEGNIX estrea web

A nosa empresa, oficialmente C.T.I. TEGNIX, S.L., estrea web hoxe. Queda moito por facer, moito, con certeza, pero a lo menos inclúe a nosa nova imaxe corporativa e ten poucos atrancos a resolver para cumprir coas esixencias da W3C.

Pouco a pouco iremos migrando contidos ata deixar este blog para asuntos non-técnicos e todo o que publico do mundo FLOSS aló.

Xa vos irei informando.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Máis de 100.000 PCs con Firefox no Banco do Brasil

O Banco do Brasil (BB) vén de anunciar que atinxiu no pasado mes de maio a marca de máis de 100.000 instalacións do navegador web Mozilla Firefox nos seus computadores. A institución utiliza ese software desde 2005 cando iniciou a implantación do GNU/Linux nas máquinas das axencias. A dirección de tecnoloxía do BB, responsable das implantacións, recibíu retornos favorables do persoal que emprega este software multiplataforma.

O BB é un dos maiores usuarios corporativos de Software Libre no mundo. Practicamente todos os computadores das súas catro mil axencias, máis de 65 mil máquinas, utilizan GNU/Linux, Br-Office e Mozilla Firefox. As outras 35 mil máquinas que utilizan o Mozilla pertencen a órganos rexionais e dependencias da Dirección Xeral, utilizan Mozilla e Br Office, pero aínda non migraron a GNU/Linux.

En 2009, os terminais de auto-atención (TAA) tamén comezaron a ser equipados con software de código aberto. A iniciativa do BB conta co apoio das comunidades de software libre nacionais e internacionais, do goberno federal e de empresas.

Esta é a fonte da nova.

Opinión

A marca acadada é moi salientable a lo menos polos seguintes motivos:

  • É un proceso de instalación feita a propósito, con decisión firme pois o normal é ter equipos que veñen con software privativo.
  • Aínda máis salientable por ser unha elección dunha entidade que acumula grandes beneficios económicos, até en época de crise. Idéntico escenario (grandes beneficios) ten Petrobras e mailo seu poder económico comezou este mesmo proceso integrador de solucións libres. Polo tanto, non só hai motivacións económicas senón outras como liberdade e independencia.
  • Daquela, que debería facer quen xestione recursos públicos se ademais ten motivos éticos e legais (Constitución, LOPD, LSSI, lei de contratos públicos…)?
  • Como é posible que gobernos recentes e mesmo actuais sigan pedindo en concursos públicos marcas de software? Ademais de ser software privativo que non cumpre estándares de empresas sancionadas internacionalmente? Velaquí unha mostra dos requerimentos técnicos dun recente concurso público (DOG nº 95, 18 de maio de 2009), aprobado pola asesoría xurídica da Xunta con data 11 de febreiro de 2009, onde se pide expresamente software da marca de Redmond.

Insisto, a ignorancia non é eximente de culpa en responsables políticos pois contan con medios máis ca suficientes para dirixirnos. Ignorar programas e promesas políticas, ao seu electorado, ao resto da cidadanía ou aos múltiples informes técnicos elaborados polos diversos organismos públicos, déixaos na situación de cómplices conscientes, incumpridores, inconsecuentes e deplorables.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Negueime a patentar Internet porque é de todos (Vinton Cerf)

Vinton ‘Vint’ G. Cerf, científico estadounidense, considerado como un dos ‘pais’ de Internet dino alto e ben claro: «Negueime a patentar Internet porque é de todos» en clara alusión aos efectos preversos das patentes.

A principios dos anos 70 Cerf comezou a traballar con Robert Kahn no desenvolvemento dun conxunto de protocolos de comunicacións para a rede militar ARPANET financiado pola axencia gobernamental DARPA. O obxectivo era crear unha «rede de redes» que derivou en Internet. Actualmente Vinton Cerf é o Chief Internet Evangelist de Google, ocupación que compaxina co cargo de presidente do ICANN.

O creador da Rede, Vinton Cerf, destacou onte o sentido global desta tecnoloxía, na que «só cabe o desenvolvemento en comunidade«. Díxoo na inauguración da 18ª Conferencia Internacional WWW que se está a celebrar en Madrí. O certame cadra nesta edición co 20º aniversario da World Wide Web, a tecnoloxía que «achegou orde ao caos de información e comandos que conformaba Internet«. Tamén é algo vivo, «que evolucionou moito ao longo destes vinte anos e que seguirá facéndoo no futuro» xa que hoxe «sería impensable un mundo sen Internet. Afixémonos a ter toda a información dispoñible a só uns clics«.

«A clave reside en que a comunidade de programadores envorcouse moito neste invento; desenvolveron aplicacións compatibles unas con outras e hanse amoldado ben aos descubrimentos doutros compañeiros da industria«, indica Tim Berners-Lee, creador da WWW.  E Cerf engade que «Cando creei Internet, negueime a patentalo. É unha tecnoloxía pensada para a sociedade, para que as persoas poidan informarse e comunicarse entre si. Os intereses particulares de liderar a industria con aplicacións patentadas e incompatibles coas do resto de programadores non teñen sentido aquí«.

E espeta, en clara referencia a empresas como Micro$oft: «Por suposto, as aplicacións propietarias (n.d.r. acho que sería mellor que dixera ‘privativas’) teñen cabida no mercado, pero o conxunto de Internet só poderá evolucionar a través dun desenvolvemento compartido, en comunidade«.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

EzWeb, plataforma web para SOA

EzWeb é unha plataforma Web estándar e aberta que permite ao usuario construír a súa propia contorna de traballo mediante a selección, configuración, combinación e interconexión de aplicacións dispoñibles, para formar unha nova aplicación distribuible.

EzWeb non é só un catálogo de gadgets como os que poden ofrecer Yahoo! Widgets, Google… Usando e mellorando este concepto, a principal innovación de EzWeb reside en que permite ao usuario final interconectar estas miniaplicacións, de forma que a información producida por unha delas pode ser utilizada por unha ou máis das outras. Todo iso utilizando un modelo de desenvolvemento totalmente intuitivo.

As vantaxes son sorprendentes: a persoa adquire a capacidade de deseñar de forma extremadamente sinxela e flexible a súa propia interfaz Web para xestionar, por exemplo, o seu propio fogar dixital; as PEMES poden desenvolver contornas de operación a medida sen necesidade de investir na custosa integración e adaptación de aplicacións comerciais; e as grandes empresas adquirirán unha gran vantaxe competitiva mediante un sistema que lles permite automatizar os procesos, dotalos dunha enorme flexibilidade e optimizar o tempo de chegada ao mercado.

O proxecto EzWeb céntrase no desenvolvemento de tecnoloxías a empregar no desenvolvemento da capa de acceso web (front-end layer) aos servizos sobre Arquitecturas Orientadas a Servizos (SOAService Oriented Architecture).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Só o 4,13% da web é estándar

A empresa que desenvolve o navegador privativo Opera vén de publicar os resultados dun estudo sobre a estrutura dos contidos de Internet. Para facelo crearon MAMA (Metadata Analysis and Mining Application), unha ferramenta que rastrexa a web e indexa datos dunhas 3,5 millóns de páxinas.

Preténdese obter unha análise útil para responsables de desenvolvemento, deseño e demais persoas implicadas.

Algúns dos datos deste estudo sinalan:

  • Só o 4,3% valida de acordo coa W3C
  • O mecanismo XMLHttpRequest típico de Ajax é usado no 3,2%, sendo máis popular en Noruega.
  • CSS úsase nun 80% das páxinas.
  • Javascript nun 75%
  • Adobe Flash está nun 35% dos sitios web, sendo máis popular en China.

Souben deste estudo grazas a esta fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Oficina de patentes holandesa migra a SwL

Ben curioso, verdade? Xusto dous dias despois da celebración do dia mundial contra as patentes de software resulta que me entero que a Oficina holandesa de Patentes está a migrar cara Software Libre segundo sinala una nota da propia Oficina, dependente do Ministerio de Economía dese país.

Coa web baseada xa en SwL, esta oficina convértese na primeira organización do goberno holandés en usar código aberto na súa web. Segundo o presidente Guus Broesterhuizen, a oficina está a traballar activamente cara un uso máis amplo do código e mailos estándares abertos. Isto fara que «adicionalmente quen visite o sitio web poderá comprobar con claridade canto lle custará obter unha patente. Isto garantizará que os custes e beneficos de usar patentes sexan aínda máis transparentes, especialemte para as pequenas e medianas empresas«.

Mentres estas patentes non sexan de software…

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Nace a Fundación WWW

Dado que A Facebook A Twitter

CodeKa, facturación vía web

CodeKa é un software de facturación, terminal punto de venda (TPV) e control de almacén, deseñado especialmente para pequenas e medianas empresas. Desenvolvida en Estremadura por expertos programadores, ofrecen o seu traballo de xeito gratuíto e libre, publicando a aplicación cunha licenza GPL (General Public License). Desde hoxe está dispoñible para a súa descarga gratuíta.

O seu funcionamento a través de contorna web permite o seu uso multiplataforma e está desenvolvida en linguaxe PHP utilizando como motor de base de datos MySQL e o servidor web Apache. Podes ollar algunhas tomas de pantallas.

A fonte apunta cara o seu anuncio A Facebook A Twitter

II Xornadas de Programación Web con Software Libre de OuSLi

Entre o 23 ao 27 de Xuño Ousli organiza as II Xornadas de Programación Web con Software Libre.

Estas Xornadas, ao igual co ano pasado, están destinadas a amosar todas as posibilidades que as últimas tecnoloxías do mercado en desenvolvemento web nos ofrecen para levar a cabo os nosos proxectos persoais ou empresariais.

Dentro deste contexto de tecnoloxías web, as xornadas destacan a especial importancia que ten o Software Libre, tanto no desenvolvemento de linguaxes, frameworks… que proporcionan estas tecnoloxías e que estean dispoñibles para a comunidade de desenvolvedores, como a utilización de ferramentas tamén libres para a utilización destas tecnoloxías, e deste xeito, poderes desenvolver proxectos web integramente en GNU/Linux empregando Software Libre.

Aberto o prazo de incrición.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Premios Webby 2008

Recibir un galardón da academia The Webby Awards supón algo así como un Óscar para unha película só que na contorna de sitios webs.

Os integrantes da International Academy of Digital Arts and Sciences decidiron que eran gañadoras desta 12ª edición (2008) as seguintes webs clasificadas segundo a súa funcionalidade: activismo, arte, asociacións, automoción, bancarias, beleza e cosmética, mellores prácticas, mellor emprego de fotografías, comunidade, etc.

Tes esta clasificación aquí e tambén aquí como galería.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Kaltura, solución GPL para video colaborativo web

Kaltura é unha completa plataforma libre á que haberá que seguir de preto porque pode encher un óco apenas coberto por solucións privativas ata o de agora. Pódese descargar o seu código fonte en Sourceforge.

Kaltura posúe importantes aliados, tanto clientes como socios. Entre estes están a Wikipedia, Google, Beta Records, Creative Commons, Drupal, etc.

Esta plataforma libre posibilita integrar facilmente contidos multimedia cheos de funcionalidades engadidas como procuras de videos, suba, descarga, importación, edición, anotación, misturado e compartición en rede.

Con todas estas características non é de estrañar que Kaltura pretenda ofrecer video interactivo a cada sitio web para crear daquela a maior rede de video distribuido.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Haberá un Faceboogle como buscador ideal?

faceboogle-630.jpgAs buscas en internet están en decadencia ou iso alomenos cre un dos investidores en Capital Risco que Glenn Derene coñeceu cando discutían sobor das amplas implicacións que poidera ter o apagado do trío Micro$oft-Yahoo-Google debido á morea de cambios que está a acontecer en Internet nun curto prazo de tempo.

Esa predicción semella ser ridícula cando ollamos que o valor de capitalización que posúe Google quintuplica ao de Ford, por exemplo, xa que logo Google medrou a velocidade de vertixe e cunha metodoloxía eficiente de manexar inxentes cantidades de datos. Ademais ten o ambicioso obxectivo de dixitalizar cada libro feito namentres reinventa o negocio de publicidade ata o que daquela coñecíamos.

Canto máis medra a Web máis importante se tornan as buscas, certo? Porén o amigo de Glenn, investidor en Capital Risco, trocou de parecer e agora di que «As buscas, tal como as coñecemos, están mortas«. O que realmente el quere dicir é que, co auxe das Redes Sociais reflictida en sitios como Facebook, MySpace, Twitter, Second Life, LinkedIn e até Orkut de Google, a vindeira xeración de ususarios da Web poderán atopar o que queiran empregando os contactos nesas redes socias no canto de confiar en algoritmos de buscas.

No pasado recente comezaron xurdir iniciativas que proveñen da xeración de contidos feitos polos usuarios. Flickr, por exemplo, naceu por mor entender que a xente non só quere ollar fotos senón compartilas. Idem ou semellante con YouTube. Agora asistimos a unha explosión de comunidades en liña polo que o natural sería crear vínculos ao redor delas. De feito iso é o que a Humanidade leva facendo dende hai séculos: atopar persoas con intereses semellantes e formar grupos ou viceversa.

Udi Manber, alto cargo en Google, dixo un tempo atrás que a súa empresa podería evolucionar para incluir os datos xerados nas redes sociais: «A busca sempre referiuse ás persoas. Ten que ver con darlle á xente o que ela precisa. A arte de ordenar require recoller montes de sinais e poñelas todas xuntas. Os sinais que veñen das túas amizades son mellores, son sinais máis fortes«.

O que pode ser o máis forte de todos os sinais é a pegada que imos deixando neses sitios, especialmente os perfís deixados en Facebook ou LinkedIn, misturadas logo cos hábitos de compra de Amazon coas suxestións das túas amizades. Na actualidade esas informacións están almacenadas en diferentes sitios (historial e marcapáxinas do teu navegador, webs sociais, o teu blog…). Agora imaxina o exacta que pode ser unha procura se cada pregunta que fagas é respostada grazas a toda esa información existente en Internet que conforman os nosos meta-tags.

A pesares de ser Google o lider indiscutible nas buscas en Internet e empregar diversas destas técnicas, aínda non se está a acadar todos os puntos antes sinalados, sexa polo desenvolvemento dos adecuados motores de busca ou por outras cuestións como a privacidade. Cando esta evolución poida acontecer entón estaremos ante a morte das procuras tal como hoxe entendemos.

Fixen unha tradución non literal deste artigo, atopado grazas a esta fonte, misturando algo co meu parecer porque sinala varias das cuestións que recentemente puxen de manifesto no artigo «Privacidade vs. Redes Sociais«.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Olark Livehelp