TEGNIX estrea web

A nosa empresa, oficialmente C.T.I. TEGNIX, S.L., estrea web hoxe. Queda moito por facer, moito, con certeza, pero a lo menos inclúe a nosa nova imaxe corporativa e ten poucos atrancos a resolver para cumprir coas esixencias da W3C. Pouco a pouco iremos migrando contidos ata deixar este blog para asuntos non-técnicos e todo o […]

Máis de 100.000 PCs con Firefox no Banco do Brasil

O Banco do Brasil (BB) vén de anunciar que atinxiu no pasado mes de maio a marca de máis de 100.000 instalacións do navegador web Mozilla Firefox nos seus computadores. A institución utiliza ese software desde 2005 cando iniciou a implantación do GNU/Linux nas máquinas das axencias. A dirección de tecnoloxía do BB, responsable das […]

Negueime a patentar Internet porque é de todos (Vinton Cerf)

Vinton ‘Vint’ G. Cerf, científico estadounidense, considerado como un dos ‘pais’ de Internet dino alto e ben claro: “Negueime a patentar Internet porque é de todos” en clara alusión aos efectos preversos das patentes. A principios dos anos 70 Cerf comezou a traballar con Robert Kahn no desenvolvemento dun conxunto de protocolos de comunicacións para […]

EzWeb, plataforma web para SOA

EzWeb é unha plataforma Web estándar e aberta que permite ao usuario construír a súa propia contorna de traballo mediante a selección, configuración, combinación e interconexión de aplicacións dispoñibles, para formar unha nova aplicación distribuible. EzWeb non é só un catálogo de gadgets como os que poden ofrecer Yahoo! Widgets, Google… Usando e mellorando este […]

Só o 4,13% da web é estándar

A empresa que desenvolve o navegador privativo Opera vén de publicar os resultados dun estudo sobre a estrutura dos contidos de Internet. Para facelo crearon MAMA (Metadata Analysis and Mining Application), unha ferramenta que rastrexa a web e indexa datos dunhas 3,5 millóns de páxinas. Preténdese obter unha análise útil para responsables de desenvolvemento, deseño […]

Oficina de patentes holandesa migra a SwL

Ben curioso, verdade? Xusto dous dias despois da celebración do dia mundial contra as patentes de software resulta que me entero que a Oficina holandesa de Patentes está a migrar cara Software Libre segundo sinala una nota da propia Oficina, dependente do Ministerio de Economía dese país. Coa web baseada xa en SwL, esta oficina […]

Nace a Fundación WWW

Dado que

CodeKa, facturación vía web

CodeKa é un software de facturación, terminal punto de venda (TPV) e control de almacén, deseñado especialmente para pequenas e medianas empresas. Desenvolvida en Estremadura por expertos programadores, ofrecen o seu traballo de xeito gratuíto e libre, publicando a aplicación cunha licenza GPL (General Public License). Desde hoxe está dispoñible para a súa descarga gratuíta. […]

II Xornadas de Programación Web con Software Libre de OuSLi

Entre o 23 ao 27 de Xuño Ousli organiza as II Xornadas de Programación Web con Software Libre. Estas Xornadas, ao igual co ano pasado, están destinadas a amosar todas as posibilidades que as últimas tecnoloxías do mercado en desenvolvemento web nos ofrecen para levar a cabo os nosos proxectos persoais ou empresariais. Dentro deste […]

Premios Webby 2008

Recibir un galardón da academia The Webby Awards supón algo así como un Óscar para unha película só que na contorna de sitios webs. Os integrantes da International Academy of Digital Arts and Sciences decidiron que eran gañadoras desta 12ª edición (2008) as seguintes webs clasificadas segundo a súa funcionalidade: activismo, arte, asociacións, automoción, bancarias, […]

Kaltura, solución GPL para video colaborativo web

Kaltura é unha completa plataforma libre á que haberá que seguir de preto porque pode encher un óco apenas coberto por solucións privativas ata o de agora. Pódese descargar o seu código fonte en Sourceforge. Kaltura posúe importantes aliados, tanto clientes como socios. Entre estes están a Wikipedia, Google, Beta Records, Creative Commons, Drupal, etc. […]

Haberá un Faceboogle como buscador ideal?

As buscas en internet están en decadencia ou iso alomenos cre un dos investidores en Capital Risco que Glenn Derene coñeceu cando discutían sobor das amplas implicacións que poidera ter o apagado do trío Micro$oft-Yahoo-Google debido á morea de cambios que está a acontecer en Internet nun curto prazo de tempo. Esa predicción semella ser […]